3ª FUTGAL: Unha xornada para Mikel

O SD Oza saíu ao campo co nº2 do xogador carballés do CD Nantón, Mikel

Xornada marcada polo accidente grave de Mikel, xogador do Nantón, na noite do venres, que provocou o adiamento do choque do cadro cabanés en Muxía B. O carballés segue na UCI, e todo o fútbol costeiro envíalle ánimos para conseguir superar este desafío.

No deportivo, o Coristanco volveu demostrar que está un paso por diante, pero o Oza recuperou o camiño da vitoria tras dúas derrotas consecutivas. Seguen tamén no grupo de cabeza Cee e Cerqueda, que se enfrontaban no Sampaio con vitoria apurada para os locais.

Por detrás, o Pereiriña non puido cun Volantes capaz de todo, e completa a Promoción o Seaia, que conseguiu vencer ao Baíñas.

Inter Brens - Coristanco (0-5)

  • Inter: Ema, Diego, Leo, Javichu, Rubén, Iker, Fabián, Santi Agulleiro, Juan Lagoa, Torices e Romero. Tamén: Leo, Evaristo, Ferreiro, Kevin Díaz e Costa.
  • Coristanco: Villajos, Gabri, Joni, Borja, Pablo Sabucedo, Matteo, Jairo, Pablo Pose, Dani Casti, Kevin e Andy. Tamén: Roberto, Lou, Diego Castro, Martín e Xoel.
  • Goles: 0-1, m.8: Pablo Pose; 0-2, m.10: Pablo Pose; 0-3, m.40: Jairo; 0-4, m.57: Pablo Pose; 0-5, m.63: Pablo Pose.

Partido impecable deste Coristanco que vén moi en serio e que tralo empate da pasada semana ante o Baíñas volveu vencer e convencer, levando xa 9 partidos sen coñecer a derrota. Os de Adrián Lema foron superiores en todas as facetas, e non permitiron nin unha chegada a portería dos ceenses, e noin baixou a intensidade en ningún momento, puideron ter marcado algún tanto máis. Con todo, 4 tantos de Pablo Pose para seguir no liderato.

Baíñas - Seaia (2-4)

  • Baíñas: David C., Samu, Fabchas, Estiven, Manu, Leo, Esteban, Fandi, Crisca, Ibra e Ruli. Tamén: Fabián, Darío, Chavico, Dani e Edu.
  • Seaia: Piña, David, Alex Mato, Martín Costa, Noel, Diego, Edu, Manu Castro, Rafa, Juni, Manu Castro. Tamén: Anxo, Marcos, Iván Caamaño, Alex García, Nico.
  • Goles: 1-0, m.5: Fandi; 1-1, m.7: Juni; 1-2, m.21: Alex Mato; 1-3, m.27: Simón; 2-3, m.70: en propia; 2-4, m.88: Alex García.
Esteban, capi do Baíñas, e Alex Mato, do Seaia, co colexiado David Cancela. Foto: CD Baíñas

O Irmandiño acolleu un partido moi intenso entre o C.D. Baíñas e o Sporting Seaia C.F., con ambos equipos loitando por un posto na fase. O encontro comezou con moita emoción. Aos 6 minutos, Fandi adiantou ao Baíñas cun gol desde fóra da área tras un saque de esquina. Apenas un minuto despois, Juni empatou para o Sporting Seaia (1-1) e, a partir de aí, o equipo visitante foise facendo co control do partido.

No minuto 21, Alex M. puxo por diante ao Sporting Seaia (1-2) e no 27’, Simón fixo o 1-3, aproveitando os mellores minutos do equipo visitante, que xogou con máis intensidade durante a primeira metade.
Na segunda parte, o Baíñas tentou reaccionar. A pesar da expulsión de Samu por dobre amarela, o equipo local recortou distancias no minuto 70 cun gol en propia porta do Sporting Seaia (2-3) e tivo ocasións para empatar. Tamén o Sporting Seaia dispuxo de ocasións claras nesta segunda metade.

Nos últimos minutos, Alex G. marcou o 2-4 que sentenciou o choque. Xa no desconto, o Baíñas quedou con outro xogador menos, rematando con nove sobre o campo.
Foi un encontro intenso e de ida e volta, no que o Sporting Seaia dominou a primeira metade, mentres que o Baíñas mellorou na segunda, mantendo o duelo emocionante ata o final.

Buño - Laxe (3-3)

  • Buño: Lamas, Alan, Isaac, Eloy Trigo, Jorge Calvete, Brais Fraga, Hugo, Nantón, Adrián Pose, Martín, Andrés. Tamén: Aguiar, Sergio, Javi Facal, Dani e Alexis.
  • Laxe: Jacobo, Darío Mira, Dani Riegía, Pablo Barreiro, Pedro Lema, Adrián Cundíns, Izan, Bieito, Djamel, Leo e Santi Casás. Tamén: Roi Toja, David Gándara, Elías, Ramoelson e Martín Andrea.
  • Goles: 1-0, m.2: Brais Fraga; 1-1, m.28: Adrián Cundíns nunha xogada a balón parado; 2-1, m.32: Brais Fraga remacha un centro de Isaac; 2-2, m.40: Santi Casás a balón parado; 2-3, m.76: Djamel de penalti sobre Pedro; 3-3, m.79: Eloy Trigo de penalti.

Mal partido, a pesar dos goles, con moito balón arriba, moitas imprecisións e poucas ocasións, sendo as xogadas a balón parado as protagonistas. Alternativas no marcador, primeiro co Buño por diante, pero na segunda o Laxe que estivo frouxo defensivamente, conseguía colarse por diante e mesmo puido sentenciar á contra, pero o Buño conseguir empatar cun polémico penalti, se ben despois do empate aínda pediu outro.

”Foi un partido moi malo, a verdade. Case que nos debían quitar os dous puntos aos dous equipos”, recoñece Pablo Mallón con retranca.

Volantes - Pereiriña (2-1)

  • Volantes: Víctor, Miguel León, Manu Fontenlos, Iago, Marcos Gosende, Aarón, Alex Louro, Jordy, Javi, Iván Senande, Raúl París.
  • At. Pereiriña: Xacobe, Cartamil, Oca, Estebo, Adán, Pablo, Gabri, Abel, Maelo, Oli e Víctor Agulleiro. Tamén: Xabi, Martin e Antonio.
  • Golres: 1-0, m.60: Edu; 2-0, m.85: Edu; 2-1, m.88: Oli de penalti.

Dominou o Volantes na primeira metade, pero sen demasiada claridade, máis que unha falta botada ao longueiro. Na segunda melloraban os de Julito, pero Diego Oca era expulsado a pesar das protestas visitantes. Pouco despois o Volantes se metía por diante. Pediron tamén expulsión por unha falta sobre Víctor cando se prantaba diante de Víctor, pero o colexiado deixouno en amarela. Os laranxas aproveitaron outra chegada, e xa no desconto, Oli recurtaba dende os 11 metros, pero sen tempo para empatar.

Cee - Cerqueda (2-1)

  • Cee: Jorge, César, Diuock, Munitis, Dani Fontaíña, Carlos, Xián, Josiño, Fidalgo, Pablo e Jonathan. Tamén: Manuel, Matteo, Rober e Marco.
  • Cerqueda: Héctor, Marcos Pensado, Dani Riexía, Samu Amado, Hugo Fraga, Juans, Schuster, Eloy Santos, Mario e Fabián. Tamén: Brais, Cesáreo, Uxío, Aitor e Iván Rey.
  • Goles: 1-0, m.16: Xián; 2-0, m.27: Xián; 2-1, m.53: Juan Rivera.

Mellor primeira metade do Cee que en dúas presións arriba conseguían roubar na saída de balón visitante, meter un balón ás costas para que Xián puxese distancia no marcador. Melloraron aí os de Gurita a pesar da lesión de Eloy, que estaba a ser un dos mellores entrando ben por banda, pero non recurtaron.

Na segunda, o Cerqueda meteu atrás ao equipo de Rafa, conseguindo recurtar pronto de córner. Quedan máis media hora por diante e o Cee soubo aguantar ben a pesar de que o Cerqueda mandou dous balóns á madeira.

Oza - Camelle (5-0)

  • Oza: Benji, Marcos Carro, Brais Bolón, Raúl, Iago Landeira, David, Miguel, Eloy, Hugo Fraga, Salah, Nachete. Tamé: Adrián Gorgán, Alex Vázquez, Juan Lagoa, Iker, Fernando.
  • Camelle:
  • Goles: 1-0, m.42: Nacho; 2-0, m.52: David; 3-0, m.54: Nacho; 4-0, m.56: Eloy; 5-0, m.74: Nacho.

Necesitaba volver á boa dinámica de resultados o Oza tralas dúas primeiras, pero seguidas, derrotas. En fronte o Camelle, que comezou aguantando ben o dominio local, que non acababa de finalizar, ata que Nacho abría a renda antes do descanso.

Tres goles tras presión arriba ao comezo da segunda mataron o partido. Destacar que no Oza debutou o porteiro xuvenil Adrián Gorgán, xogando 15 minutos, e a familia carballesa envía tamén un forte alento de ánimo ao seu veciño Míkel.

ç

SD Oza dedicando a vitoria a Mikel

Todas as crónicas da 3ª FUTGAL

Máis información