Domingo. 06.10.2024
El tiempo

ATAXIA

"De momento, só nos recibiu o alcalde de Cabana, co que intercambiamos visións sobre a Ataxia da Costa da Morte"

A clínica Vertebra de Baio, que ofrece fisioterapia especializada en Ataxia e outras doenzas funcionais, enviou unha carta aos concellos e entidades da zona para que este servizo se poidan popularizar entre os doentes que o precisan.

IMG_4081
IMG_4081
"De momento, só nos recibiu o alcalde de Cabana, co que intercambiamos visións sobre a Ataxia da Costa da Morte"

A ataxia SCA36, o “mal sen cura da Costa da Morte”, tal e como a define o xornalista Manuel Rey no seu libro que leva o mesmo nome, conta cun tratamento de fisioterapia especializado na propia Costa da Morte. Concretamente na clínica Vertebra de Baio (Zas). O fisioterapeuta David Espasandín (A Coruña, 1982) é o encargado de atender aos doentes con esta enfermidade funcional.

  • Que lle pasa exactamente a un doente con Ataxia que chega á vosa clínica?

Cada paciente ten unhas peculiaridades propias, intrínsecas aos síntomas da Ataxia que padece e en función do grao de evolución no que estea. Como características comúns podemos simplificalas en problemas de equilibrio, alteración ao camiñar e/ou problemas na execución de tarefas automatizadas.  

  • Cal é o procedemento a seguir?

Primeiro facemos unha pequena entrevista e valoración na cal indagamos o por que de que esa persoa acuda a nós, evaluamos que capacidades di a persoa que están afectadas, observamos (a grandes rasgos) as que nós consideramos afectadas,  prantexámoslle unha abordaxe inicial de tratamento e resolvemos as súas dúbidas nesa primeira consulta.

Partindo desa base, comezamos o tratamento (moitas veces incluso na primeira visita), sempre orientado a solventar ou traballar as carencias na actividade cotiá da persoa, así como recuperar, se é posible, as capacidades que se consideraban perdidas; e tratamento paliativo ou de intento de alivio de certos síntomas ou compricacións derivadas destos, no caso de que o pronóstico non sexa favorable.

Aquí cabe sinalar que a avaliación e os cambios no plantexamento do tratamento sempre son unha constante en cada sesión, xa que nunha patoloxía dexenerativa e de longa evolución, os cambios suceden sempre a medio-longo prazo.

  • A Ataxia é unha enfermidade sen cura, pero coa fisioterapia si se pode mellorar a calidade de vida dos doentes, non?

Cada caso é particular dentro da mesma enfermidade, partindo da base de que é unha afectación crónica e dexenerativa . Hai casos que evolucionan lentamente e con alteracións leves (estes adoitan ter boa resposta á terapia); outros sen embargo teñen unha involución máis rápida e agresiva ou xa os collemos cando están en estadios moi dexenerados ou en idade avanzada (aquí os beneficios na calidade de vida, adoitan ser reducidos). Tendo en conta estes dous baremos e todo o abanico de posibles casos que hai entre medias, o paciente pode verse beneficiado da terapia física, enlentecer as consecuencias dos síntomas da ataxia ou  soamente percibir beneficios paliativos. E en casos difíciles, a veces nin sequera iso.

  • Neste sentido, cal é a reacción do paciente logo de varias sesións?

Depende un pouco do estado no que se atope cando acude a nós e das expectativas iniciais que traia. Nós sempre lle expoñemos o noso punto de vista co noso método de traballo, nunca falamos de que o noso abarque todas as posibilidades da Fisioterapia ou de outras terapias; neste punto incidimos sempre en ser moi realistas e claros, tanto no bó coma no malo. A partir de aí, cada paciente reacciona dunha maneira diferente, ao meu parecer coma calquera persoa que pon unhas expectativas sobre o que un producto lle pode ofrecer: hai quen está concienciado e confórmase coas pequenas vitorias do día a día e da constancia, e hai quen se desespera e quere melloras inmediatas. 

  • Que outras doenzas funcionais tratades? 

Pois un amplo espectro de doenzas nas cales, eu e as miñas compañeiras (Berta, Alicia e Sabela) nos fomos especializando. Ás veces temos campos en común, aínda que a maior parte do tempo a área é case exclusiva dun de nós pola formación específica e a experiencia adquirida: doenzas físicas en xeral, incontinencia urinaria e uro-xinecolóxica, Hemiplexías e Hemiparesias, Parkinson, Drenaxe Linfático e tratamento do Linfoedema, Esclerosis Múltiple, Traumatismo Craneo Encefálico, alteración do Sistema Nervioso Central e Periférico, Preparación ao parto, Pilates Postparto,alteracións da Articulación Temporo- Mandibular, Bruxismo, Fisioterapia Respiratoria Infantil, Podoloxía e alteracións da marcha e do pé, … por mencionar as máis importantes. 

  •    E no teu caso particular, que te levou a especializarte no tratamento deste tipo de enfermidades?

Aparte da formación da carreira, tiven bastante contacto con este tipo de pacientes na época que traballei en Francia, sobre todo en Normandía onde traballei durante un ano e medio. Dende que retornei a Galiza, decateime de que patoloxías como a Ataxia da Costa da Morte, cada vez están a ter máis voz mediática, por iso o ano pasado optei por especializarme aínda máis nesta área, realizando unha formación específica con Victor Urquizo Fisioterapeuta, director Terapéutico de las clínicas RehaClinic Kilchberg y RehaCenter Winterthur.

  • Sabemos que xa enviastes unha carta a diferentes concellos da zona para que estes servizos se poidan extender e popularizar entre os doentes que o precisan. Cal foi a resposta?

Polo momento escasa por parte dos concellos, só o de Cabana respondeu á petición de entrevista co alcalde, o cal nos recibiu moi cordialmente e intercambiamos puntos de vista no que atinxe á Ataxia da Costa da Morte.

Comentarios