A Xornada: análise dos posibles descensos e dos 16º de final da Copa

00:04 07/05/18
Vanse aclarando as cousas, e algunha vaise complicando co paso das xornadas. Non queda nada, e vamos a facer unha análise detallada de como está a situación, sobre todo en canto a descensos se refire, para que poidades ver se o voso equipo está en problemas ou non.
O conto empeza a torcerse na Segunda B. A falta de 1 só partido, hai 3 equipos galegos en descenso directo, máis un cuarto, o Pontevedra, en claro risco de promoción. A debacle pode ser das que fan época, coa posibilidade deses 4 descensos. As esperanzas céntranse en que o Fabril gane en Toledo e lles bote unha man a algún dos galegos. Mínimo haberá 2 descensos.
En 3ª a cousa está algo máis lixeira. Con Noia e Negreira virtualmente descendidos, a atención céntrase no Laracha, que ten certas posibilidades de salvación. Agora mesmo ocupa o 3º posto de arrastre, e vencendo na última xornada en Vilalba pode ascender ata o 4º posto de arrastre, que prácticamente os deixaría fora de perigo. Recemos por un triunfo larachés.
En Preferente Norte, todavía hai moito que pelexar. O Dumbría deixou escapar unha oportunidade de ouro ante o Arzúa no Conco. Adiantouse no marcador pero no aguantou a vantaxe e agora mesmo está en posición de descenso directo, a 5 puntos dunha posible salvación con 9 en disputa. A SD Sofán, máis centrada na copa, ten 7 puntos de vantaxe máis o average, co que non debe ter problemas, e o Xallas, co seu empate ante o Betanzos, está matemáticamente salvado.
Na 1ª Galicia o Baio dou un paso case que definitivo para a salvación coa súa vitoria ante o Riveira. Sen embargo o Fisterra dou un paso atrás, está igualado co Tordoia no posto de descenso que propiciaría o Dumbría se baixa, e ten un calendario moi difícil. O San Lorenzo descendeu matemáticamente á Liga da Costa, co cal arrastraría ó Outes se o Mazaricos non ascende na Promoción. Curiosamente o posible descenso do Fisterra ten en vilo ó seu eterno rival, o Cee.
E na Copa da Costa, déronse resultados lóxicos. Pasaron os favoritos, e nas eliminatorias máis igualadas o Cerqueda eliminou ó Buño no derbi, e o Camariñas fixo o propio co Monte Louro. O Seaia tivo contra as cordas ó Zas, e o Nantón opuxo boa resistencia en Corme. Aquí vos deixamos os partidos da xornada copeira dominical.
MUXÍA C.F. 2 - VOLANTES DE BAÑO F.C. 2
0-1 6´Rapante 1-1 21´Martín 1-2 44´Rapante 2-2 78´Manu Nogueira
CORME C.F. 3 - C.D. NANTÓN 1
1-0 34´Brais Torrado 1-1 53´Carlos Vidal 2-1 66´Doldán 3-1 83´Alejo
CAMARIÑAS F.C. 3 - U.D. MONTE LOURO 0
1-0 45´Soule 2-0 46´Brandon 3-0 59´Soule
S.D. CASTRIZ 0 - S.D. CORISTANCO 1
0-1 60´Cristian
SP. SEAIA 1 - SP. ZAS 0
1-0 25´David Pérez
BUÑO S.D. 2 - U.D. CERQUEDA 3
0-1 10´Méndez 0-2 16´Méndez 1-2 35´Zinho 1-3 38´Manu Guillamet 2-3 78´Jorge Calvete
CAMELLE S.D. 3 - S.D. ESTEIRANA 5
0-1 13´Josiño 0-2 18´Josiño 0-3 23´Josiño 0-4 39´Campos 1-4 70´Mario 2-4 73´Pablo 3-4 86´Varu 3-5 89´Iker
CABANA S.D. 1 - PUENTECESO S.D. 2
1-0 19´Isma 1-1 31´Christian 1-2 77´Yago

