O domingo de Iván Rojo: Unha Copa de Veteranos pola mañá e un título da Liga da Costa e un ascenso pola tarde
- O At. Carballo gañou a penaltis unha apretada final da #CopadaCosta de Veteranos e o San Lorenzo proclamouse no mesmo día campión da Liga da Costa.
- "O soño que sempre tiven como xogador, incluso os anos que xoguei en Preferente era gañar unha Liga e unha Copa da Costa", cóntano
Menudo domingo viviu Iván Rojo. O xogador do At. Carballo de Veteranos e adestrador do SD San Lorenzo sénior viviu unha xornada inesquecible. Un día que lle traerá fermosos recordos deportivos cada vez que se celebren as Letras Galegas.
O propio protagonista cóntanos como o viviu: "Fixose longa a semana e viernes cando rematamos o entreno, xa nos sobraba o sábado", cóntanos. "Foi un día dificil de xestionar emocións e nervios", recoñece. "Nun só día dous titulos en xogo, e na miña cabeza só estaba levantar dous trofeos. O soño que sempre tiven como xogador, incluso os anos que xoguei en Preferente era gañar unha Liga e unha Copa da Costa. A Liga conseguina no meu último ano como xogador. E Copa nunca chegou, pero tivo que ser en Veteranos".
"Pola mañá cando a conseguimos na tanda dos penaltis e a fomos celebrar de comida todos xuntos, a miña cabeza estaba no partido da tarde, algo por dentro non me deixaba celebrar como se merecía. Saquei os cursos de entrenador co obxectivo de algún día poder ganar unha Liga da Costa e tiven a sorte que o primerio ano na liga o conseguiín. Moi contento e agradecido. Obxectivo cumplido".
A Final da Copa de Veteranos
Era unha data esperada despois da descafeinada liga, marcada pola decisión de varios clubs, entre eles o propio At. Carballo, de non competir contra o Cances polos graves incidentes protagonizados a tempada pasada polo club carballés. Unha decisión que carrexou a perda dos puntos directos nos seus partidos e unha sanción de 6 puntos, que axudaron ao ACD San Ramón (que decidiu si xogar na segunda volta contra o Cances) alzarse co título.
O campo de Castriz acollía a festa do fútbol veterano. E Rojo, acompañado dos Iván Rey, o Julián Couto (agora de dianteiro tanque) ou Ósca Bolón, conseguiron superar ao ACD San Román, equipo que quedou na 3ª praza na descafeinada Liga.
Foi o propio Iván Rojo (que acabou con 42 goles a Liga regular, a só 4 do pichichi, Mario, do San Ramón; ambos destacadísimos con respecto ao resto) o que abría a final nada máis sacar de centro. O equipo larachés reaccionou e Mario Casal anotaba dous tantos que lle daban a volta ao marcador ao comezo da segunda. Pero José Manuel Pichel acadaba o empate.
A final foise á lotaría dos penaltis, e comezaba co primeiro erro do propio Iván Rojo. Un fallo que solventaban os compañeiros. Bolón, Antón Lestón, Jose Luís Fdez. e finalmente Rubén Varela, apoiados no meta Diego Puente, daban a vitoria aos carballeses, resacírdonse da derrota do ano pasado.
Unha tarde de gloria en Verdillo
Tiña tintes de finde épico para o carballés, e o campo das Pedreiras vestíase de gala para o que podía ser o segundo título da Liga da Costa da historia do SD San Lorenzo. Non fallaron os seus pupilos, e cos tantos de Pape e Pere o equipo celebrou o sufrido campionato e o ascenso e volta á 1ª FUTGAL, apenas unha temporada. despois do seu descenso.