Xoves. 25.04.2024
El tiempo

O Baio-Dumbría, xa en #QPCtv só para suscritores

Baio - Dumbria  BOA
Baio - Dumbria e o trío arbitral saltando á herba do Platas Reinoso en presencia das cámaras de QPCtv
O Baio-Dumbría, xa en #QPCtv só para suscritores

Xa tendes na plataforma www.qpctv.gal o partido íntegro do CD Baio co CF Dumbría, da 5ª xornada da 1ª Galicia. Un fantástico partido o vivido no Platas Reinoso emitido coa colaboración das 6 casas comercias que apoian dende o comezo este proxecto, da Clínica Vértebra de Baio, e de ti, que xa es suscritor de #QPCtv.

Senor Julio En QPCtv

Un partido no que ademais, na previa, falamos cun home que é historia viva do Fútbol costeiro, como é o Señor Julio, que leva máis de 30 anos na porta do Platas Reinoso, e ao que non se lle escapa ninguén sen rifa (vémono nesta foto superior). O animador Santi Caamaño ademais entrevistou a Rebeca Facal, presidenta do CD Baio, e Manolo López, histórico directivo do CF Dumbría dende a súa fundación, para dar conta da importancia desa xente que está sempre na sombra. 

Baio - Dumbria 4

Ao final do partido os protagonistas foron Darío, que marcou o gol da xornada cunha falta dende 30 metros para o Dumbria, e Braian, que permitiu a remontada do seu Baio cos seus dous tantos.

Baio - Dumbria 6Baio - Dumbria 5

SUSCRÍBETE EN WWW.QPCTV.GAL

 

PATROCINADORES

Colabora neste partido, ademais dos Concellos de Zas e Dumbría, a Clínica de Fisioterapia e Rehabilitación Vértebra de Baio. Sita na Rúa Obispo de Lema, no centro de Baio, leva 10 anos xa traballando en temas de suelo pélvico para mamás, masaxes para bebés para tratamento de cólicos e de mocos… fan un tremendo traballo con pacientes neurolóxicos, que sufriron ictus, ataxias…, e por suposto, son especialistas en fisioterapia do deporte.

Baio - Dumbria 2
O equipo de locución de QPCtv con Santi Caamaño, Alberto Pose, Antón Lestón e Óscar Leis.
QPCtv dende MazaricosQPCtv dende a CorunaDúas familias de Mazaricos e Cerqueda residentes na Coruña non perden as retransmisións de #QPCTv

Comentarios