Venres. 29.03.2024
El tiempo

#EntrevistaQPC Santi Canedo: "Nos últimos anos aprendín a desfrutar 100% do fútbol"

Santi Canedo (de amarelo) nunha das súas primeiras tempadas co Bergan
Santi Canedo (de amarelo) nunha das súas primeiras tempadas co Bergan
#EntrevistaQPC Santi Canedo: "Nos últimos anos aprendín a desfrutar 100% do fútbol"

Nesta primeira #EntrevistaQPC da tempada de deportes, falamos con Santi Canedo. Charlamos do inicio do Bergantiños na 2ª RFEF, do que lle pide Lemos, os seus obxectivos ou a súa traxectoria, que pasou por Atlético de Madrid, Sevilla ou mesmo a selección española. Non obstante, el sinala o actual, sendo titular no equipo da súa vida, como un dos seus mellores momentos, desfrutando ao 100% do fútbol.

Para iso, tivo que pasar épocas máis baixas e escuras. E, por iso, reflexionamos sobre a importancia da saúde mental dos máis novos que se atopan en grandes canteiras, como foi o seu caso. E rematamos cun test ben curioso: quén sería o mellor xogador ao que se enfrontou? E o mellor da Costa da Morte?

Comentarios