Yolanda Castaño amadriña a primeira habitación poética do Bela Fisterra
Tras levantar áncora, o Bela Fisterra comeza a súa singradura turística na vila do Cristo en clave poética. Faino da man de Yolanda Castaño, que vén de deixar a súa poética pegada na habitación Marea Viva.
O “bautizo” tivo lugar onte, mércores, no propio hotel fisterrán.
Yolanda Castaño, escoltada por Pepe Formoso e Modesto FragaDas 16 habitacións de Bela Fisterra, 15 estan dedicadas as grandes obras e autores da literatura universal do mar. A habitación 16, chamada MAREA VIVA vai estar dedicada a un/unha artista VIVO/A que virá apradiñar o espazo, e dotalo de contidos.
Os asesores culturais de Bela Fisterra, Antón Castro, profesor na facultade de Belas Artes de Pontevedra, Antón Pombo, doutor en Historia, e o poeta Modesto Fraga, xunto cos arquitectos Juan Creus e Covadonga Carrasco, o deseñador gráfico, Xosé Teiga e o consultor Celso Martínez, foron os encargados de seleccionar á primeira Marea Viva.