Domingo. 05.05.2024
El tiempo

O San Lorenzo, novo campión da Liga da Costa por primeira vez na súa historia

San Lorenzo campion da Liga da Costa 2023-20233
O San Lorenzo celebrando o título de campión da Liga da Costa 2023-2023 en Verdillo
O San Lorenzo, novo campión da Liga da Costa por primeira vez na súa historia

Fermoso carrusel o vivido esta tarde dominical en www.futboldacosta.com. O San Lorenzo tiña que gañar e esperar que o Corme non gañase en Cee, en dous partidos disputados cunha hora de diferencia. Non fallou o equipo de Dani Casal, que venceu con solvencia ao Coristanco por 2-0 cos tantos de Jairo e Iván Rojo. A parroquia de Verdillo esperaba na cantina acontecimentos, chea de nervios, pero o Cee metíase 0-2 por diante no San Paio de Refoxos. Pero nunha segunda metade espectacular o Cee dáballe a volta ao marcador cos tantos de Fraga, Colombia, Bruno e Isaac.

Con este resultado, e con dúas xornadas de marxe, o cadro carballés alzouse co título de Campión da 2ª Galicia, da Lga da Costa, por primeira vez na súa historia, e volve á 1ª, onde xa xogou na tempada 17/18.

Menuda festa celebran no campo de Verdillo, e fermosas as mensaxes de parabéns que a familia do Fútbol da Costa lle brinda á familia do San Lorenzo no grupo de whastapp do noso carrusel.

Comentarios