2ª FUTGAL: O SanLo conquista o título da Liga da Costa
Rematou unha Liga da Costa apaixoante ata o pitido final, con 6 dos 8 partidos e 10 equipos xogándose algo na última xornada.
Non fallou o San Lorenzo na casa ante o Corcubión e se proclamou por segunda vez na súa historia campión da Liga da Costa. Volven os de Iván Rojo (que viviu un domingo para recordar toda a vida vencendo pola mañá a final da Copa da Costa dos Veteranos co At. Carballo) á 1ª FUTGAL, só unha temporada despois do seu descenso.Serán Xallas e Baio, que partían con vantaxe, os que representen á Costa na Promoción de ascenso á 1ª, que comeza dentro de 15 días.
Apoiándoos estarán as afeccións de Sofán B e Monte Louro, porque os seus ascensos provocarían a súa salvación, unha vez que tralos resultados da útima xornada, son os dous equipos que ocupan as prazas de arrastre (un ascenso só salvaría aos carballeses polo golaveraxe individual), ademais do Muros (virtualmente descendido tras quedar penúltimo, no primeiro posto de arrastre), e os Mazaricos e Zas, que pecha finalmente como pechacancelas.
San Lorenzo - Corcubión (2-0)
- San Lorenzo: Javi Souto, Lozano, Damián, Alberto Campos, Pablo Garrido, Iago, Hugo Pereiro, Javi Pérez, Pape, Alex Vázquez e Marcos Corral. Tamén: Mario, Yago, Diego, Hugo Canedo e Dani Cotelo.
- Corcubión: Bruno, Andrés, Castreje, Jose, Antón, Martín, Iker, Álex Díaz, Mario, Iago e Rama. Tamén: Fuentes, Rubén Castillo e Borja Bouzón.
- Goles: 1-0, m.31: Pape; 2-0, m.73: Hugo Pereiro.
Xogábase a Liga o San Lorenzo na casa nunjas Pedreiras ateigadas, ante un Corcubión que chegaba despois de gañarlle ao Xallas e envorcar a Liga, pero xa sen nada en xogo con moitas baixas. E notouse na diferencia de intensidade. O cadro de Iván Rojo empurraba pero os de Ángel López Canosa e Isi aguantaban, ata que á media hora Pape desataba a tolemia nas Pedreiras cun gran disparo que significaba o 1-0.
Aínda tivo o cadro visitante un par de ocasións para complicar o partido, pero o SanLo tirou de oficio, aguantou e finalmente, no minuto 73, Pere anotaba o 2-0 definitivo, sentenciando o encontro e confirmando o título para os de Verdillo.
Xallas - Zas (1-0)
- Xallas: Iván Couto, García,Elvis, Adrián Couto, Peke, Maca, Rubén Sande, Beryan, Rubén Blanco, Dani Barbeira e Sergio Barbeira. Tamén: Iker, Martín, Doro, Pablo Landeira e Alberto.
- Zas: Pereiras, Anxo, Moha, Joel, Álvaro, Juan Touriñán, Ronny, Chiki, Redondo, Adri Rama e Andrés. Tamén: Darío, Martín Novo e Adrián Gonz.
- Gol: 1-0, m.87: Doro.
Partido tenso en Fontenla, co Xallas tendo que gañar e esperando o tropezo do líder, e o Zas que tiña que gañar e esperar os tropezos de Sofán B e Monte Louro para ter remotas opcións de salvación. E sumaron unha sufrida vitoria os de Doriño.
E iso que os de Rubén Forján e Pereiro saíron moi enchufados, pero os nervios e a precipitación marcaron o xogo durante boa parte do encontro. Tivo Redondo dous mans a mans que salvou Iván Couto ao comezo.
Pouco a pouco o Xallas foi medrando, estirándose e achegándose á portería de Pereiras, aínda que tampouco estivo fino nos metros finais e non conseguiu atopar portería con claridade. Con esa falta de acerto en ambas áreas, o encontro chegou ao descanso co 0-0.
Trala reanudación mantívose o mesmo guión: moita tensión, pouca soltura e escasa claridade ofensiva. O partido xogouse máis por impulso que por orde, e costou moito construír ocasións limpas. O Xallas deu un paso adiante cos cambios e mellorou coa entrada de Alberto Jallas e, sobre todo, de Doro, que volvería ser decisivo. Cando todo parecía encamiñado ao empate, apareceu o capitán. Primeiro avisou cun disparo que se marchou fóra e, na segunda que tivo, non perdoou, poñendo o 1-0 que acabaría sendo definitivo.
O Zas tivo a resposta case inmediata. Redondo dispuxo de novo dun man a man diante de Couto e, cunha volea que se marchou fóra, perdeu a opción máis clara de igualar o encontro. A partir de aí o Sporting intentou empurrar, pero o marcador xa non se movería e o partido rematou con vitoria local por 1-0.
Co resultado final, o Sporting Zas confirma o seu regreso de novo á Terceira Futgal, mentres que o Xallas se mete na promoción de ascenso, un obxectivo polo que lle desexamos moita sorte, do mesmo xeito que aos veciños do Baio.
Rubén Forján comunicoulle á directiva e ao vestiario que non continuará a próxima tempada, pechando así unha etapa de case tres campañas á fronte do equipo, cun ciclo que chega ao seu final tras un camiño cheo de traballo, compromiso e máis de 80 partidos defendendo o escudo do Sporting.
Baio - Malpica (3-0)

- Baio: Rodri, Bruno, Pablo Rod. Pazos, Miki, José Angel, Damián, Chechi, Pablo, MC, Cheti. Tamén: Julián, Javi, Brais, Víctor, Mamadou.

- Malpica: Pepucho, Anxo, Damián, Garci, Isaac, Raúl, Fabián, Fran, Cristian, Aday, Chicha. Tamén: Ndoye, Saúl, Mara, Chucho, e Brais Calvo.
- Goles: 1-0, m.16: Chechi rouba e marca dende lonxe; 2-0, m.65: MC; 3-0, m.69: MC.
Notouse que o Baio era o que se xogaba as castañas, ante un Malpica que tiña a cabeza na final da Copa. Os de Diego Lobelos, necesitaban gañar para asegurar a praza de promoción e non fallaron. Comezaba o partido con pouco ritmo, cun Garci que facía combinar ao seu equipo e con chegadas de Anxo e Chicha. Os locais apretaban un pouco máis, e nun roubo no medio campo Chechi marcaba un golazo dende fóra.
Comeza a segunda parte marcada pola expulsión de Dami por un esvarón e unha entrada fortuita pero de carton vermello. Ademais, cos 5 cambios que realizou David Baña ao descanso, o partido estaba listo. Os baieses tamén quitaron aos apercibidos, e despois de varias ocasións, MC sentenciou.
”Aínda que imos sen esixencia ningunha, o que vai ao playoff ten que ir pensando en superar as dúas rondas e acadar o ascenso”, recoñece Lobelos.
Monte Louro - Porteño (2-1)
- Monte Louro: Pedro, Miguel Verán, Juan Lois, Pablo, David Pais, Adrián, Abel, Luismi, Chano, Iker e Xián. Jacobo, Manolo Chouza, David Lestón e Javi.
- Porteño: Mariolo, Pejo, Rodri, Pablo, Baba, Alfredo, Álvaro, Pablo, Gabri, Sandelo, Carrabete e Bruno. Tamén: Brais Mouzo, Yuyo, Martín e Iván.
- Goles: 1-0, m.9: Juan Lois de falta rasa dende o borde da área; 2-0, m.85: Javi; 2-1, m.86: en propia tras unha falta botada por aí.
Cumpliron os loureáns, vencendo a todo un Porteño, que tiña complicado superar ao Baio na loita pola promoción. Compromiso total dos xogadores ante un Agra da Filgueira que estaba cheo apoiando ao sei equipo. O Porteño dominaba algo máis con balón e creaba pero se atopaba con Pedro, como lanzamento de Bruno, ou nun gol anulado a Carrabete. Adiantábase o cadro local cunha falta rasa dande a frontal de Juan Lois moi pronto.
Na segunda, despois de moitos minutos de control visitante, pero poucas ocasións nas dúas áreas, unha contra permitía preto do final parecía encarrilar a vitoria. Pero recurtou moi pronto o Porteño, que sabedor do resultado do Baio non apretou demasiado no treito final.
Sofán B - Muros (6-1)
- Sofán B: Eloy, Marcial, Diego, Iván, Mateo, Asier, Rubén, Dani Rod., Dani Calvte, Christian, Adrián Vázquez. Tamén: Diego Rama, Samu, Eloy Cabeza, Bruno e Álvaro.
- Muros: David, Juan Rey, Pelos, Ra, Óscar, Fran, Tajes, Jesús, Alex, Alon e Dani Jurjo. Tamén: Aitor, Marcos Candamo, Iván e Je.
- Goles: 1-0, m.10: Dani Rod.; 2-0, m.35: Dani Rod.; 2-1,m .51: Dani Jurjo; 3-1, m.53: Dani Calvete; 4-1, m.57: Rubén; 5-1, m.75: Dani Rod; 6-1, m.82: Marcial.
Consegue ficar como o primeiro equipo que se salve en caso de ascenso por parte dos Xallas e Baio. Os de Zalo expuxeron algo máis, dominando dende o comezo, cunha marcha máis, ante un Muros que chegaba coa moral polo chan trala derrota na casa ante o Louro. Os locais foron superiores dende o comezo, e ademais entráronlle as que non lle entraron en boa parte da temporada.
Ponteceso - Cabana (3-0
- Goles: 1-0, m.20: Alberto Recarey; 2-0, m.41: Eloy Álvarez; 3-0, m.60: Mendieta.
Xogábase a permanencia o Ponteceso ante un Cabana sen nada en xogo, e notouse. O Ponteceso fixo os deberes e apretou dende o comezo, con moita máis intensidade, creando ocasións e atopando finalmente a rede por medio de Alberto Recarey. Pouco despois, Eloy ampliou a vantaxe a 2-0 ao descanso, aínda que xusto antes do descanso, Darío viu unha cartolina vermella por manipular un disparo fóra da área.
Na segunda metade, o Cabana dominou a posesión, pero o Ponteceso selou a vitoria cun contraataque liderado por Martín e rematado por Mendieta. Ata un penalti fallaron os de Mingui, que agarda quedar un ano máis na casa, onde se sinte valorado e por motivos familiares é onde mellor pode estar.
Mazaricos - Outes (3-0)
- Goles: 1-0, m.15: Fabián; 2-0, m.46: Borja; 3-0, m.52: Raúl.
Partido sen nada en xogo, que provocou que fose un choque divertido para os dous equipos. Os de Periscal, que estiveron mellor co balón, estiveron máis acertado cara gol ante un Outes que chegaba moi tocado.
Soneira - Corme (2-1)
- Goles: 1-0, m.53: Mario Leis; 2-0, m.73: Maikol de penalti; 2-1, m.78: Samu Costa.
Partido de puro trámite, co peixe todo vendido, e os dous equipos coa permanencia asegurada, dándolle minutos aos menos habituais.
En canto ao futuro, Ángel xa comunicou que quere un ano de descanso mentres que o Soneira conta con que os irmáns De la Sierra, Jose e Basti, sigan á fronte do equipo despois de tomar o relevo de Josiño Abelenda hai apenas un mes.
Todas as crónicas da 2ª FUTGAL
- X.29: Carrusel de infarto que deixa todo aberto para a última xornada.
- X.28: O Xallas acariña o título mentres a loita por abaixo segue fervendo
- X.27: O Xallas pega un salto por arriba nunha Liga da Costa que ferve por abaixo, con 9 equipos pelexando pola salvación.
- X.26: O SanLo alcanza ao Xallas no alto e a loita pola permanencia ponse crúa.
- X.25: O Xallas peta na mesa nunha xornada de remontadas.
- X.24: O Xallas ponse de líder mentres a zona baixa está tremenda.
- X.23: O Porteño asalta o liderato nunha Liga extremadamente comprimida.
- X.22: O Monte Louro asalta Verdillo e volve a comprimir a táboa por arriba e por abaixo.
- X.21: Táboas.
- X.20: O Soneira frea ao San Lorenzo no Irmandiño.
- X.19: O San Lorenzo escapa e aprétase o segundo vagón.
- X.18: Está tola esta Liga da Costa.
- X.17: O SanLo estira unha táboa que se comprime por abaixo.
- X.16: O pinchazo dos de arriba apreta a táboa.
- X.15: Tolemia de goles para acabar a primeira volta.
- X.14: A ritmo da Hypertensión.
- X.13: O Malpica bate ao San Lorenzo e pecha o ano no liderato
- X.12: O Malpica bate ao Xallas en Fontenla.
- X.11: Os David puideron cos Goliat.
- X.10: Igualdade máxima.
- X.9: O Baio vence ao Xallas e o Malpica toma o mando no Cairo.
- X.7: O Mazaricos frea ao Xallas.
- X.6: O Xallas fica líder en solitario.
- X.5: Malpica e Xallas quedan ao mando.
- X.4: Xa non queda ninguén contando partidos por vitorias.
- X.3: Outes e Malpica manteñen o pulso
- X.2: Malpica, Outes e Muros sorprenden con 2 de 2 ante rivais potentes.
- X.1: Empates que destilan a igualdade desta Liga da Costa.
Máis información<
- Todos os resultados e clasificacións en www.futboldacosta.com
