Martes. 07.05.2024
El tiempo

Así chegan os 4 equipos á volta das semifinais da Copa

Sofan-Xallas Copa da Costa
Imaxe do Sofán-Xallas da ida. Foto: Luís González
Así chegan os 4 equipos á volta das semifinais da Copa

Chega un dos grandes momentos da temporada. Xa coa VIII Gala do Fútbol da Costa - QPC no horizonte (celébrase, coma sempre, na previa da final da Copa, desta volta en Corcubión), temos domingo de Semifinais da Copa da Costa.

4 auténticos equipazos, probablemente os mellores ao longo da temporada, afrontan o desafío de colarse nunha nova final, nunha nova festa do fútbol costeiro.

Xallas - Sofán (19:30h) (1-1 na ida)

O Xallas (o rei de Copas con 8 títulos e 2 subtítulos), recine en Fontenla a un Sofán que chega con moitas gañas de alzarse co seu primeiro título. O cadro carballés chega no mellor momento da súa historia e como o mellor equipo de todo o Fútbol da Costa nestes anos, e quere refrendar o seu papel de favorito cun claro triunfo despois do apretado 1-1 da ida.

”Imos coa máxima ilusión posible, sabendo que será un partido complicado”, sinalan dende o club carballés. “Xa nolo puxeron complicado no partido de ida, o Xallas é un equipo moi bo. “No capítulo de baixas non o faremos saber ata o último momento porque temos varios xogadores tocados de molestias e ata o adestramento do venres a última hora non sabemos nada”.

Pola súa parte, o míster xalleiro Adrián Vázquez, explica que “esperamos un partido mais aberto e de ida e volta que o da semana pasada, xa que as dimension do campo condicionaron moito o xoga no partido de ida. Espero un partido igualado que se decidira en detalles, e confiar en seguir a dinámica da segunda volta da liga como local onde fomos moi fortes”.
De calquera xeito, recoñece que “o peor son as baixas xa que chegamos moi xustos a esta recta final. Temos varios xogadores con molestias: Doro, Stefan, Diego que aver si dan chegado; e despois Fidi, Ruben e Alex Blanco que xa non participaron nin na recta final de liga nin na copa. A tempada estase facendo longa para unha plantilla corta como a nosa pero esperamos facer un ultimo esforzo para poder disfrutar da final de unha competicion tan bonita”.

Dumbría - Baio (17:00) (1-0 na ida para o Baio)

O Dumbría, con 4 títulos, e dous subcampionatos copeiros, partía como favorito nesta semifinal tralo visto na Liga. Pero o Baio (un título e 3 subtítulos), sumou un 1-0 que pode ser valioso para a volta.

Pablo Conde, o escueto adestrador dumbriés, asegura que van “intentar gañar o partido”.

Pola súa parte, Félix sinala que “afrontamos a volta cunha ilusion tremenda tendo en conta a oportunidade historica para este grupo de xogadores de disputar unha final da Copa da Costa. Somos consciente da dificultade do partido xa que para min nos enfrentamos ao mellor equipo da 1ª autonomica. Intentaremos xogar as nosas cartas e minimizar as grandes individualidades e recursos que dispón o Dumbría.
En canto ás baixas, o Baio afronta choque coas baixas de Braian, Manu Santiso, Mario e a de longa duracion durante toda tempada de Damián.

Máis info

Comentarios