Os grandes nomes das Eleccións Municipais do #24M


Grandes nomes nos deixa este 24 de maio de 2015 despois das eleccións. Foron varios os resultados pouco esperados, e que deixan un panorama de cambio en concelleiros. E falamos por exemplo de Fisterra e Mazaricos, onde tras unha longa etapa popular.
Facemos primeiro parada en Fisterra, onde parece que os últimos casos de suposta corrupción do goberno de Traba fixeron dano. O PP quería afrontar o seu 4º mandato, pero atopouse cun resultados inesperados. Baixou case 500 votos o PP, e houbo unha lixeira subida do PSdG en votos, pero sobre todo en concelleiros. Se ben o PP segue a ser a forza máis votada, o probable alcalde será José Marcote, que sacou os mesmos 4 concelleiros e poderá contar co apoio do BNG nunha coalición de goberno sobre a que xa teñen falado.
O propio Marcote recoñecía que é máis que posible un pacto co BNG, algo que tamén facía patente Kuka Sar cun claro “podemos tirar de tópicos pero a lóxica é aplastante”.
Un pleno fisterrán no que, por certo, tamén estará Xan García, como concelleiro de Converxencia Galega.
O BNG, dando un vuelco a Mazaricos

Posiblemente o outro gran nome destas eleccións sexa Juan José Blanco, candidato do BNG de Mazaricos. Quedara con 3 concelleiros en 2011, e tras un duro mes de campaña final, deu totalmente a volta ao pleno e consegue unha maioría absoluta aplastante, con 7 concelleiros polos 4 do PP de Nico Martínez, ao que lle pasou factura o cambio de cores tras 4 anos como edil da oposición á fronte de PIMAZ.
Contaba con gañar o PP, e retomar o mando, pero a decisión de Santos Maneiro, un dos imputados por suposta corrupción na Operación Orquesta, de deixar a vida política, fixo mella, e agora Blanco mete nada menos que a 7 concelleiros no pleno. Aí estarán arroupándoo como alcalde José Luís Cives, Beatriz Alvite, Esteban Pereiro, Catarina Beiro, Juan Manuel García Castro e Vanesa Pereira, se se cumpren os postos.
10 alcaldías case asinadas, só 2 do PP
Blanco é dos 10 candidatos que practicamente aseguraron o seu mandato a través de sendas maiorías absolutas, cuns números que chaman a atención pois temo 5 maiorías do BNG, 3 do PSdG e só 2 do PP:
- José Muíño (PP) en Cabana.
- Pichurri (PSdG) en Camariñas.
- Evencio Ferrero (BNG) en Carballo.
- Ramón Noceda (BNG) en Carnota.
- José Manuel Pequeño (PSdG) en Dumbría.
- Eduardo Parga (PP) en Malpica.
- Juan José Blanco (BNG) en Mazaricos.
- Félix Porto (PSdG) en Muxía.
- Manuel Antelo (BNG) en Vimianzo.
- Lolo Muíño (BNG) en Zas.
Novas relacionadas
- Resultados das Eleccións Municipais 2015 na Costa da Morte.
- Eleccións #24M Fisterra: Descalabro do PP.
- Eleccións #24M Mazaricos: O BNG dalle a volta ao pleno.
- Jose Marcote: “O ti vai facendo está vindo de volta ao Concello de Fisterra”.
- Kuka Sar: “Imos a por todas. En Fisterra existe un fastío político”.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).