Recuperado un vertido de augas residuais en Fisterra


No transcurso dunha inspección de campo levada a cabo polo persoal do Plan de Control de Vertidos (PCV) para o inventario e caracterización dos focos contaminantes existentes no ámbito Galicia-Costa, Augas de Galicia detectaba o pasado venres a existencia dun punto de vertido no lugar de Escaselas-San Martiño de Duio, na Recta da Anchoa de Fisterra.
A Xunta tivo que proceder á conexión coa rede de sumidoiros municipal existente no lugar, para evitar novas achegas. O vertido tiña a súa orixe nas augas residuais urbanas xeradas nunha vivenda familiar, observando que a carón do punto polo que se vertían a Dominio Público estas augas, descorre a rede de saneamento municipal.
Cómpre lembrar que a falta de saneamento á hora de outorgar á licencia é unha das casuas polas que moitas urbanizacións da zona están paralizadas.
Novas relacionadas
- Fisterra e a casa sen vender.
- Denuncian que a reclamación dunha promotora pode levar á ruína ao Concello de Fisterra.
- Novas denuncias contra o Concello de Fisterra en materia urbanística.
Fonte
- Xunta de Galicia.