domingo. 10.11.2024
El tiempo

1ª Galicia: Os derbis se quedan na casa

Soneira - Ponteceso
Soneira - Ponteceso
1ª Galicia: Os derbis se quedan na casa

Unha nova intensa fin de semana a que se viviu na 1ª Galicia con tres derbis que finalmente se levaron os locais con resultados semellantes. Triunfante sae sobre todo o Dumbría que arrollou ao Corme nun encontro que amosa que os de Pablo Conde están preparados para competir co Negreira nas posicións máis altas. Tamén o Mazaricos, que venceu ao Baio nun auténtico partidazo retransmitido por QPCtv pese a incrible borraxeira que se formou no Pedra de Ouro. O Soneira sumou a súa primeira vitoria da tempada e o Volantes volveu a quedar sen sumar logo de comezar gañando.

Mazaricos 2 – 0 Baio

Mazaricos: Iván Baña; Mario, Borja, Pose, Oscarín; José Ángel (Ríchar, 67’), Pereiro (Brais, 71’), Chumiko; Marquiños (Chiki, 90’), Rachón (Róber, 86’) e Kevin (Molinos, 86’).

Baio: Diego; Rubio (Ceide, 71’), Peke, Álex Varela, Braian; Norbi (Naim, 89’), Bieito, Manu Santiso (Mario, 22’); Paco Chousa, Porti (Pedro, 80’) e MC.

Goles: 1-0, 32’: Oscarín / 1-1, 85’: Kevin.

A borraxeira e as cámaras de QPCtv foron as protagonistas do derbi

Tremendo derbi o vivido en Pino do Val entre dous equipos que xa viñan de deixar boas sensacións na primeira xornada, pese a que o Mazaricos volvese de Tordoia cunha derrota. Foi o Baio o que saíu a buscar o dominio do encontro ata a lesión de Santiso, momento no que o Mazaricos decidiu dar un paso arriba e comezou a crear perigo grazas as accións por banda dereita de Marquiños. No 32’, un deses ataques locais acaba coa pelota chegando a Oscarín, que pese a estar moi afastado da portería, decidiu probar sorte co exterior da súa zurda para protagonizar un dos mellores goles que se verán esta tempada.

Co 1-0 no marcador, o partido axitouse e Pereiro e MC lanzaron grandes disparos ao traveseiro dende fóra da área. Tras o paso por vestiarios, o Baio foi mellor, creando moito perigo con xogadas combinadas ao primeiro toque e co desborde de Porti pola banda dereita, pero a falta de puntería, o bo facer da defensa amarela e o acerto de Iván Baña cando lle tocou intervir, impediron a igualada. Finalmente, nun contragolpe executado a perfección por Mario e Kevin, este último facía a sentencia.

Soneira 3 – 0 Ponteceso

Soneira: Javi Souto; Pichi, Alemán, Brais Mouzo, Leilán; De la Sierra (Fran Calvo, 81’), Álex Figueiras, Diego Lois; Brais Pereira (Darío, 72’), Maki e Basti (Damián Sar, 72’).

Ponteceso: Benji; Luca, Moscoso (Eloy Trigo, 57’), Pablo Vázquez, Ismail; Isaac, Mendieta, Alberto Recarey; Puente (Raúl, 81’), Nando e Eloy Álvarez (Mara, 57’).

Goles: 1-0, 20’: Leilán / 2-0, 35’: Alemán / 3-0, 55’: Maki.

Os capitáns no Soneira Ponteceso

Seguen sen saírlle as cousas ao Ponteceso, que outra vez volveu a recibir máis goles dos que seguramente merecía nun encontro no que o Soneira amosou o potencial goleador que lle faltou en Corme. De feito, estaban a dominar os visitantes, pese a non crear grandes ocasións, cando Leilán probou sorte dende unha posición escorada tras un córner e fixo o primeiro da mañá. O gol levantou a un Soneira que comezou a visitar a área de Benji con asiduidade, ata que Alemán, tras un desentendemento defensivo no Ponteceso, fixo o segundo ao rematar a pracer.

Volveu a saír mellor o Ponteceso na segunda metade, onde tivo as súas primeiras ocasións claras, pero se atopou cun gran Javi Souto, un dos mellores da segunda parte. Pero aos dez minutos, Maki facía o definitivo 3-0 e sentenciaba o choque nunha xogada na que os de Pablo Mallón pediron falta sobre Benji. Aínda puido haber máis goles para ambos lados, pero os erros ofensivos e os acertos dos porteiros, impediuno.

Dumbría 3 - 0 Corme

Dumbría: Anxo (Jorge, 46’); Codesal, Pablo Paz (Gusa, 46’), Kanario, Mataso; Brais, Baba (Lucas, 70’); Darío, Xabi (Álex Sendón, 65’), Mario (Xacobe, 58’); Yuyo.

Corme: Illote; Jesús (Ángel, 70’), Aitor, Pandi, Brais Pombo (Noel, 70’); Eloy, Javi; Doldán (Manu Bermúdez, 67’), Lucas, Borja Torrado; Dieguito (Manu Costa, 46’).

Goles: 1-0, 8’: Xabi / 2-0, 30’: Baba / 3-0, 46’: Baba.

XI do Corme no ConcoXI do Dumbría

Derbi con pouca historia o disputado no Conco na tarde do domingo debido á superioridade que amosou o Dumbría dende o inicio ata o final. Antes do minuto dez os de Pablo Conde xa se adiantaban no marcador grazas a un tanto de Xabi, cun bo cabezazo tras un gran centro de Mataso, un dos mellores do encontro. O gol non cesou a voracidade dos locais, que tras crear máis ocasións, atopou o segundo nun erro no despexe de Illote, tras un córner, que aproveitou Baba para facer o segundo.

O Corme só era quen de incomodar ao Dumbría con balóns parados ou con xenialidades dun Lucas que onte non atopou porta debido a unha gran parada de Anxo. O encontro quedaba sentenciado cando, nada máis comezar a segunda parte, Baba facía o 3-0 tras un pase atrás de Mario. Aínda puido ser maior a goleada se Baba non rebentase o pau cun bo disparo, pero o seu hattrick non foi posible.

Belvís 3 – 1 Volantes

Belvís: Mateo; Pablo, Petete, Rubinho, Cabado, Cristian, Álex Baña, Iván, Louzao, Jose e Ricardo. Tamén xogaron: Brais, Joaquín, David e Pomar.

Volantes: Álex de Yi; Godo, David Pais (Riki Guisado, 82’), Santi, Oscarín; Miguel da Corocha (Ismael Mayo, 85’), Cajulo (Elvis, 62’); Toni, Pesco, Kike Paluca; Álex (Manoliño 68’).

Goles: 0-1, 16’: Toni / 1-1, 55’: Cristian / 2-1, 81’: Cristian, de penalti / 3-1, 83’: Cristian.

Nova derrota para un Volantes que non está a atopar esa versión de equipo compacto que busca Iván González para competir este ano na primeira. E iso que onte se viron varias melloras con respecto á derrota da primeira xornada. Volveron a comezar por diante no marcador cun novo gol de Toni, que está a ser o xogador que máis perigo crea do conxunto muradán dende a banda esquerda. Incluso puideron ampliar a vantaxe nunha primeira parte na que foron mellores que os locais.

Pero o empate tras o descanso levantou o ánimo e as forzas do Belvís, que atopou en Cristian ao protagonista do partido. Tras o empate, o volantes, volveu a buscar a portería contraria sen sorte, ata que nunha xogada moi protestada contra o final, o colexiado asubiou un penalti que sería xa definitivo. Cristian volveu a superar a Álex de Yi, e co Volantes xa afundido, faría o terceiro aos dous minutos.

Comentarios