Sábado. 28.03.2020
El tiempo

2ª Galicia: A Esteirana peta na mesa

11 da Esteirana que lle gañou ao Corme-Foto-Fin Lema
11 da Esteirana que lle gañou ao Corme-Foto-Fin Lema
2ª Galicia: A Esteirana peta na mesa

Xornada importante esta a 22ª (quedan 8 por diante) na Liga da Costa. Douss duelos, por arriba e por abaixo, podía marcar o final de temporada. Por arriba, a cousa queda tremendamente aberta trala vitoria da Esteirana no Xosé Luís Vara ante o Corme. Os esteiráns endosaban a segunda derrota do curso aos cormeláns, e conseguen auparse ao liderato, polo golaveraxe individual. A un só punto queda o Ponteceso, que superou o complicado partido ante o San Lorenzo, deixando unha loita aberta, ben fermosa, entre os 3 equipos, polo titulo e o ascenso directo. O Muxía conseguía sumar 3 puntos que son os que lle saca da vantaxe ao propio cadro de Verdillo na loita por esa 4ª praza que pode ter o premio da nova promoción.

Por abaixo, o outro partido clave. O Cabana venceu ao Buño, que que practicamente manda para a 3ª, xunto co Zas. O cadro cabanés ademais métese na loita por evitar esa 3ª praza por abaixo, que pode ser carne de arrastres (ata 3 prazas corren perigo en función do que fagan Volantes, Mazaricos e Baio a 1ª Galicia). Pero non recortou ante un Baíñas que volve rexurdir e mete no lío ao Lira. Malpica e Cerqueda non fican tranquilos tralos seus resutaldos.

 

Muros - Malpica (4-1)

  • Muros: Xandre; Berni, Iván Cerilla, Dani Jurjo; Flavio; Saúl, Varo; Jose; Ivi, Xavi. Tamén xogaron: Daniculas, Ramón de Lira e Bruno
  • Malpica: Damián (Anxo Lamas), Dimitri (Ceide), Andy, Lucio, (Brais Cean), Laik, Juan Fuentes, Alberto Hombre (Gurita), Xaco (Jose), Jairo e Manteca.
  • Goles: 0-1, m.3: Mante de cabeza nun córner; 1-1, m.15: Ivi de penalti; 2-1, m.25: Iván Cerilla de cabeza; 3-1, m.50: Xavi; 4-1, m.70: Xavi.

Xusta vitoria do Muros nun partido no que foi dominador no cómputo xeral, ante un Malpica que chegaba con moitas baixas (Os Kevin, Marcos, Migueliños, Aitor… ou os gravemente lesionados Michi Castro e David Lorenzo). E iso que se adiantaban nada máis comezar nun córner, cun bo testarazo de Mante. Pero pronto colleu o mando o equipo local, e conseguiría empatar de penalti por medio de Ivi. E daríalle a volta ao marcador Iván Cerilla de cabeza, logo dun bo centro de Flavio.

Na segunda control absoluto do Muros. Xavi faría dous goles e inda pudo facer algun máis, sempre gañándolle ás costas á defensa. Ivi mandaría un balón ao longueiro.

 

Muxía - Zas (3-0)

  • Muxía: Hugo, Maikel, Álex (Toja, m.70), Jose, Víctor Alcaina (Mario, m.90), Abel (David, m.80), Adrián Alcaina, Juan, Isma Márquez (Xan, m.85), Mauro Romaní.
  • Zas: Puyol, Brais, Atu, David, Marcos (Juan, m.62), Fabi (Kevin, m.80), Manu, Bruno (Balsa, m.74), Brais Espasandín, Molinos (Dani, m.70) e Manu Guillamet.
  • Goles: 1-0,m .68: Víctor Alcaina de penalti; 2-0, m.83: David de chilena; 3-0, m.90: Toja nunha contra.

Muxia -Zas en Arliña

Partido, como nas últimas semanas en Arliña, marcado polo vento. Na primeira metade o Zas meteu na súa área ao cadro muxián, aproveitando o vento. Tivo Manu, cunha falta que repelía o pau, a mellor ocasión para meter por diante aos de Periscal. Os muxiáns intentaban combinar pero era complicado superar liñas.

Cambiou o partido na segunda. Co vento a favor o Muxía dominaba territorialmente. O Muxía aproveitou mellor as súas ocasións, e primeiro Victor Alcaina transformaba un penalti claro cometido sobre Isma, e o propio Isma facia o 2-0 de chilena tras tiro de Victor e rexeite do porteiro. Toja pechou o resultado (excesivo para o visto no campo) nunha acción de contra xa contra o pitido final.

O Zas celebrou a volta aos terreos de xogo de Dani, tras moitos meses apartado por unha lesión no xeonllo.

 Muxia CF-Sporting Zas en Arlina-Foto-Roberto

Ponteceso - San Lorenzo (2-1)

11 do Ponteceso no novo Pinguel-Foto-David Antelo e Brais Pose
11 do Ponteceso no novo Pinguel-Foto-David Antelo e Brais Pose

  • Ponteceso: Brais, Isaac, Moscoso, Juanjo, Luca, Mendieta (Nando, m.86), Alberto Recarey, Charro, Maradona (Dani Cotelo, m.87), Puente (Ismail, m.83), Abel Torres.

11 do San Lorenzo no Pinguel-Foto-Brais Antelo e David Pose
11 do San Lorenzo no Pinguel-Foto-Brais Antelo e David Pose

  • San Lorenzo: David, Diego Fidalgo, Iglesias, Pablo Garrido, Diego Varela, Ures, Alex Alonso (Styven, m.72), Loureiro, Yago Varela, Verdes, Dani Padín (Alexis, m.78).
  • Goles: 0-1, m.35: Diego Varela; 1-1, m.37: Mendieta; 2-1, m.83: Abel Torres de penalti.

Capis do Ponteceso e San Lorenzo con Pablo Rama
Capis do Ponteceso e San Lorenzo con Pablo Rama

Tarde prácida para o estreno oficial do céspede artificial dun Pinguel con moita afluencia de afeccionados. A primeira parte do encontro, o equipo local tiña o control do xogo pero sen xerar perigo e o equipo visitante esperaba en medio campo as entradas do equipo local, que avisaba por medio de Puente e Abel, obrigando a facer unha boa parada a David Penas. Os de Pablo Mallón intentaban entrar pero cada roubo dos de Verdillo xeraba unha contra e a consecuencia do 0-1 veu nunha delas da man de Diego Varela. De contado empatou Mendieta tras un córner.

Na segunda metade o Ponteceso estirouse máis, chegando con maior perigo por banda, e convertindo a David no mellor do partido. Charro, Puente e Abel probaban a David, nun Ponteceso que non recuou nun coa expulsión de Luca. Nunha chegada de Charro por banda, o centro toca na man dun defensa e Abel Torres non desaproveita para facer o 2-1. O San Lorenzo volcaríase nos últimos 5 minutos sobre a área local, e dispuxo dun par de ocasións, cun tiro lonxano e outro a bocaxarro que envían por encima do longueiro.

 Ponteceso-San Lorenzo-Foto-Brais Pose e David Antelo
Ponteceso-San Lorenzo-Foto-Brais Pose e David Antelo

Lira - Baíñas (2-3)

  • Lira: Baba, Oscar, David, Josiño, Eloy (Costiña), Borja (Oliver), Miguel, Manu (Yerai) (Raúl), Toni (Marcos), Mamadou e Cristiam.
  • Baiñas: Paulo, Héctor, Moreira, Cristian Canosa, Charly, Eloy García, Samuel, Hermida, Oreiro, Víctor e Santi Díaz. Tamén: Canosa, Luís.
  • Goles: 0-1, m.30: Oreiro: 1-1, m.36: Oli; 2-1, m.38: Toni cun golazo; 2-2, m.60: Charly; 3-2, m63: Santi Díaz.

Presentábasenos en Lombáns un partido clave para afrontar o que queda de tempada con certa tranquilidade para o cadro liracho, e coa esperanza de meterse na loita por evitar os postos de posibles arrastres para o novo Baíñas de Roski. Un Baíñas que demostrou estar demasiado abaixo para o equipo que hai.

Foi un partido con dúas partes moi diferenciadas en función do tempo. A primeira parte non tivo dominador claro e desenvolveuse con poucas ocasións. Adiantábanse á media hora os visitantes, pero en dúas chegadas, Oli e Toni, cun golazo, daban a volta ao marcador.

Á volta de vestiarios o partido o Baíñas tomou o mando, ante un Lira que se deixou levar e permitiu certos regalos que lle deixaron a vitoria aos visitantes. Un Lira que segue sufrindo problemas de enfermidades e lesións. Neste choque Borja deixaba o campo aos 20 minutos, e o seu substituto, Yerai, tiña qu e facelo no descanso. Ademais, Toni tamén tiña que saír do campo faltando 15 minutos por problemas físicos.

Pola súa parte o equipo de Roski adicoulle a vitoria ao xogador Toño, que a pesar de que esta pasando por un mal momento quixo ir para axudar ao equipo.

 

Castriz - Cerqueda (2-2)

  • Castriz: David, Carlos, Álex Mourelle, Chiki (Adrián Prol, m.25), Iván Castro, Brais Sendón (Alvarito, m.35)
  • Cerqueda: Víctor, Diego, Breo, Javi Souto, Estefan, Nacho, Dani, M.Breo, Iván Rojo, Lorenzo, Nico. Tamén xogaron: Julián, Marcos Pensado, Méndez.
  • Goles: 1-0,m .16: Espi tras xogada con Iván Pastoriza; 2-0, m.23: Adrián García tras deixada de Espi; 2-1, m.44: Iván Rojo; 2-2, m.49: Iván Rojo de penalti.

Partido condicionado polo e vento, e por unha arbitraxe protestada polos locais. Arrancou mellor o Castriz, esperando e saíndo á contra con perigo ante unha UD que intentaba mover o balón e entrar por banda. Pero en 2 roubos e e saídas rápidas 2-0 para o Castriz. Espi e Pastoriza puideron sentenciar na primeira metade, antes de que a expulsión do central Carlos por doble cartón aos 34 minutos, marse o partido. Ademais, os xalleiros, que seguen tendo problemas de efectivos, sufriron na primeira metade as lesións de Brais Sendón e Chiki, que tiveron que ser substituídos por Alvarito (porteiro habitual) e Adrián Prol, que leva varios anos sen xogar, e que tivo que xogar máis dunha hora.

Antes do descanso Iván Rojo recurtaba, e xusto ao comezo da segunda metade, un penalti permitíalle empatar. O partido volveuse bronco e a bancada volcouse en contra do colexiado. No terreo de xogo o Cerqueda dominaba algo máis pero non houbo chegadas claras.

 

Cee - Coristanco (2-4)

  • Cee: Carlos, Borja, Leandro, Josiño, Coté, Chema, Patera, Brais Rey, Eze, Bruno e Leo. Tamén: Iago e Martín.
  • Coristanco: Rubén, Álvaro, Rubio, Pazos, R, Jose, Dani, Villajos, Castiñeiras e Corral. Tamén: Raúl, Casas e Adrián.
  • Goles: 0-1, m.20: Villajos; 0-2, m.57: Corral; 1-2, m.60: Leo; 1-3, m.65: Villajos; 1-4, m.70: Dani; 2-4, m.88: Leo.

Mal partido dun Cee que non foi capaz de quitarle a iniciativa a un bo Coristanco nin co vento a favor. O cadro de Juni fixo un dos mellores partidos da temporada, e se colocaba por diante á segunda ocasión de Villajos (se a primeira petaba no pau, a sgeunda colábase pola escuadra).

A volta de vestiarios, co aire a favor, xogouse practicamente en campo do Cee todo o encontro. Corral facía o segundo tras unha xogada por banda. Reaccionaba o Cee e Leo aproveitaba un rexeite dun balón ao pau para recortar distancias. Pero en 10 minutos Villajos e Dani, dende a frontal, sentenciaban o choque. Leo maquillaba o resultado no treito final.

 

Esteirana - Corme (4-1)

  • Esteirana: MJ (Fernando, m.90), Simón (Adri, m.36), Tobío, Dani Corniños (Pablo Fdez, m.63), Dani Rama; Álex Rama, Pablo Rama (Xián, m.79), Samuel, Raúl, Carajillo e Elías Riso (Pachi, m.85).
  • Corme: Suso, Aitor (Samu, m.63), Alejandro, Toniño, Javi Peón (Pandi, m.71); Brais Corral, Lucas, Sergio Sueiro, Adrián Doldán (Jesús, m.67), Manu Bermúdez (Dani Casal, m.63) e Alejo.
  • Goles: 1-0, m.20: Raúl; 2-0, m.48: Raúl de penalti; 3-0, m.60: Raúl; 4-0, m.67: Álex Rama; 4-1, m.81: Dani Casal.

Alex Rama e Lucas co trio arbitral no Esteirana-Corme-Foto-Fin Lema
Alex Rama e Lucas co trio arbitral no Esteirana-Corme-Foto-Fin Lema

Partido vibrante no Xosé Luís Vara cun nome propio: Raúl Lestón, autor de 3 goles que colocaba á Esteirana líder da táboa, tras unha perfecta execución do plan de Geno. A Esteirana estivo na primeira metade estivo mellor posicionada, ben armada atrás aproveitando o vento a favor, buscando balóns ás costas da defensa. Suso tivo que salvar unha de Elías, pero non puido co primeiro de Raúl á saída dun córner. O Corme non conseguía ter a pelota con tranquilidade, pero no segundo tramo da primeira, trala lesiónde Simón, conseguiron estirarse e mesmo Sueiro tivo un bo remate no segundo pau.

A segunda comezaba cun penalti de Toniño a Elías, que gañaba a posición por velocidade, e que transforma Raúl no segundo tanto. A raíz do gol, o Corme metíu máis xente por dentro, obrigando á Esteirana a armarse ben atrás. Aí, Lucas de falta e nunha xogada proba a MJ para intenatr meterse no partido. Pero noutro balón ás costas da defensa, e aproveitando a velocidade dos Carajillo e Elías, Raúl fai o terceiro de falta. O Corme tiña máis o balón pero nunha transición rápida Alex Rama fai o cuarto, pola escuadra con algo de sorte tras tocar nun defensa. Alejo tívoa nun man a man con MJ pero este despexou a córner, e foi Dani Casal, cun tiro pola escuadra, o único capaz de ver porta para os de Lelo.

 

Buño - Cabana (2-4)

  • Buño: Brais, Fran, Castro (Martín Castro, m.52), Josiño, Martín, Varela, Simñon, Bastón (Elías, m.52), Fabi (Alesander, m.59), Adrián Rama e Juan Antelo.
  • Cabana: Víctor, Aarón Rubén, Raúl, Duda (Castro), Pablo Senande, Diego Cacha (Stiven), Manolo (Fernando Rey), Moreno, Sergio, Raúl Corzón (Simón).
  • Goles: 0-1, m.9: Raúl; 1-1, m.21: Fabi; 1-2, m.37: Moreno de penalti; 1-3, m.42: Raúl; 1-4, m.67: Moreno; 2-4, m.70: Juan Antelo de penalti.

Partido de vida ou morte en Xaviña. Empezaba moi parello o partido, cun Cabana presionando moi arriba, e un Buño que conseguía meterse na área contraria cun balón de Juan Antelo que salvaba Víctor. Na seguinte xogada Raúl remataba de cabeza para abrir o marcador a prol dos cabaneses. Reaccionaba o equipo de Mauro, dando un paso adiante e empatabado por medio de Fabi coa axuda dun defensa. Eran momentos de toma e daca, co Cabana que seguía presionando arriba, e nunha xogada na área, o colexiado ve penalti e Moreno adianta de novo aos de José Manuel. Fixo dano ese tanto no cadro oleiro, que vía como o propio Raúl facía o terceiro aproveitando un rexeite a unha boa parada de Brais.

Na segunda, o Buño, co vento a favor, intentou subir liñas pero o Cabana estaba moi seguro atrás e sacando contras con perigo. Foi a balón parado como Moreno facía o cuarto, sentenciando o partido, e só dende os 11 metros recurtaba Antelo no treito final.

 

Todas as crónicas de 2ª Galicia.

 

Todas as táboas en www.futboldacosta.com

comentarios