luns. 24.11.2025
El tiempo

3ª FUTGAL: Baíñas e Seaia frean a Coristanco e Oza e apretan a táboa

Captans do Bainas e do Coristanco
Capitáns do Baiñas e do Coristanco co árbitro Carlos Señarís
3ª FUTGAL: Baíñas e Seaia frean a Coristanco e Oza e apretan a táboa
3ª FUTGAL: Baíñas e Seaia frean a Coristanco e Oza e apretan a táboa

Aprétase a parte alta da táboa tralo empate do Coristanco ante o Baíñas, e a derrota do Oza, de infarto, en Pedra Queimada. O líder, que chegaba con 8 vitorias en 8 partidos, non pasou do empate sen goles ante a visita do Baíñas, inmerso na loita pola promoción, como o Seaia, que sacou unha vitoria de gran mérito ante o Oza, que suma dúas derrotas seguidas ante a da pasada semana co propio Coristanco.

Métese o Cerqueda, que non fallou ante o Muxía B, por diante do Oza, no segundo posto de ascenso directo, co Cee e o Pereiriña moi arriba, partindo aí lixeiramente a clasificación, e deixando a outros 6-8 equpos pelexando pola 6ª praza de promoción.

Nantón - Lira (2-2)

  • Nantón: Álvaro, Mikel, Adri Abelenda, Fran Torres, Xoel, Carlos Vidal, Amado, Bembe, Dany Añon, e Iago Torres. Tamén: Dani Andrade, Alex López, Aarón, Kevin e Dani Castro.
  • Lira: Aitor, Xurxo, Christian, Carlos, Ramñon, Iago, Alexandre, Xabi, Miguel, Iván París e Alexander. Tamén: Adri Brea, Cristian, Hugo, Otero e Javi.
  • Goles: 0-1, m.27: en propia; 1-1, m.51: Bembe; 2-1, m.78: Iago Torres; 2-2, m.92: Alexander.

Partido de idas e voltas, que tivo ao Nantón na primeira metade algo máis de control, pero sen demasiada claridade. Era o Lira de Óscar Leis o que se adiantaba nunha xogada a balón parado que remata Bembe á súa portería. Houbo aí un par de chegadas á áreas tendo que aparecer Aitor nunha boa ocasión dos cabaneses.

Na segunda saíron os de Adrián Varela moito máis metidos, apretando e empatando de contado noutra xogada a balón parado no que un intento de remate de chilena convírtese nunha asistencia para que Bembe se resarcise e fixese o empate. Eran bos minutos dos locais, que tiveron que facer a aparecer a Aitor antes de que Iago Torres fixese o segundo nunha xogada individual. Cando parecía que o partido quedaría así, nunha imperdoable conta, Alexander vaise dende o medio campo e forza unha falta e expulsión. Co equipo liracho envorcado, nunha boa xogada, o punta brasileiro define para facer o empate.

Laxe - Pereiriña (1-2)

  • Laxe: Jacobo, Darío Mira, Pablo Barreiro, Ramoelson, Pedro, Adrián Cundíns, Izan, Bieito, Brais, Djamel e Santi Casás. Tamén: Rodri, Dani Reigía, David Gándara, Darío Martínez, Martóin Andrea.
  • At. Pereiriña: Xacobe, Eloy, Cartamil, Oca, Estebo, Hugo, Gabi da Anchoa, Maelo, Abel, Oli e Víctor Agulleiro. Tamén: Xabi, Jose, Antonio e Javi Calo.
  • Goles: 0-1, m.48: Gabi da Anchoa; 1-1, m.88: Adrián Cundíns; 1-2, m.92: Abel remacha un pase da morte de Víctor.

Partido de infarto entre un Pereiriña que vai pelexar por todo, e un reforzadísimo Laxe. Foi un choque sen control claro, cunha primeira metade máis sosa, máis dominada polos de Manu Saleta que tiveron varias ocasións pero que non estiveron acertados.

Arrincaba a segunda cun golazo de Gabi da Anchoa. O choque igualábase e o Laxe comezaba apretar, ata que a 2 do final conseguía empatar nunha xogada de varios rexeites por medio de Cundíns, unha das novas fichaxes do cadro laxeiro. Aínda creu na vitoria o equipo de Julito que se foi arriba no desconto, e cun pase da morte do corcubionés Víctor, Abel remacha a gol.

Camelle - Buño (3-3)

  • Camelle: Ángel; Raiku, Maikel, Hucho, Martín; Ruso (Jorge), Dido (Marcotiño), Josiño, Gaby (Lucas D.), Lucas P. e Chan.
  • Buño: Ángel, Regueira, Isaac, Eloy Trigo, Jorge Calvete, Hugo, Adri Pose, Brais Fraga, Martín Nantón, Andrés e Martín. Tamén: Aguiar, Sergio, Javi Facal e Alexis.
  • Goles: 0-1, m.11: Isaac; 0-2, m.16: Adrián Pose; 1-2, m.44: Lucas de penalti; 1-3, m.48: Adrián Pose; 2-3, m.53: Marcotiño; 3-3, m.95: Hucho.

Primeira parte dominada polo Buño, na que nas 2 primeiras chegadas os de Pablo Mallón marcarian 2 goles. Tiveron aí bos minutos os oleiros, pero non acertaron e a falta de pouco tempo para o descanso, os de Sergio recurtaban de penalti e case empatan o choque.

Comezaria a segunda parte como a primeira, con gol rápido dos visitantes. E volta a empezar. O Camelle comezou a dominar, poñendo pronto o partido 2-3. Quedaba media hora e o choque estaba quente. O Camelle intentábao e o Buño buscaba algunha contra e algo a balón parado. E xa no desconto, nun remate de corner os camelláns porían o empate no marcador do Rodeiro.

Coristanco - Baíñas (0-0)

  • Coristanco: Roberto, Joni, Borja, Pablo Sabucedo, Lorenzo, Benxa, Jairo, Pablo Pose, Kevin, Andy e Lou. Tamén: Villajos, Gabri Pena, Mateo, Martín e Rodri.
  • Baíñas: David C., Samu, Fabichas, Estiven, Manu; Leo, Esteban, Fandi, Santi, Crisca e Ruli. Tamén: Fabián, Gus, Chavico, Dani e Ibra.
11 do CD Baiinas que empatou co Coristanco
11 do CD Baíñas na Rocheira

O encontro entre o SD Coristanco e o CD Baíñas rematou cun empate sen goles, nun partido moi igualado no que ambos conxuntos puideron levarse a vitoria. A primeira metade estivo marcada pola intensidade local. O Coristanco empuxou con forza e chegou con perigo, enviando dous remates ao pau, pero atopouse cun CD Baíñas moi serio atrás. O equipo visitante estivo moi sólido defensivamente, ordenado e intenso, conseguindo aguantar todas as embestidas e marchando ao descanso co 0–0.

Na segunda metade, igualáronse. O Coristanco estrelou un remate no largueiro, mentres que o CD Baíñas dispuxo dalgunhas ocasións para sorprender. A máis clara chegou nun lanzamento directo de falta de Fandi, que acabou no poste, levantando a emoción na bancada visitante. Nos tramos finais, o Baíñas soubo aguantar moi ben, defendendo con orde e esforzo para sumar un punto de mérito.

Seaia - Oza (2-1)

  • Seaia: Isaac, David, Marcos, Alex Mato, Martín Costa, Noel, Edu, Manu Castro, Simón, Rafa e Juni. Tamén: Anxo, Brais Villar, Iván, Diego e Pablo Caamaño.
  • Oza: Benja, Marcos Carro, Brais Bolón, Alex Vázquez, Raúl, Nacho Pose, Iago Lavandeira, Miguel, Fernando, Hugo Fraga e Salah. Tamén: Juan Lagoa, Saad, Eloy, David, Roberto.
  • Goles: 1-0, m.43: Juni; 1-1, m.85: Salah de cabeza; 2-1, m.100: Pablo Caamaño.

Segunda derrota do Oza consecutiva, desta volta ante un aguerrido Seaia, que comezaba aguantando a intensidade dos carballeses. Houbo chegadas nas dúas áreas, como unha de Raúl e Nacho para o Oza e Noel para o cadro de Manu Cancela. E rondando o final da primeira parte, un balón de Noel ás costas da defensa, deixa a Juni, un dos mellores dianteiros da liga, para abrir o marcador no man a man ante Benjamín.

Na segunda metade o Seaia deu un paso atrás, e os de Michel foi apretando pouco a pouco. O choque mantiña a intensidade a tope e houbo ocasións para os dous lados, ata a 5 do final, Salah mete de cabeza. O cadro carballés collía o balón para buscar o segundo, e meteu ao Seaia na súa área aínda no longo desconto, tendo mesmo un penalti por mans que Isaac, que estaba facendo un partidazo, lle paraba a Hugo.

Xusto despois, nese saque de esquina, despexa a defensa locais e o balón quédalle en carreira ao veterano Pablo Caamaño, que aos seus 45 anos, ve o porteiro adiantado e marca de vaselina desde medio campo. Como se quitou a camiseta ao celebralo —era o último minuto— acabou expulsado, pero quedaba só un minuto e o árbitro pitou o final.

Familia do Sporting Seaia trala vitoria
Familia do Sporting Seaia trala vitoria

Cerqueda - Muxía B (4-2)

11 da UD Cerqueda en Xavina

  • Cerqueda: Héctor, Marcos Pensado, Dani Reixía, Samu Amado, Hugo Fraga, Iván Rey, Mario, Eloy Santos, Juan, Schuster e Brais Costa. Tamén: Andrés, Fabián, Uxío, Diego e Aitor.

11 do Muxia CF B en Xavina

  • Muxía B: Miguel Toba, Damián Soneira, Kevin, Iván Sambad, Eloy Sambad, Adrián Baamil, Noé, Julián, Furelos, Papin e Martín. Tamén: Aitor, Prieto e Damián Trillo.
  • Goles: 0-1, m.16: Iván Sambad; 1-1, m.26: Juan; 2-1, m.28: Iván Rey; 3-1, m.36: Brais Costa; 3-2, m.51: Noé; 4-2, m.85: Schuster.

Bo partido do filial muxián que comezaba metendo en apuros a todo un Cerqueda, que tivo que recibir o primeiro para espertar. Tivo aínda o cadro de Congui o 0-2, pero en 15 minutos de páxara corviña, o equipo de Gurita se colocaba 3-1. <&/p>

Volveu apretar o filial na segunda, recurtando pronto e meténdose no partido, apretando e tendo ocasións para empatar. Pero a 5 do final, unha boa falta sacada por Xuster sería rematada por Diego en boca de gol para sentenciar a vitoria local.

Cee - Volantes (4-0)

  • Cee: Jorte, César, Diouck, Munitis, Fontaíña, Carlos, Xián, Jose, Keko, Pablo e Jonathan. Tamén: Manuel, Matteo, Joel, Rober e Marco.
  • Volantes: Víctor, Miguel León, Edu, Fontenlos, Alex Louro, Marcos, Jordy, Iván Senande, Javi, Aarón e Raúl. Tamén: Guille, Adri Tajes, Maceiras e Óscar Calo.
  • Goles: 1-0, m.14: Pablo; 2-0, m.32: Jonathan; 3-0, m.37: Jose; 4-0, m.77: Keko.

Comezaba o Volantes dominando e tendo algunha ocasión e ata 4 mans a mans. Pero en fronte, o Cee está de doce sumando o seu 5º partido sen perder, e a cada chegada, gol. Así marchaban 3-0 ao descanso, matendo a vantaxe nunha segunda metade de control a base de balón, ante un Volantes que non foi quen de meter risco ao choque.

Todas as crónicas da 3ª FUTGAL

Máis información

Comentarios