Venres. 19.04.2024
El tiempo

Os magos do balón, soños de campeón

Campeones-Oliver e Benji ou Luca e Alejo
Rober Pladur, o Mark Lenders da Costa; Lucas e Alejo, Oliver e Tom Baker; os xemelgos Mato son os Derrik; e Pablo Novo, o Ed Warner da Costa
Os magos do balón, soños de campeón

Estamos a vivir unhas semifinais copeiras máis igualadas que nunca, todo queda no aire para os partidos de volta, quizais unha mínima ventaxa para o Camariñas logrando ese empate a goles que terá que defender no Hermanas Patiño.

O que cabe destacar de estos catro clubes e a gran xuventude que mostran sobre o terreo de xogo, eses que coidan e apoian bastante as súas canteiras e van dando resultados pouco a pouco, arroupados por os veteranos de cada equipo.

Eses mismos rapaces que quizais empezaron a coller o amor polo fútbol vendo na infancia a mítica serie televisiva de Oliver e Benji.

No Cabana podemos destacar os xemelgos Mato, que xa fai seis anos entrevistamos en este mismo diario cando despuntaban nos xuvenís. Xa son coñecidos en todo o fútbol costeiro para o bo e para mal, odiados e queridos a partes iguais, semellan ben os xemelos Derrick da serie, son xogadores con calidade técnica e sobre todo gañadores, usan todas as suas virtudes en favor do equipo e poden pecar de ser demasiado impulsivos cando o partido se pon quente, pero é que non son perfectos e a verdade da xente que vai de perfecta sempre hai que desconfiar.

O Camariñas ten a portería defendida excelentemente por Ed Warner, ou tamén coñecido máis comunmente como Pablo Novo, un rapaz que leva no seu sangue ADN de clube. É difícil dende a portería ser un referente do xogo, pero el ten ese don, porque é valente e tira do equipo cando se necesita un capitán, e demostrouno neste primer partido da semifinal para darlle vida e ventaxa o seu equipo, despois de que o home gol do Camariñas fallara un penalti, volveuse a pitar outro xa no minuto noventa, e non dubidou en saír da portería e coller unha responsabilidade que agora mismo ese gol vale ouro.

En Corme temos a parella de ouro, Tom Baker e Oliver Atom que encarnan a perfección Lucas e Alejo, dous xogadores que se entenden só con mirarse, despois de tantos anos xogando xuntos e logrando grandes triunfos. Son desas persoas tocadas pola varita da xenialidade nas súas respectivas posicións de xogo, que deciden partidos en momentos clave e que nunca podes dar por rematado un partido mentras eles sigan no campo.

A Esteirana tamen ten o seu referente, Mark Lenders vistese de blaugrana co nove a espalda de Roberto Lago, deses cracks que queda algo eclipsado polas grandes actuacions de outros dianteiros, pero que para o seu propio equipo é a táboa de salvación cando teñen problemas, ese xogador que pon a garra e ambición por levar o equipo ao máis alto lugar, e onde non existe a palabra rendición no seu vocabulario.

Dous equipos están a un paso da historia e un chegará a gloria.

Continuará...

  • Ángel Garrido.

Artigos de Ángel Garrido

Comentarios