Arliña acollerá as finais da #CopadaCosta 2024
27 de maio de 2024 (21:11 h.)
- Os cadros en www.copadacosta.com.
Xa temos horarios e campo para as finais da #CopadaCosta!
As dúas celebraranse no Campo de Arliña, Muxía, un dos míticos feudos do noso Fútbol costeiro, e seguro que cunha organización de 10 da man do CF Muxía
- Pola mañá, ás 11:30h, final da Copa da Costa FEM entre CF Dumbria e Xallas F.C.
- Pola tarde, ás 17:00h, final da Copa Masculina entre Dumbría e Porteño CF .!