Venres. 04.10.2024
El tiempo

Plásticos que invanden areais

Plásticos que invanden areais
Limpandoasnosasrias

Unha das consecuencias dos temporais e, en realidade, dos batidos invernos atlánticos, son a chegada de mareas de lixo ás nosas praias. Hai zonas especialmente sensibles pola mareas, como a praia de Talón en Fisterra, ou mesmo a praia do Rostro, que estes días ten un aspecto terrible, de auténtico cemiterio de crebas.

O malo é que so pouco reutilizables os botes de plástico, os centos de chanclas, os restos de redes, os paus, os cepillos de dentes...

Pois dende a Asoar_Armega propoñen para este sábado 22 de marzo unha nova xornada #limpandoasnosasrias no Praia do Rostro. Pequenas accións dende a sociedade civil que axudan a "dixerir" os desflacos que facemos tirando tanto lixo ao mar. Ademais da propia acción de limpeza, realizaranse tamén actividade de concienciación medioambiental, ás que todo o mundo está invitado.

A cita arrincará ás 16:00h na praia fisterrá.

Novas relacionadas

Fonte

  • Asoar - Armega.

Comentarios