Venres. 26.04.2024
El tiempo

FutFem: O Cerqueda, rei de derbis

Cerqueda Feminino 21-22
Cerqueda Feminino 21-22
FutFem: O Cerqueda, rei de derbis

Descansou o Bergantiños na primeira e As Miúdas na segunda, pero entre sábado e luns vivimos unha intensa xornada cun novo derbi que se levou o Cerqueda e coa primeira vitoria da tempada para o Cee.

Xallas 1 – 3 Cerqueda

Xallas: Xiana; Lucía Iglesias (Rosio, 55’), Lucía Fernández, Rita (Inés, 76’), Maite; Andrea Barbeira (Andrea Otero, 71’), Laura García (Tania, 60’), María Rial; Carmen, Yasmina e Yolanda (Alicia, 85’).

Cerqueda: Lidia; Saskia, Lorena, Lucía, Mónica (Myrella, 69’); Eva Carril; Cristina (Isabel, 60’), Ana, Paula, Zeltia; Naroa.

Goles: 0-1, 27’: Maite, en propia meta / 0-2, 49’: Ana / 0-3, 55’: Paula / 1-3, 80’: Yasmina.

Segunda xornada de liga e segundo derbi, xa, que vence un Cerqueda que está a amosar un potencial bárbaro para competir nesta categoría. As de Jorge Guillamet foron mellores durante todo o encontro ante o Xallas, que debutaba oficialmente na Fontenla.

O encontro comezou con dominio visitante, aínda que non eran quen de materializar ese dominio en grandes ocasións de perigo, ata que unha desafortunada Maite non acertaba ao despexar un córner e introducía o balón na súa propia portería. O gol espertou ás locais, que intentaron ir a polo empate, gozando de ata tres ocasións. Pero nada máis volver do descanso, os visitantes sentenciarían noutros dous saques de esquina.

Volveuno a intentar logo o Xallas, pero non atopou o gol ata o minuto 80, cando remontar o 3-0 do marcador era xa moi complicado.

Cee 2 – 1 Cacheiras

Cee: Noemí; Lurs, Lucía Barreiro (Lucía Facal, 83’), Ruth, Nerea; Lucía Canosa, Saray Durate, María Lijó, Andrea (Laura, 90’); Lucía Martínez (Marta, 88’) e Sharay Caamaño (Minverva, 66’).

Cacheiras: Lucía; Alba, Rocío, Judith, Uxía (Alba Tojo, 57’); Leticia (Diana, 69’), Carmen, Ayelen (Irene Mazón, 78’), Carla; Irene e Xiana (Tati, 79’).

Goles: 1-0, 6’: Lucía Canosa / 1-1, 20’: Uxía / 2-1, 46’: Lucía Canosa.

Se o Cerqueda dominou o balón parado, poderíamos dicir que o Cee dominou os compases iniciais do seu encontro ante o Cacheiras, que ademais significou o debut oficial para as de Rafa, que descansaran na primeira xornada.

As ceenses comezaron ben, cun bo gol de Lucía Canosa no minuto 6’ que facía xustiza ao dominio local ata o momento. Pero pronto mellorou o Cacheiras, conseguindo o empate quince minutos despois por medio de Uxía. Un empate que se mantivo no marcador pese a que ambos equipos contaron con ocasións.

Xa na segunda, Lucía volveu a ver porta no primeiro balón que tocaba e firmou un resultado que sería xa definitivo para darlle aos tres puntos a un Cee que parte como un dos equipos favoritos ao ascenso.

Comentarios