Dumbría e Xallas disputarán unha máis que viva final da Copa da Costa FEM

Fantásticos ambientazos no Cairo e no Conco para ver as semis da Copa da Costa FEM. Os equipos femininos demostraron que a maxia da Copa non entende de xéneros e viviron dúasgrandes festas do Fútbol da Costa. Mandou o fútbol, e os equipos favoritos fixeron cumplir os pronósticos, deparando unha fermosa final para a vindeira semana entre Dumbría e Xallas.

Corme - Xallas (0-2)
- Corme: Lucía; María, Laura (Natalia), Aroa, Irene, Vero; Olalla, Ana (Mónica), Carla, Cris e Nerea (Ana).
- Xallas: Rosío, Carla, Alicia, Saskia, Andrea Barbeira, Andrea Otero, María Rial, Noe, Yasmina, Olalla e Michelle. Tamén: Yaiza, Inés, Paula, Laura e Claudia.
- Goles: 0-1, m.65: Noelia de falta dende moi lonxe por riba; 0-2, m.90: Claudia.
Notouse a diferencia de categoría no Cairo, pero así e todo demostrouse que a Copa da Costa é pura maxia. O Corme chegaba coa baixa da meta Belén, que non se perdera ningún partido en toda a Liga, tendo que poñerse Lucía baixo paus. As de Rubén Souto saían moi xuntiñas, tratando de vixiar de preto a Olalla e Yasmina. As cormelás, conscientes da superioridade xalleira, intentaban gardar a meta a 0 o maior tempo posible intentando facer que lle entraran as presas ás de Rupper, que non sufrían para nada na zona de atrás gracias a unhas centrais inconmensurables, que permitían que Rosío apenas tocase o balón.
Na segunda o Xallas metiulle un ritmo máis elevado ante un Corme que non se descompuña. Chegado o m.65, unha falta dende moi lonxe de Noelia aproveitaba a inexperiencia baixo paus de Lucía para colarlla por arriba. O Corme tivo que estirarse pero o Xallas soubo manexar os tempos do partido, co balón e conseguindo sentenciar na última xogada do choque.
Dumbría - Camariñas (3-0)
- Dumbría: Lissette, Noa, Paula Carril, María, Reyes, Sabela, Eva Lema, Claudia, Maria, Paula Fandiño, Kelly. Tamñen. Laura, Lucía, Juliette Yoli e Lara.
- Camariñas: Karen, María Mouzo, Aurífero, Rosana, Rocío, Elena, Paula Mouzo, Laura, Nuria, María e Lara. Tamén: Desiree, Ainoa, Diana, Sarai e Leti.
- Goles: 1-0, m.65: Claudia; 2-0, m.66: Eva; 3-0, m.75: Paula Carril de penalti.

Demostrou o Camariñas a súa tremenda melloría ao longo deste o seu ano de debut. as de Cabrejo e Pepucho se prantaron nas semis da Copa ante todo un Dumbría, recén campión da Liga da Costa e novo equipo da 2ª. E puxo oposición durante máis dunha hora, cando o Dumbría conseguíu romper o partido.
O Dumbría de Santi dominaba con comodidade, tendo varias ocasións, pero algo precipitadas no último pase. Aguantaban as camariñás cun gran facer defensivo.

Na segunda metade, non lle colleron as presas ás locais, e no ecuador conseguían marcar dous goles seguidos, cos que afrontaron os últimos 20 minutos con tranquilidade, ante un Camariñas xa canso que non conseguíu meterlle medo ao poderoso cadro dumbriés-
