O Fútbol da Costa terá 4 equipos no FútFem a vindeira temporada

Union Club Cee Feminino neste verán de 2019 ás ordes de Rafa

Que o FutFem está en auténtico momento de auxe é evidente. E non só porque se multiplicasen por 6 as licenzas nos últimos 15 anos; porque se enchan estadios como Anoeta ou o Vicente Calderón; porque a prensa estatal cubra por fin un Campionato do Mundo Feminino; ou porque o Depor Abanca si ascendese a máxima categoría do fñutbol estatal.

Nótase porque na Costa da Morte a semente está prendendo, está medrando. Bergan e Miúdas quentaron o ambiente durante estes dous últimos anos, sendo protagonistas no campo (durante toda a temporada e na fantástica final da I Copa da Costa Feminina, no álbum de cromos, nas Galas… E a resposta do fútbol da Costa pode ser contundente.

Hai 4 ou 5 proxectos en marcha, pero parece que de cara á vindeira temporada só 2 serán realidade.

Se por Mazaricos teñen xa 25 rapazas implicadas, este mesmo venres comezan a súa andaina cunha asemblea na que decidirá sen compiten en F8 ou F11.

Outro que vai adiante é o Unión Club Cee Feminino, xa con 20 rapazas implicadas para poñerse ás ordes de Rafa Suárez.

Ademais, teremos veciñas en xogo, pois a UD Paiosaco sacará dous equipos femininos, un dirixido por David Castro.

Por agora, serán 4 así os equipos da Costa os que competirán na 2ª División Feminina (veremos a división de grupos, unha vez que o Bergantiños e As Miúdas non competiron no mesmo este pasado ano). Pero aínda están a tempo para inscribirse ata o 30 de xullo.

Proxectos que terán que esperar

No seo da SD Soneira, ata o ano que vén non parece que sexa posible, pois non dou tempo a sacalo adiante este ano. Pero a semente está botada, e a familia irmandiña volcarase coa preparación o curso que vén.

Por Dumbría tampouco será este ano, pero o alcalde, despois de disfrutar da final da Copa Feminina, parece convencido da necesidade de apostar polo F11, unha vez que Dumbría xa é potencia nacional en material de FSF co Fisober, con 10 na elite.

Breves do Fisober

Un Fisober que precisamente vén de asinar un convenio de colaboración co FSF VIlla de Cee, para compaxinar equipos. Asi se o cadro dumbriés sacará infantil e cadete tendo como referencia o equipo sénior.
Un Fisober que celebra xornadas de portas abertas para captación de novos xogadores e xogadoras, e que ademais quere despedir, dende o máis alto, a Noe, que marcha do club para centrarse no futbol campo, despois de formar parte da familia Fisober dende a súa creación en 2004. Seguro que os seus camiños volverán cruzarse no futuro.

Aumento a nivel galego

A Federación vén de anunciar esta semana a creación da I Liga Infantil Feminina, na que poderán participar todas aquelas nenas nadas entre o 1 de xaneiro do 2006 e o 31 de decembro do ano 2007. Os equipos interesados en participar nesta nova Liga Infantil Feminina deberán realizar unha inscripción previa que finalizará o 9 de agosto.

Con esta Liga Infantil Feminina, a Real Federación Galega de Fútbol reafirma o seu compromiso co fútbol feminino despois do deseño, o curso pasado, da Liga Promesas destinada ás nenas das categorías prebenjamín, benjamín e alevín. Nesta Liga Promesas participaron un total de 14 equipos na súa primeira edición e foi todo un éxito.

Todas as novidades do FutFem