Venres. 29.03.2024
El tiempo

O Pai Britto tomou posesión na igrexa de Fisterra

TOMA DE POSESION D BRITTO 05-09-2021 033
O pai John Paul Britto Celestine
O Pai Britto tomou posesión na igrexa de Fisterra

Este pasado domingo, día 5 de setembro, foi un día especial na Igrexa Parroquial de Santa María das Areas. Tivo ligar ac erimonia de toma de posesión como novo cura párroco da mesma do pai John Paul Britto Celestine, como párroco solidario. Con el como moderador, chegan tamén outros dous sacerdotes que asumen solidariamente o mesmo cargo, os pais Arun Raja e Anil Merugu, os cales pertencen á Orde dos Servos da Caridade, coñecidos como Pais Guanellianos, polo seu fundador.

TOMA DE POSESION D BRITTO 05-09-2021 071

A cerimonia iniciouse coa entrada procesional de todos os sacerdotes (Arcipreste de Nemancos, de Duio, Vimianzo e os curas de toda a comarca) e relixiosas que acompañaron ao pai Britto neste día tan especial, coa asistencia de fieis das parroquias de Arca-Arzúa, Pereiriña, Sardiñeiro e, por suposto, Fisterra. Actuou como mestre de cerimonias o pai Fabio Pallotta, Superior dos Pais Guanellianos. En primeiro lugar, o arcipreste de Duio, D. Desiré Kouakou, deu lectura ao Decreto do Arzobispo de Santiago, D. Julián Barrio, do nomeamento como cura párroco de Santa María dás Areas de Fisterra. Procedeuse á entrega simbólica da chave da igrexa, da pila bautismal e da chave do sagrario. Continuouse coa Misa concelebrada, a que contou cos dous coros parroquiales, dirixidos por Ramón Domínguez e Carlos Casais, os cales realzaron esta solemne cerimonia.

Cerimonias

TOMA DE POSESION D BRITTO 05-09-2021 029

Con motivo de que nos atopamos en Ano Xacobeo e, sendo Fisterra o punto final da prolongación do Camiño de Santiago, a onde chegan os peregrinos para prostrarse ante a imaxe do Santo Cristo de Fisterra, tal e como o veñen facendo desde o S. XIV, restableceuse a celebración da Eucaristía ou Misa do Peregrino, todos os días ás 18,00 Hras. (seis da tarde) e estase pendente da cerimonia de apertura da Porta Santa, na Igrexa Parroquial de Santa María dás Areas, como a última igrexa do Camiño e desde onde inician os peregrinos o retorno aos seus lugares de orixe como "homes novos", segundo San Pablo, ao terminar o camiño penitencial e reencontrarse coa Luz de Cristo.

Novas relacionadas

Comentarios