De aluguer non se vive mal

O Ponteceso segue lider xogando no Platas Reinoso

Todos desexamos ter a posibilidade de residir nunha casa propia, poder poñer as nosas normas e decorar cada rincón ao noso gusto. Pero ás veces de aluguer non se vive mal; menos preocupación se hai algo que arreglar en ela e a disponibilidade de poder facer a mudanza se non che caen ben os veciños.

Este ano por diversas situacións hai dous equipos que viven de aluguer, e de momento están moi contentos, pois son os líderes das suas respectivas ligas.

O Ponteceso reina na Liga da Costa desde o Platas Reinoso de Baio, mentres está en remodelación  o seu terreo de xogo do Pinguel.
Despois de xogar catro partidos como local, sacando dúas vitorias, unha derrota e un empate no seu derbi contra o Corme, onde non collía unha agulla no campo e os xogadores regalaron un partido espectacular, que finalizaba co resultado de 3~3.

Camariñas é o outro equipo que anda de prestado, neste caso tócalle cumplir unha sanción que acarrea do último partido da tempada pasada, na semifinal copeira contra o Cabana.
Unha tempada que teñen marcado si ou si o ascenso, e de momento van encamiñados con pleno de vitorias nas xornadas disputadas na 3ª Galega. 
Os tres partidos xogados na casa gañounos claramente, o primeiro disputouno en Arliña, e os dous seguintes tomou o Municipal de Laxe Cabo Darea como seu, incluso facendo de visitante ante o propio Laxe gañou claramente. O seu último encontro de locatario foi o derbi ante o Porteño, onde lle endosou un 3~0 os seus veciños.

Seguro que teñen moitas gañas de volver a sua casa, sobretodo por os afeccionados que non se teñan que desprazar cada fin de semana, pero de momento de aluguer están no máis alto da táboa.


Imaxe do derbi Camariñas- Porteño disputado en Laxe 

OUTROS ARTIGOS DE ÁNGEL GARRIDO