Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Marcapasos do fútbol

Anxo Garrido como futbolista no Cerqueda
Ángel Garrido e a súa etapa como futbolista
Marcapasos do fútbol

Cada semana expoño, sen censuras, as miñas opinións sobre o noso fútbol costeiro. Pero esta vez quero escribir algo maáis persoal si cabe, debido a que o domingo 29 de setembro se celebrou o Día Mundial do Corazón. 

Como cada persoa detrás do tempo actual no que vivimos, existe un pasado, e quérovos dar unhas pinceladas do meu.

A verdade non sei cando empezou o meu gusto polo balón, pero si teño claro que foi desde bastante novo, e nunca me arrepintirei de amar este deporte. Tamén xogaba con vantaxe, a ser meu pai un gran afeccionado a este mundo do fútbol, e na miña xuventude él era adestrador do equipo de base do pobo.

Nin el era Johan Cruyff (para min si), nin eu Jordi Cruyff, e iso de ter o pai no banquillo non garantiza minutos dentro do terreo de xogo, ademais que eu tecnicamente... pasable, pero para xogar de extremo tiña sempre poucas gañas de correr, e esa lei é para todos: quen non corra, pois pouco xoga.

Aos 16 anos algo cambiou a miña vida, tanto deportiva como socialmente. Unha operación de corazón coa posterior implantación dun marcapasos fixo que o tema fútbol se tiña que cerrar. Pero despois dun proceso de rehabilitación e que me quedaba un ano para terminar xuvenís, baixo a responsabilidade dos meus pais, puiden xogar, xa que un mal golpe ou unha caída podía ser tráxico, pero eu quería marcar ese gol que todos os que practicamos este deporte soñamos con facer algunha vez.

E por sorte chegou o momento, un amigable na Pedra Queimada, Cerqueda - Laxe, saín titular. Os goles caían un tras outro ao noso favor pero eu non marcaba. Como era amigable podían facerse os cambios que se quixeran, e recordo ese momento, xa para terminar a segunda parte, estaba no banquillo e díxenlle a Alberto Pose, que en aquel momento era o adestrador do Cerqueda: "Sácame por última vez teño que marcar". Por sorte fixome caso, e unha xogada de Héctor Castro dentro da área, pase e... por fin goooool. Ese mismo ano xogaría no Laxe a segunda volta da liga onde tameé volvín marcar.

Pero o fútbol doume moito máis, e unha maneira magnífica de facer grandes amistades e moitos coñecidos, e desde a grada ou incorporado nunha directiva tamén se logra esa felicidade, que cando xogas só pensas que a tes no verde. Un dos días máis felices que vivín foi o ascenso do Cerqueda á Liga da Costa, despois de tantas veces ás portas e toda a xente que estivo detrás creando un equipo competitivo merecían esa recompensa. Pase o que pase agora, iso non se borra, ademais que conseguiron o título de campións de 3ª Galicia.

Para rematar quero expoñer que non todos podemos ser futbolistas por diversos motivos que nos depara a vida, pero se sodes grandes amantes de este deporte, intentade axudar na directiva do voso clube ou se vos gusta escribir, sacar fotografías etc... Falade cos responsables do voso clube que vos deixe o Facebook e darlle algo de vidiña que moitos estan esquecidos e é unha pena. 

OUTROS ARTIGOS DE ÁNGEL GARRIDO

Comentarios