Luns. 16.09.2019
El tiempo

Mazaricos arma un Campus e un Torneo de FutFem e o Outes prepara o seu potente Campus

Mazaricos arma un Campus e un Torneo de FutFem e o Outes prepara o seu potente Campus

O Mazaricos C.F organiza un torneo benéfico de fútbol 8 feminino no campo de fútbol da Picota. Será o 24 de agosto e xa está aberto o prazo de inscrición, que é de balde, para os equipos. Para anotarse é preciso chamar ao 650 59 61 01. É preciso que tanto xogadoras como equipo técnico e a ou o adestrador vaia ao campo con algún produto non perecedoiro. Ademais, haberá churrasco a un prezo económico para as persoas participantes e o público.

Ademais, o Concello de Mazaricos vén de abrir a inscrición para a nova edición do Campus de Fútbol. As pasadas edicións a actividade completou as prazas polo que, desde o departamento de Deportes aconsellan facer a inscrición canto antes no 981 86 71 04. Está indicada para nenos e nenas de 5 a 14 anos e o prezo é de 20€, nos que se inclúe roupa de adestramento.
O Campus será do 22 ao 31 de xullo en horario de dez da mañá a unha da tarde no Campus de Fútbol da Picota.

Campus Mazaricos 2019

Campus de Outes

Campus Futbol Outes 2019

O vindeiro luns día 1 de xullo do 2019 dará comezo o VI Campus de Fútbol Juan Gómez Barreiro. Esta edición, despois do éxito do pasado verán, contará con máis dunha ducia de adestradores invitados entre os que se encontran Mamuel González Corredoira, Juan Manuel Díaz (Roque), Óscar Leis, e un longo etc. Todos eles titulados pola Real Federación Galega de Futbol e de contrastada valía nos banquillos.

O evento terá lugar do 1 ó 12 de xullo en horario de 10.00 a 13.30, disfrutando os [email protected] dunha pausa a media mañá para o avituallamento a base de auga e fruta.

Preto de medio cento de [email protected] de Outes, e concellos lindantes poderán disfrutar de charlas e adestramentos a cargo dos adestradores invitados co apoio dos monitores locais. Como non, o campus tamén contará con xornadas lúdicas e saídas programadas.

O acto de inauguración terá lugar o luns 1 de xullo ás 10.30 da mañán da man do concelleiro de deportes de Outes D. Daniel Rodríguez e o acto de clausura será o venres 12 ás 13.15 h. da man do alcalde local D. Manuel González así como outros persoeiros do eido do futbol autonómico e local. Para todo elo, o Outes FC contará coa inestimable colaboración do excmo. Concello de Outes, Real Federación Galega de Futbol, da entidade financieira A BANCA, CEIP de Outes e protección civil de Outes.

Novas relacionadas

Comentarios