Martes. 23.04.2024
El tiempo

Sofren un accidente, marchan do lugar e o vehículo provoca un incendio

Accidente con incendio en Buxan
Os Bombeiros tiveron que sufocar o incendio provocado polo vehículo accidentado
Sofren un accidente, marchan do lugar e o vehículo provoca un incendio

Noite axitada por Fisterra. Eran case as 5:00h da madrugada cando o 112 recibe unha chamada dunha casa de Buxán, sobre un coche de sufrira un accidente e que estaba ardendo. Ao lugar acodiron os Bombeiros de Cee, Protección Civil, a Ambulancia do 061 e a Garda Civil de Tráfico, preocupados polo potencial perigo que puidera supoñer un incendio forestal.

Os Bombeiros confirmaron que non había atrapados dentro do coche. Os supostos dous ocupantes (dous mozos da comarca) escaparon, segundo fontes cercanas, ao carecer de seguro, de ITV nin sequera do carnet de conducir.

A preocupación tornábase no monte. E menos mal que era unha zona abrigada, e non había moito vento. O 112 mobilizaba tamén ao Distrito V para que un Axente con cuadrilla forestal se achegase. Finalmente puideron controlar o lume rapidamente, queidando queimada apenas unha zona duns 50 metros de longo por 10 de ancho.

Ao remate, a Garda Civil comezou as investigacións sobre os autores, desta imprudencia, pero en calquera caso, o importante é que non pasou nada e que o incendio non avanzou.

Comentarios