Mércores. 13.11.2019
El tiempo

1ª Galicia: O Soneira non cede, o Baio saca o derbi e o Volantes desquítase

O Volantes desquitouse no Eleuterio Balayo-Foto-Adriana
O Volantes desquitouse no Eleuterio Balayo-Foto-Adriana
1ª Galicia: O Soneira non cede, o Baio saca o derbi e o Volantes desquítase

Viña a xornada marcada por un derbi costeiro, no que o Baio sacou petróleo do Pino do Val, ante un Mazaricos que xa se mete en postos de descenso. Uns postos dos que sae, trala súa segunda vitoria consecutiva, o Volantes, que ve por fin como o seu xogo se ve recompensado en resultados.

No máis alto, e xa case nin sorprende, o Soneira sumou a súa 5ª vitoria consecutiva, esta in extremis e saca 4 puntos aos inmediatos perseguidores, nun grupo do que se descolga lixeiramente un Dumbría que rompía a serie de 6 partidos sen coñecer a derrota.

 

Volantes - Piloño (6-2)

  • Volantes: Marcos, Rachón, Amoedo, Jano, Pardelo, Kevin, Óliver, Thiago, Rubén, Pesco e Berto. Tamén xogaron: Tiko, Xian, Godo, Alberte e Charles.
  • Goles: 1-0, m.4: Thiago nun córner; 1-1, m.15; 2-1, m.33: Berto cun golazo de bolea dende a frontal ó pau longo; 3-1, m.40: Jano nun saque de banda; 4-1, m.41: Berto cun tiro raso; 5-1, m.44: Pesco; 6-1, m.58: Jano ; 6-2, m.88.

Era visto. O Volantes ía saír de aí. O cadro laranxa estaba sendo moi superior aos rivais pero o a pelotiña non entraba. E comezou a entrar. A pasada semana sufriuno o Unión. Esta o Piloño. O equipo de Sil volveu dominar dende o comezo e pronto se colocou por diante. Pouco despois empataron nunha falta na frontal da área, o balón bótalle diante a Marcos que non pode dirixir o despexe e a pracer remata un dianteiro visitante. Pero o guión seguía marcado, e as chegadas dos locais seguían aparecendo. Rubén avisaba, antes do póker de goles que facían os laranxas nos últimos 10 mintos entre Berto, Jano e Pesco para deixar sentenciado o choque antes de ir aos vestiarios.

A segunda parte foi un trámite na que puideron marcar máis goles pero sería Jano nun córner o que marcaría de novo. E xa no final poñerian o definitivo 2-6. Partidazo, e por fin se fai xusticia co nivel que estaba dando o cadro de Sil.

O Volantes despedindo a afeccion laranxa-Foto-Adriana
O Volantes despedindo á gran afección laranxa-Foto-Adriana 

Mazaricos - Baio (0-2)

  • Mazaricos: Dani, Mario, Cutu, Borja, Pereiro; Adrián, Raúl, Barbeira, Fano; Piki e Viturro.
  • Baio: Diego Mallo, Rubio, Yago, Peke, Damián, Norberto, Bieito, Porti, Manu Santiso, Javi Suárez e Martín MC. Tamén: Pablo, Alex Varela, Carlos, Martin e Braian.
  • Goles: 0-1, m.35: Norberto; 0-2, m.82: MC.

Mazaricos e Baio no Pino do Val-Foto-CD Baio

Partido condicionado polo tempo, moi igualado e con alternativas. A primeira media hora houbo boas ocasións para os de Chicho, que co 451 buscaban amplitude polas bandas e puideron abrir o marcador da man dos seus perigosos puntas, Piki e Viturro. Pero era Norberto, o que abría a contenda, para o Baio, tras unha indecisión do meta mazaricán Dani Fedello. A partir de aí o cadro de Pablo Torreira tomou o mando, pero sen novidades.

O segundo tempo, marcado polo tempo, foimoi igualado, de imprecisións e poucas ocasións en ningunha área. A sentenza chegaba a 10 do final, tras un saque en longo do meta Diego Mallo, que peteian no medio e MC non falla na única ocasión que dispuxo en todo o partido.

 

Cordeiro - Soneira (1-2)

  • Soneira: Benja, Darío, Pichi, Álex Taibo, David Agra, Leilán, Richi, Mayor, Vía, Basti, Róber Pladur. Tamén: Javi Souto, Fran Calvo, Javi, Brais Pereira e De la Sierra.
  • Goles: 0-1, m.44: Mayor de falta directa; 1-1, m.78; 1-2, m.95: Richi remacha un rebumbio tras un córner.

Vitoria no último suspiro do Soneira baixo unha chuvia tremenda en Valga, que condicionou o choqye polo estado do terreo de xogo, impracticable. Na primeira parte o Soneira foi superior e gozaría das mellores ocasións. A primeira de Basti que a porta vacía tiraría o lateral da rede; Róber Pladur tamen teria unha boa ocasión pero o seu disparo marcharíase cruzado por pouco. O Soneira protestaría un posible penalti a Pichi case en boca de gol, e sería xusto antes do descanso Mayor cun golazo de falta directa quen faría o 0-1.

Na segunda parte o estado do terreo ía a peor e apenas había chegadas con perigo, ata que na única chegada que tería o Cordeiro en todo partido faría o empate. O partido aínda se lle complicaría máis o Soneira coa expulsión de Vía, ao revolverse tras unha falta recibida. Pero a fe deste equipo, e a sorte, está de cara, e no minuto 95 un córner botado por Taibo, e tras un barullo na área pequena Richi empurraría gol para ledicia dos soneiráns e facer xustiza tras o visto no terreo de xogo.

 

Dumbría - Flavia (1-3)

  • Dumbría: Anxo, David (Marcote, m.45), Kanario, Pablo Paz, Gusa, Xaco, Code, Rivi (Mario, m.78), Yuyo (Xabi, m.66), Diego Cespón e Mataso (Berto, m.75).
  • Goles: 0-1, m.42: en propia; 0-2, m.77: 1-2, m.81: Code; 1-3, m.87.

Dumbria CF cortou a serie

Partido malo dos dumbrieses, en canto a posesión, con moitos erros no pase, que fixo que o Flavia, non sufrira moito durante a primeira parte, e aínda que eles tampouco tiñan moitas ocasións, sí tiñan o dominio do partido. Aínda así, o cadro de Pablo Conde a contagotas ían chegando á área padronesa.
Unha xogada importante chegaba ao fío do descanso: nunha contra, tras unha mal decisión, un xogador local fai unha falta en tres cuartos de campo. Falta que dá pé ao gol dos visitantes, que fai Kanario en propia meta.

Na segunda, saíron os dumbrieses coa intención de darlle a volta, pero o potencial ofensivo dos padroneses con Adrián Beiroa, Jorge Rama ou David Magan, non permitía que os locais fosen arriba. Os dous xogadores de banda foron un pesadelo durante todo o encontro. E cando o partido tiña mellor pinta para conseguir o empate, unha boa xogada do seu extremo esquerdo sírvelle para marcar o segundo. Aínda así, seguiuno intentando, e un bo pase de Marcote serve para que Code recorte distancias. Quedaban 10 minutos, e apretar apretaron moitísimo os dumbrieses, pero nun córner, e noutro erro defensivo, chegaba o terceiro e definitivo tanto.

 

As táboas en www.futboldacosta.com

Comentarios