Sábado. 07.12.2019
El tiempo

Sei o que fixeches o último verán

Imaxe do Baíñas - Cerqueda-Foto-Ra
Imaxe do Baíñas - Cerqueda-Foto-Ra
Sei o que fixeches o último verán

En cada verán o lóxico é que haxa movementos no mercado, pero este ano especialmente foi unha locura os cambios de cromos que fixeron todos os clubes, tanto xogadores, adestradores como directivas.

A diferencia dos traspasos profesionais, aquí non hai cláusulas, que fai que todo sea mais fácil para cambiar de aires os xogadores, contando coa boa voluntade do clube que se teñen firmado "X" anos soen non renovar dita ficha.

Os casos "Neymar" na Costa chegan cando un xogador despunta na sua categoría e desperta o interés de outros equipos, que fai que ese xogador tarde en xogar os 5 partidos que deciden, se poden ou non cambiar de equipo na mesma liga.

Tantas incorporacións fan que a priori sea unha das tempadas máis igualada na liga da Costa.

E comenzou sen sorpresas dos catalogados aspirantes a zona alta, xa que gañaron os seus respectivos partidos. No encontro da xornada o Baíñas~Cerqueda, saiulle mellor a revolución aos cerquedáns, xa que no once inicial só contaban con catro xogadores da tempada pasada, pero xogaron moi intensos e sabendo defender en conxunto e buscar unhas contras moi ben traballadas, os fichaxes na zona de ataque de Iván Rojo e Iván Mato daranlle moitas alegrías aos seus afeccionados. No Baiñas moitas caras novas pero non funcionaron en conxunto, destacar a Dieguito moi participativo contra os seus ex pero non atinou nas definición e Eloy Trigo na zona defensiva.

Outro partido interesante foi o Corme-Zas, no Cairo mandan os de sempre e volveron ser a besta negra do equipo de Periscal que segue sen poder gañarlle no seu campo. Moitos fichaxes tamén no cadro zaense onde Eloy Suárez estrenouse como goleador e cos galóns para tirar o penalti sendo un recén chegando.

O San Lorenzo doulle a benvida o Coristanco á Liga da Costa deixando claro que aquí é difícil pasar a liga invicto, dous equipos renovados que farán dos seus campos un fortin.

Tamén nesta xornada repetiuse a final copeira, Cabana-Esteirana, e os de esteiro seguen demostrando que o seu xogo e superior e queren volver a celebrar algo este ano.

Agradecer á FIFA este parón nas ligas para darlle a benvida a Liga da Costa, ben sabían que contra o arranque de esta competición non podían pelexar.

Novas relacionadas

 

Comentarios