Venres. 29.03.2024
El tiempo

Protestas polo peche do centro de expedición de longueirón en Fisterra

Protestas polo peche do centro de expedición de longueirón en Fisterra
Imaxe da Lonxa de Fisterra

Cando apenas faltan 3 días para a XXII Festa do Longueirón de Fisterra, continúa o malestar entre os mariscadores polo peche do centro de expedición da lonxa de Fisterra.

Dende hai un par de meses xa, o centro de expedición foi pechado e os mariscadores aínda seguen a preguntarse o por que. Un centro de expedición que permitía aos mariscadores a venta do produto fresco e en condicións de máxima calidade, ao ser recollido en zona A e non precisar sequera de paso por depuradora. Desde que este pechou, o longueirón debe esperar 24 horas para ser vendido e vese retido para ser sometido a controis de sanidade, o cal devalúa o produto e supón cuantiosas perdas para moitas familias, ademais de perderse a ventaxa que supoñía contar con longueirón recollido en zona A dunha calidade de sobra recoñecida.

Así o fai público o grupo do BNG, facéndose eco das preguntas dos mariscadores. "Unha vez reiniciada a actividade parlamentar, o BNG volverá a reclamar a reapertura de dito centro coa presentación de varias preguntas e propostas parlamentares. Pero os mariscadores precisan dunha resposta xa", aseguran dende a oposición.

"Aínda hoxe seguen a preguntarse os motivos, si económicos ou por evitar responsabilidades a nível penal. E saben xa que aínda non existe unha resposta por parte da Consellería e que non se efectuou ningunha reunión coa confraría de pescadores", denuncian.

Deste xeito, os mariscadores dan por perdida esta campaña xa, pero agardan que pronto se atope unha solución.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do BNG de Fisterra.

Comentarios