venres. 20.03.2026
El tiempo

As asistencias do Fútbol da Costa a África

As asistencias do Fútbol da Costa a África
Imaxes de Néstor Romero en Mozambique, de Antón Lestón en Guinea Bissau e da roupa enviada por QPC a Angola
As asistencias do Fútbol da Costa a África

Dende QPC temos un obxectivo moi concreto neste 2026. O Torneo Solidario do Fútbol da Costa - QPC ten posto unha importante semente para seguir unindo a Costa da Morte coa Costa de Marfil.

A través da ONG Egueire traballaremos ao longo do ano para conseguir os fondos necesarios que permitan axudar á entidade a construír o comedor nunha escola que están promovendo dende a nosa comarca en Ebounou, unha vila do sur do país africano. Unha infraestrutura esencial, que seguro que entendemos ben na nosa dispersa comarca, que serve para combater o absentismo e permitir que as crianzas non teñan que volve a casa a comer percorrendo distancias de 3-4km, que en moitos casos lles impide volver ás aulas polas tardes.

Aproveitando este fermoso proxecto quixemos botar unha ollada ás iniciativas que o Fútbol da Costa leva facendo en favor de diferentes países africanos.

QPC xa levou a Luanda, Angola, en 2018

Con magno orgullo lembra a familia de QPC o envío de material deportivo realizado a Angola en 2018. Co gallo dun partido da Selección da Costa sub12 no Torneo Luís Calvo, QPC facía entrega dunha marea de material colleitado a través de moitos clubs do noso fútbol, e enviaba ao país lusófono varias maletas a través un adestrador español que fóra invitado ao Congreso QPC organizado en 2016.

Dende o sur da comarca ata Malaui e Mozambique

Outras das viaxes costeiras a África teñen un nome particular. Natural de Lousame, onde exerce como Técnico de Deportes Municipal, ten logo cv como adestrador do noso fútbol, tendo adestrado a Xallas, Mazaricos ou Esteirana. Nëstor Romero leva anos realizando proxectos no Fondo Galego de Cooperación, que xa o teñen levado a Malawi, e a Mozambique en dúas ocasións.

Na última viaxe, realizada a final de ano, Néstor estivo nun Proxecto de promoción social e deportiva no municipio de Nhamayabue, en Mozambique, e ademais do de achegar seu carisma, o seu compromiso e a súa profesionalidade, levou unha serie de equipacións do Outes FC.

Antón a Guinea Bissau

Non podemos esquecer a marabillosa experiencia que viviu Antón Lestón a finais do ano pasado en Guinea Bissau. O xornalista corcubionés, e xogador do noso Fútbol costeiro, colaborou coa ONG Nanián (o seu presidente Hernany Lima leva máis dunha década vivindo en Ameixenda e traballando no Hospital Virxe da Xunqueira) para levar unha marea de roupa deportiva, doada en gran medida polos clubs costeiros, á illa de Bubaque. Unha experiencia que lle cambiou a forma de ver a vida.

Máis novas

Comentarios