Martes. 19.03.2024
El tiempo

CopadaCosta: Albíscanse unhas semis moi potentes

Sofan-Ponteceso da Copa da COsta.Foto.Luis Gonzalez
Imaxe do Ponteceso-Sofán. Foto: Luís González
CopadaCosta: Albíscanse unhas semis moi potentes

Van quedar unhas semifinais moi potentes desta LVIII Copa da Costa 2023. Pendentes aínda do Muxía-Xallas para a noite do martes de novo no Conco co cadro muxián como locatario por non poder xogar en horario nocturno en Arliña, Sofán, Dumbría e Baio facían valer a súa condición de favoritos eliminando a Ponteceso, Corcubión e Cee.

Se o Sofán espera o rival desa igualada eliminatoria á que o Muxía chega tocado de xente e de moral despois da eliminación da fase de ascenso, Baio e Dumbría xogarán unha eliminatoria a doble partido tremendamente viva.

Repasamos os 3 choques dos Cuartos.

Ponteceso - Sofán (1-2)

  • Ponteceso: Damián, Cote, Juan Rey, Pedro, Pablo, David, Neira, Ángel, Luca, Alberto Recarey e Charro. Tamén: Coke, Eloy Álvarez, Jose, Martín Puente e Jairo.
  • Sofán: Bais, Iván, Noe, Becerra, Dani García, Iván Parafita, Pablo Parafita, Taibo, Dani Pena, Fabián, Bandera. Tamén: Mario, Raúl, Brais Cancela, Alex e Juan Díaz.
  • Goles: 1-0, m.23: Recarey de vaselina; 1-1, m.49: Taibo; 1-2, m.73: Alex.

Oscar Santos no Sofan-Ponteceso da Copa da COsta.Foto.Luis Gonzalez

Partido moi emotivo para Pablo Mallón, o que podía ser o seu último partido no Pinguel, ante un Sofán que tamén adestrou varios anos. Un choque que ademais supuxo a despedida doutro histórico do cadro pontecesán, Charro.

Primeira parte moi completa dos locais, ante un Sofán que entraba por banda con perigosidade, pero na que os de Mallón se adiantaban cun golazo do capitán tras unha xogada combinativa. Neira a piques estivo de facer o segundo, pero a sorpresa xa estaba no marcador ao descanso.

A lesión de Alberto Recarey, e as numerosas baixas, mermou na segunda aos pontecesáns. Os carballeses apretaron, marcaron pronto, e meteron atrás aos locais. Mandaron dúas ao pau, pero noutra internada por banda conseguían darlle a volta.

Pero os locais non se deixaron ir nin se meteron atrás, e volveron envorcar o xogo sobre a meta de Brais, tendo Eloy un tiro dende a frontal que cando menos meteulle o susto ao equipo da Preferente. “Que o Sofán acabe perdendo tempo é todo un orgullo”, reflexiona Mallón.

Sofan-Ponteceso da Copa da COsta.Foto.Luis Gonzalez 3
Foto: Luís González

Corcubión - Baio (1-5)

  • Corcubión: Bruno, Antu, Mario, Díaz, Rubén, Goche, Gorka, Lema, Rama, Martín e César Lojo. Tamén Tano, Leo, Íker e Uxío.
  • Baio: Iván, Bruno, Aday, Pablo Rod., Pablo Dom., Hugo, Aitor Vilas, Braian, MC, Bieito, Pazos. Tamén Norberto, Iván Rod., Peke, Sergio e Ceide.
  • Goles: 0-1, m.13: Pazos; 0-2, m.47: Bieito; 0-3, m.53: MC; 1-3, m.67: César; 1-4, m.80: Iván Rod.; 1-5, m.90: Ceide.

Partido con moito ambiente o vivido no Novo Cubeleiro. Empezaron nerviosos os locais e o pagaron caro, cun gol de córner do Baio tras un rexeite nos primeiros minutos. O cadro visitante quixeron e asumiron o protagonismo e buscaron a meta contraria dende o comezo.
Co paso dos minutos o Corcubión conseguiría meterse no partido, tendo oportunidades para empatar o encontro. Pero antes do descanso chegou a xogada que marcaría o encontro: Antu esvara co balón e pega ca plancha a un rival, acción fortuita que o árbitro estimou de cartón vermello. O partido volveuse máis físico e os locais, cun home menos e cunha plantilla moi curta tiña o partido moi costa arriba.

Tralo descanso, dous goles seguidos do Baio parecían poñer fin á eliminatoria. César cun potente disparo lonxano recurtaba distancias e Lema tivo outra clara para meterlle o medo no corpo os baieses pero o disparo foiselle alto. Ó final, cos locales volcados, o Baio sentenciaba con outros dous goles.

O Corcubión despide así a tempada do seu 50 aniversario (ollo que espera ampliar o aniversario como fixo o Xacobeo) mentres que en Baio, o míster Félix destaca aos 16 xogadores polo seu papel protagonista.

Cee - Dumbría (0-3)

  • Cee: Maikel, Colombia, Oreiro, Borja, Jose Lago, Rubén, Jose Fraga, Chema, Eze, Bruno e Isaac Fábregas. Tamén: Yago, Regueiro, Anxo, Gabri e Jon.
  • Dumbría: Anxo, Yerva (Mario), Pablo Paz, Raúl, Kanario, Baba, Lucas ( Rivi), Darío ( Brais Fdez) , Dani Chao, Diego Estévez e Xabi Castro ( Sendón).
  • Goles: 0-1, m.5: Xabi Castro; 0-2, m.13: Raúl Añón; 0-3, m.70: Xabi Castro; 0-4, m.86: Estévez.

Un gol aos 5 minutos puxo este histórico choque entre ceenses e dumbrieses de cara para os visitantes. Añón facía o segundo pouco despois, coa calor e o partido igualaríase baixando a intensidade, pero o Cee non conseguiu meterse de cheo na eliminatoria.

Na segunda o Dumbría non sufriu aínda que o Cee si conseguiu ter algunha posesón longa, Xa no treito final, os de Pablo Conde acabarían sentenciando.

Os cadros da Copa da Costa.

Comentarios