Sábado. 27.07.2024
El tiempo

O Dumbría supera ao Ponteceso e será finalista da Copa da Costa

Dumbria CF a final da Copa da Costa 2024
O Dumbría CF, celebrando o pase á final da Copa da Costa 2024
O Dumbría supera ao Ponteceso e será finalista da Copa da Costa

Despois da histórica tarefa do Porteño, o Dumbría certificou este domingo o seu pase á final da Copa da Costa 2024. O cadro de Pablo Conde superou, tralo 1-2 da ida no Pinguel, de novo ao Ponteceso no Conco, e partirá como favorito na final do vindeiro domingo 2 de xuño (campo aínda por determinar).

Dumbría - Ponteceso (2-0)

  • Dumbría: Anxo, Kanario, Pablo Paz, Brais, Alex Sánchez, Baba, Miller, Mataso, Lucas, Raúl e Dani Chao. Tamén: Alex Sensón, Antón Pose, Rivi, Alex, Gabi Goyes, Adrián Periscal e Carlos.
  • Ponteceso: Damián, Cotelo, Eloy Trigo, Pedro, Luca, Ángel, Mendieta, Javi Souto, Iván Rod., Martín Puente e Eloy Álvarez. Tamén: Samuel, Ures, Juan Rey, Neira, David Castro e Raúl.
  • Goles: 1-0, m.30: Lucas Toba; 2-0, m.93: Dani Chao.
Capis do Dumbria e Ponteceso co trio abritral
Capis do Dumbria e Ponteceso co trío abritral

Partido moi disputado no Conco, no que outra vez o Dumbría fixo valer a parte física sobre a técnico-tactica. Poucas oportunidades de parte a parte. Os locais aproveitaban un erro dos pontecesáns para adiantarse e a partir de aí controlaron ben a súa portería impedindo que o Ponteceso metese perigo. Xa ao final puxeron a sentencia definitiva co 2-0 obra de Chao.

Máis novas

Comentarios