Copa da Costa FEM: Épica eliminatoria de Cuartos
O Corme abría o camiño das semis na tarde do mércores vencendo con solvencia en Cabana. Pero a cousa non ía ser tan doada. A mañá dominical deixou dous choques épicos con puro sabor a Copa da Costa.
No Conco o Xallas tiña que chegar aos penaltis para superar ao Dumbría, e en Arliña, o Muxía tiña que marcar 8 tantos para superar a unha Esteirana que demostrou o que é competir. Colocábanse 7-0 as corviñas na primeira metade, pero as blaugranas chegaron a poñerse 7-6 a falta de 5 minutos…
Ademais, o Cee puido co Corcubión polo que quedan unhas semis para o Xoves Santo conformadas por:
- Corme - Xallas
- Cee - Muxía.
Cabana - Corme (1-6)
- Goles: 0-1, m.20: Claudia; 0-2, m.50: Aroa; 1-2, m.52: Irene; 1-3, m.62: Zeltia; 1-4, m.70: Zeltia; 1-5, m.71: Ana; 1-6, m.85: Ana.
Apretou ben o Cabana defensivamente, e non permitía ás cormelás despregar o seu xogo, con moita intensidade, vencendo duelos, e cunha Miriam excelsa baixo paus- Un solitario gol de Claudia metía ás de Rubén por diante antes do descanso.
Na segunda o Corme foi valiente, tiro de personalidade, e recuperou moi ben. As cabanesas aguantaron a primeira embestida de Aroa na segunda, e recurtaron por mediod e Irene, pero dous tantos de Zeltia sentenciaron a eliminatoria.
Dumbría - Xallas (0-0)
- Dumbría: Liss, Mariña, Sabela, Yoli, Cundíns, Carla Recarey, Carla Lago, Yaiza, Paula Fandiño, María, Alba. Tamén: Lucía, Ana, Elba e Lara.
- Xallas: Peta, Landi, Graci, Ainhoa, Sara, Noe Vimi, Paula Barca, Mery, Espasandín e Olalla. Tamén: Silva, Soraya, Isa, Yaiza, Valaria e Daniela.
Partido matinal épico no Conco, dando conta do bonita que é a Copa da Costa. Reeditábase a final de hai dous anos en Arliña, nun choque desta volta cunha categoría de diferencia. Pero non se notou no campo. As xalleiras si que dominaron o tempo do balón, cun ritmo algo máis rápido, ante un Dumbría que xuntou filas para impedir transicións rápidas. Só a balón parado conseguían as de Eloy facer dano na primeira, mentres que Sabela chegaba á outra área nun man a man que salvaba Peta.
Na segunda as xalleiras non estiveron tan finas co balón e os roubos das locais permitían algunha contra con perigo, tendo nunha gran xogada de María e un de Elba ao pau as mellores ocasións.
Tivo tamén Oli unha que lle anulaban por fóra de xogo e outro balón ao pau.
Chegou a lotería dos penaltis osde as de Santa Comba estiveron máis acertadas, cunha Peta que paraba unha e unha atrevida Ainhoa que responsabilizaría de porlle o fin a este épico partido.
Corcubión - Cee (1-3)
- Corcubión: Juliette, Alexandra Lojo, Carla, Sandra, María, Helena, Cris, Andrea Romero, María Castro, Sandra e Jimena. Tamén: Lucía, Tato, Lara e Garea.
- Cee: Noemi, Lurs, Cris, Ramos, Aroa, Sabela, Lucía Caamaño, Paula Veiga, Duarte, Sharay e Martínez. Tamén: Valeria, Nayara Casais, Thalía, Laura e Carolina.
- Goles: 0-1, m.5: Duarte; 0-2, m.20: Lurs; 0-3, m.44: Duarte; 1-3, m.67: Helena.
Gran partido o vivido no Cubaleiro, que comezaba cun gol tempraneiro de Duarte para as de Rafa. Pero o Corcubión reaccionaba e tivo moi bos intentando aguantar atrás e ter algunha contra con Sandra e María, que se lesionaba pronto.
Dous golazos de falta das ceenses romperon o partido antes do descanso. Na segunda, a relaxación visitante permitiu ao Corcubión subir algo máis pero o partido non perigou en ningún momento, e o Cee demostrou a súa superioridade.
Muxía - Esteirana (8-6)

- Muxía: Sheila, Ana, Eva Lago, Mai, Andrea Piroja, Raquel, Nerea Barrientos, Laura Doce, Patri Romaní, Barca e Eva Lema. Tamén: Elsy, Vero, Nerea Pazos, Paula, Andrea Dom. e Karen.

- Esteirana: Lidia, Lara, Sara, Tonío, Nerea, Marta Sandra Sosil, Nuria, Melania, Bárbara e Rut. Tamén: Alba.
- Goles: 1-0, m.1: Eva Lema; 2-0, m.11: Barca; 3-0, m.19: Eva Lago; 4-0, m.29: Eva Lema; 5-0, m.36: Baca; 6-0, m.40: Eva Lema; 7-0, m.43: Barca; 7-1, m.60: Bárbara; 7-2, m.67: Rut; 7-3, m.77: Rut; 7-4, m.78: Bárbara; 7-5, m.81: Bárbara; 7-6, m.89: Bárbara; 8-6, m.90: Andrea Insua.
Partido de tolemia en Arliña. Saíron as de Noe Iglesias como un vendaval, ante unha Esteirana que volvía chegar en cadro en con Lidia baixo paus, que non puido conter o arsenal local durante a primeira metade. Xa Eva Lema abriu a lata no minuto 1 e dende aí, 7 ata o descanso, con Patri, Laura ou unh Eva Lago que aparecía en todas partes, e con Lema e Barca arriba matando.
Saían coa cabeza alta as esteirás na segunda a pesar da goleada, e coas rotacións e a relaxación do rival, comezaron a recurtar. A base de empuxe e garra, en media hora colocábamse 7-6, cun minuto e o desconto por diante.
Con 7-6 Lara tirou ó longueiro, e Mai cortou unha boa internada de Rut… pero nesa contra, un pase de Laura Doce puxo a Andrea Insua para permitirlles ás locais aguantar o desconto pedindo a hora pero cun pouco máis de marxe.

