Xoves. 25.04.2024
El tiempo

FUTFEM: Xallas e Cee din adeus ao soño do ascenso

  • Dumbría, As Miúdas e Corme obtiveron resultados viables na ida para salvar a categoría
Xallas Feminino pasa de fase
O Xallas feminino
FUTFEM: Xallas e Cee din adeus ao soño do ascenso

Xornada complicada para os equipos costeiros nesta fin de semana de fases. Os Xallas e Cee, despois dunha temporada incrible, din adeus ao soño do ascenso tras perder por sendos 3-0 nas semis da Fase de Ascenso á 1ª. Un pau para os dous conxuntos, que tiñan moitas esperanzas nesta complicada fase.

Máis inxusta aínda é a Fase de Ascenso Condicionada da 2ª Div. Fem. que debería chamarse Fase pola Permanencia, pois equipos como o Dumbría ou As Miúdas, que acabaron 5º e 6º na liga, poden perder a categoría nunha eliminatoria a cara de can. Os dous equipos como o Corme, conseguiron resultados nesta ida que poden ser factibles de aproveitar na volta. O que practicamente ten un pé na 3ª, como o Mazaricos, é o Ponteceso, que está baixo mínimos nesta recta final e caeu na Copa ante o invitado Nicrariense, e caeu na ida por un claro 1-6 ante o Puentearnelas.

Fase Ascenso á 1ª Div. Fem.

  • Friol B - Xallas (3-0)

Partido no que as locais se adiantaron nos primeiros minutos cun bo tiro. Ata o descanso o partido non tivo máis chegadas ás áreas. Adiantaron liñas as de Rupper na segunda, pero sufriron o segundo tanto. Un man a man de Olalla poido ser clave para ter algunha opción pero o seu tema foise o lateral da rede. Cando xa estaban as xalleiras con todo arriba, nunha contra do Friol faría o definitivo 3-0.

  • Lóstrego B - Cee (3-0)
 

Ida da Fase de Ascenso Condicionada da 2ª Div. Fem.

A que debería chamarse Fase pola permanencia, disputou a ida das semifinais

  • Xuv. Aguiño - Dumbría (5-4).
  • As Miúdas - Galicia Caranza (1-0).
  • Milagrosa - Corme (2-1)
  • Ponteceso - Puentearnela (1-6).

Non foron malos os resultados dos equipos costeiros nesta ida. Dumbría e Corme sufriron derrotas mínimas fóra de casa polo que terán a opción de remontar na casa para salvar a categoría. Pola súa parte as Miúdas xogaban na casa, e conseguiron un resultado favorable, tras un partido con moita prudencia, que as costeiras puideron ter feito algún tanto máis que o de Patygol.

Mágoa este Ponteceso, que conseguía unha bola extra nos despachos por aliñación indebida do Peñasco, pero que está baixo mínimos e queda cun marcador moi complicado para a volta.

COPA

O Ponteceso caeu na Previa ante o Nicrariense que se mete nos Cuartos ante o Dumbría. O Corme-Xallas queda para martes ás 21:00h e veremos como quedarán os horarios pois Dumbría e As Miúdas (e veremos Corme) aínda están en competición.

Máis info

Comentarios