Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Os deportes de inverno remataron con festa en Fisterra

Os deportes de inverno remataron con festa en Fisterra

Non se trataba de esquí ou de curling. Falamos das Escolas Deportivas Municipais de Fisterra, que durante todo o inverno mantiveron en forma aos pequenos da vila do Cristo.

E o pasado venres as Escolas celebraron a súa clausura, cunha sesión de entretemento total, con baile moderno, volei, fútbol, acrospot, patinaxe... Foron máis de 300 os cativos que gozaron da festa do deporte de Fisterra no Pavillón.

Unha vez rematada a xornada, o broche final chegou coa merendola e un sorte de agasallos.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do Concello de Fisterra.

Comentarios