Xoves. 18.04.2024
El tiempo

1ª Galicia: Suicidio baiés, o Xallas mete un pé nunha promoción que queda complicada para o Dumbría

1 minuto de silencio en Baio por Arsenio
1 minuto de silencio en Baio por Arsenio
1ª Galicia: Suicidio baiés, o Xallas mete un pé nunha promoción que queda complicada para o Dumbría

Saltaba a alegría este venres nas expedicións de Baio e Esteirana ante o anuncio das Reais Federacións Española e Galega de Fútbol sobre a reforma da 3ª RFEF. Apenas unha semana despois do remate da categoría, a RFEF decide que o ano que vén pase de 16 a 18 equipos, polo que non haberá tantos descensos nin arrastres.

A situación afecta directamente a varios equipos da Costa pois o efecto cascada chegaría ata a Liga da Costa. Na Preferente non afectaría nin á Sofán nin á Fisterra (ineludiblemente descendido), pero si aos dous equipos da 1ª que a día de hoxe estarían afectados polo arrastre do Fisterra, do Unión e dun Sigüieiro ao que tampouco lle afectarían os arrastres e que posiblemente salvaría a categoría.
Aínda quedan de feito 3 xornadas para o remate da Preferente, e os arrastres dependerán tamén dos ascensos dos playoffs de cada categoría, pero a situación deixaría unha 1ª Galicia na que se cadra só haberá 1 ou 2 arrastres, de modo que Esteirana e Baio terán máis posibilidades de salvarse.

Pero os equipos parecen empeñados en complicarse a vida. A semana pasada era a Esteirana o que tiña todo de cara, pero o Baio venceu no Xosé Luís Vara empatando ambos na táboa. Esta semana foi o Baio o que se deixou 3 puntos de ouro en Calo, e se ben a Esteirana si venceu, sufrindo, ante o pechacancelas, o Tordoia de Nando Muíño venceu a todo un Puebla e mantén 1 punto de distancia sobre blaugranas e 4 sobre branquiazius a falta dunha soa xornada.
Así, o Baio ten xa complicadísimo a salvación e a Esteirana terá que gañar a un Dumbría que se xoga o ascenso na casa e esperar o tropezo do Tordoia ante o penúltimo para deixar 4 equipos por abaixo e esperar acontecimentos.

Fase de ascenso

Os que non fallaron foron Xallas e Dumbría, pero as posibilidades de ambos son distintas de cara a última xornada. O Xallas depende de si mesmo, e se enfronta a un Cidade de Ribeira xa campión (de feito o Dumbría fíxolle o “pasillo” e despois lle gañou no Conco). O Dumbría visita o Xosé Luís Vara e terá que gañar e esperar que fallen dous equipos de entre Xallas, Flavia e Lalín.

Vista Alegre - Esteirana (3-4)

  • Esteirana: MJ, Kevin, Adrián Louro, Tobío, Code, Pablo Rama, Alex Rama, Oli, Raúl, Brais e Róber Pladur. Tamén: Alex Vega, Alex Louro, Javi, Pachi e Elías.
  • Goles: 1-0, m.17; 1-1, m.56: Oli; 2-1, m.58; 2-2, m.60: Róber Pladur; 3-2, m.61; 3-3, m.71: en propia; 3-4, m.86: Róber Pladur.

Ata en 3 ocasións tivo que remontar o equipo de Gus para sumar 3 puntos vitais ante o pechacancelas… Foi un choque con dominio alterno e ocasións claras para os dous equipos, pero no primeiro tempo só os locais son capaces de superar a MJ. Na segunda saíron mellor os esteiráns, pero a cada empate vían como os locais se metían de novo por diante aproveitando rápidas contras. Foi só os últimos 5 minutos cando, noutro córner, Pladur adianta aos seus, e o equipo conseguiu aguantar ata o final tres puntos de ouro.

Xallas - Cordeiro (2-1)

  • Xallas: Iván Couto, Diego, Aitor, Samuel, Brais, Fidi, Colón, Capelo, Doro, Juan de Celia e Carlos Rieiro. Tamén: Adán, Xan Caridad, Sergio Barbeira, Íker e Caneda.
  • Goles: 0-1, m.40: Falcón; 1-1, m.61: Aitor nun córner; 2-1, m.75: Juan de Celia.

Gran ambiente de fútbol en Fontenla para unha tarde espléndida, na que o cadro de Adrián Vázquez superou o penúltimo obstáculo cara a promoción. Estivo ben o cadro de Adrián, cunha boa primeira metade na que non aproveitaron dúas ocasións e na que os visitantes se adiantaron no único tiro a gol.

O equipo repúxose ben na segunda, controlando, non deixando contras, e chegando arriba. Nun córner conseguía empatar Aitor. O equipo verde seguía percutindo e Juan de Celia avisaba primeiro cun balón ao longueiro e pouco despois co empate. No treito final viñéronse arriba os visitantes, pero o cadro xalleiro, xa con bloque baixo, defendeuse moi ben e mesmo tivo contra cun tiro de Doro ao pau para poder sentenciar.
O único negativo a lesión de xeonllo de Fidalgo, que non ten boa pinta.

Baio - Calo (1-2)

11 do Baio 2023

  • Baio: Bugy, Aday, Pablo Rod., Pablo Domínguez, Norberto, Peke, Pazos, Aitor Vilas, Bieito, Iván Rod., Braian. Tamén: Fraga, Bruno, Josiño, Rubén e Sergio.
  • Goles: 1-0, m.51: Pablo Domínguez; 1-1, m.85: Sergio; 1-2, m.90: Adrián.

Norberto capi do CD Baio

Derruta durísima do Baio despois de ver a luz a semana pasada en Esteiro. O partido comezaba algo falto de ritmo e moita imprecisión, aínda que a iniciativa era dos locais, tendo ata duas boas ocasóns nas que Aday manda ao longueiro e Domínguez ao lateral da rede.
Axustou liñas Félix no inicio de segunda parte e conseguiron manter o control, e adiantarse dende os 11 metros. Pero aí pesou a presión, e sen apenas empurre, o Calo foi achegándose levando excesivo premio e castigando, unha vez máis ao cadro baiés.

”Non hai excusas”, recoñece o propio míster. “Son consciente que estamos aí por meritos propios sen dúbida. Sabendo que esta casi imposible a salvación, gustariame recalcar máis que nunca o orgulloso que me sinto de ser o maximo responsable e director deste grupo de xogadores; e como máximo responsable consciente de ser o máximo culpable da situacion deportiva, xa que non conseguín dar con todas as teclas para sacarlles o rendemento colectivo que eu esperaba”, explica Félix.

Dumbría - Ribeira (2-0)

11 do Dumbria 2023

  • Dumbría: Anxo, Chao, Pablo Paz, Kanario, Yerba, Brais Fdez., Lucas (Fabio), Dario, Mario (Gabi), Xabi Castro (Sendón) e Diego Estévez (Antón).
  • Goles: 1-0, m.2: en propia; 2-0, m.19: Estévez.

Dani capi do Dumbria

DUmbria facendo pasillo ao Cidade Ribeira

Fíxolle o “pasillo” de campión o Dumbría ao Cid. Ribeira, pero despois gañoulle. Meteuse pronto por diante o cadro de Pablo e despois soubo manter a meta segura. Foi un partido intenso cun cadro local que facía dano sobre todo nas transicións ofensivas rápidas, pero tamén o líder dominaba e facía correr moito aos locais. Marcaron pronto os locais e co segundo puideron mesmo sentenciar en varias contras antes do descanso.
Na segunda os de Pablo Conde tiveron moito menos balón pero souberon sufrir.

Soneira - Flavia (0-3)

  • Soneira: Javi Souto, Senra, Aarón, Pichi, Fabián, Alex Figueiras, Borja Gándara, Maki, Richi, Javito e Basti. Tamén: Coke, Darío, Gesto, De la Sierra e Alberto Mouzo.
  • Goles: 0-1, m.28: Martín; 0-2, m.46: Pedro Giménez; 0-3, m.69: Jose Antonio.

Continúa desexando que remate a Liga o cadro soneirán, en dinámica de deixarse levar. Arrincaron ben, así e todo, ante un Flavia que cedía a iniciativa. Tiveron o gol os de Pedro nas botas de Basti pero mandouna ao pau, e pouco despois se adiantaban nun rexeite os visitantes. Nada máis comezar o segundo tempo chegaba o segundo, e aí practicamente rematou o partido. O Flavia tirou de oficio para manter a renda.

Negreira - Mazaricos (10-1)

  • Mazaricos: Pablo Pose, Borja, Raúl, Carreira, Brais, David García, David Lado, Guille Botas, Marcos, Molinos. Tamén: Mateo, Germán, Ricardo, Pablo Lago e Isma.

Desexando que remate isto xa o cadro mazaricán, estas xornadas aos mandos de Alvite.

 

MÁIS CRÓNICAS DA 1ª GALICIA

AS TÁBOAS EN WWW.FUTBOLDACOSTA.COM

Comentarios