Venres. 19.04.2024
El tiempo

FSF: O Fisober golea a un dos cocos da Preferente nun auténtico festín

O Fisober goleou a un dos mellores equipos da Preferente
O Fisober goleou a un dos mellores equipos da Preferente
FSF: O Fisober golea a un dos cocos da Preferente nun auténtico festín

Tremenda vitoria a conseguida polo Fisober nesta terceira xornada da Preferente Galicia. Nada máis e nada menos que ante un Ribeira que chegaba líder ao Conco e como un equipo temible, con quince goles a favor e só dous en contra nas dúas primeiras xornadas. Non obstante, unha primeira parte case perfecta deixou os tres puntos na casa.

Fisober 4 - 1 Ribeira Lieders

Fisober: Sharay, María Dumbría, Ana, Uxía, Saray; tamén xogaron: Lucía Martínez, Paula Fandiño, Adriana, Carre, Nuriña, Lucía Canosa.

Ribeira: Violeta, Carmen Segade, Mariña, Ceci, Carmen Ceide; tamén xogaron: Azahara, María, Helena, Uxía, Elvira, Paula, Patricia.

Goles: 1-0, 4': Adriana / 2-0, 8': Carre / 3-0, 12': Paula Fandiño / 4-0, 14': Uxía / 4-1, 37': Mariña.

Partidazo o vivido en Dumbría na mañá do domingo no que o cadro costeiro deu conta do ata daquela líder invicto nun partido dos que fan afección e nos que os dous conxuntos deron un gran espectáculo.

O partido comezou cunha gran intensidade por parte de ambos conxuntos  e a primeira gran ocasión do partido foi para as visitantes cun lanzamento ao ferro. Pero aos catro minutos chegaba o gol de Adriana tras un saque de banda para adiantar as locais. Dende entón, o Fisober púxose a dominar e Carre probou a portería rival ata atopar o seu gol e ampliar unhas distancias que irían a máis co terceiro de Paula Fandiño, que aproveitou un roubo de Ana para plantarse soa ante a porteira e facer un golazo.

O terceiro non freou o vendaval ofensivo local e, antes de que Uxía fixese o cuarto a pase de Nuriña, aínda puideron chegar un par de tantos máis que se estrelaron na gardameta e no ferro. O mesmo sucedeu co 4-0 xa no marcador, onde varias ocasións puideron deixar xa sentenciado o encontro.

Non obstante, o gran nivel das rivais púidose comprobar na segunda metade, onde cun ritmo moi alto de xogo puxeron en apuros ás locais e fixeron que Sharay fose a gran protagonista. A porteira evitou que as ribeirenses se meteran no encontro ata os últimos minutos, onde xa con cinco xogadoras no campo, Mariña logrou enviar o balón a rede.

Boa fin de semana para a base

Na Liga Galega Cadete Masculina, o Fisober visitaba ao ADC Piringalla no Palomar de Lugo na tarde do sábado e acadaba o triunfo por dous goles a tres. Polo Fisober formaron: Brais, Javi Lema, Leo, Álex, Iago ; tamén xogaron: Martín, Adan, Eloy Sambade. Os goles dos costeiros foron obra de Javi Lema, Martín, Álex.

Na Liga Galega Infantil Masculina  o Fisober visitaba ao Os Meigallos no Jose Mario González ( O Chanto, Sarria) e acadaba o triunfo por tres goles a seis. Polo Fisober formaron: David, Adrián, Pablo Costa, Iago Insua, Pablo Taboada; tamén xogaron: Gabriel, Eloy Figueroa, Manu, Daniel. Os goles costeiros foron obra de Pablo Costa en tres ocasións, Daniel, Manu, Adrián.

Comentarios