Martes. 23.04.2024
El tiempo

FUTFEM: Xallas e Cee superan a primeira eliminatoria polo ascenso; Mazaricos e Ponteceso, descendidas

Xallas Feminino pasa de fase
O Xallas busca o ascenso
FUTFEM: Xallas e Cee superan a primeira eliminatoria polo ascenso; Mazaricos e Ponteceso, descendidas

Disputouse esta fin de semana a primeira sesión da complicada 2ª fase da 2ª División Feminina, con 7 equipos costeiros en xogo. Unha segunda fase moi criticada polos clubs que a catalogan de “fase de permanencia sen sentido e inxusta”, ou de “eliminatorias impropias do que merece o fútbol femenino afeccionado no que incluso os gañadoras das ligas poden verse no risco de descender”.

As mellores novas chegaron dende o Xallas e o Cee, xa que os equipos verde e azul pasaron a primeira eliminatoria, aseguraron a permanencia e terán que superar dúas eliminatorias máis para conseguir o soñado ascenso á 1ª Div. Galega.

Pola contra, o Dumbría perdía ante o At. San Pedro e ademais de dicir adeus ao ascenso, terá que xogarse aínda a permanencia na categoría noutra eliminatoria a doble partido.

Na fase pola permanencia, As Miúdas e Corme pasaron a primeira eliminatori e terán que superar outra para manterse na 2ª Div.
Pola contra, despois da boa temporada, Mazaricos e Ponteceso marchan directas á 3ª tras perder os seus enfrontamentos, acompañando ao xa descendido Cerqueda.

Todas teñen tamén a cabeza posta na Copa da Costa cuia Previa xa arrinca este venres.

FASE DE ASCENSO á 1ª Galicia

Xallas - Eirís (3-2)

  • Xallas: Rosio; Laura, Rita, Saskia, Andrea Otero; María, Luchy, Andrea Barbeira; Olalla, Alicia e Yasmina. Tamén: Inés, Carla, Claudia, Paula Barcia, e Nuria.

Unha primeira metade de absoluto dominio das de Rupper e con moitas chegadas a meta do Eirís que non foron quen de materializar en goles. E na única vez que chegaron unha boa xogada da súa dianteira puña por diante o equipo visitante... Cando xa pensaba en arreglar o desaguisado e animar as rapazas no vestiario, un gol de Luchy despois dunha falta lanzada por Olalla e un máis de Yasmina dábanlle a volta o marcador chegando o tempo de lecer co 2-1 favorable.

A segunda parte o equipo visitante estivo mellor defensivamente e en ataque a base de ímpetu e balóns longos metiu en apretos á liña defensiva xalleira, mesmo antes do gol do empate Rosio gañaría un man a man. De contado cando xa facía números por si se alongaba o encontro cunha prórroga, aparecía Olalla cun golazo dende fóra da área que metía unha puñalada no corazón do Eirís que xa non se poideron recuperar.

Permanencia resolta e agora toca o Friol para poder seguir peleando por cotas maiores. Ata Lugo desprazaranse as xalleiras que se pasan terán que superar outra eliminatoria, esta a doble partido, para ascender.

Cee - Cacheiras (5-1)

  • Cee: Noemí, Lucía Rod., Lucía Facal, Alba, Nerea, Lucía Caamaño, María Lijó, Saray Duarte, Sharay Caamaño, Uxía e Lucía Martínez. Tamén: Laura, Andrea, Sabela, Antía e Ruth.

Comezaron as ceenses nerviosas, sen mover o balón como acostuman, á mercé dunhas vellas coñecidas como son as de Teo. Avisaron as visitantes pero Noemí mantiña a igualada sobre todo cunha gran intervención.
Pouco a pouco o Cee conseguía estirarse e nunha falta cometida sobre María Lijó, Saray facía un auténtico golazo. Sentou moi ben o tanto nas locais que se viñeron arriba e comezaron a apretar a saída do balón como nunca.

Tralo descanso Lucía Martínez aproveitaba un erro das visitantes para ampliar a renda, facendo grandísimos minutos nese comezo de segunda metade, sentenciando cos tantos de Lucías Martínez e de María Lijó.
Recurtaron contra o final as teenses pero Andrea faría o 5-1. “Marchamos con moita ilusión e con moitas gañas de xogar a seguinte fase”, sinalan dende o vestiario azulón, xa preparando o seguinte chanzo ante o Lóstrego.

At. San Pedro - Dumbría (2-0)

  • Dumbría: Naira, Carril, Mai, Noa, Martina, Eva, Claudia, Kelly, Yoli, Sabela e Juliette. Tamén: Lissette, Lucía, Reyes, Paula Rodríguez e Icía.

Recibía o Dumbría ao San Pedro co “pasillo” de campionas de Liga do seu grupo. Pero o Dumbría pelexou con todo, nun choque tenso, trabado por momentos onde ambos equipos tiveron que sacar o mellor para disputalo. Empezou dominando o Dumbría con varias internadas de Kelly e Sabela, pero non atoparon premio.
Si o conseguiron as locales nun pase ás costas de Ainoa, a máis destacada do At. San Pedro, que Alba non desperdiciou ante Naira. Tralo gol o dominio do balón foi para as locales, ainda que non daban finalizado polo traballo da zaga dumbriesa.
Atoparon o segundo gol tras un mal despexe, que volveu a deixar a Alba soa diante de Naira, que non pudo evitar ser superada chegando así ó descanso.

Lonxe de virse abaixo, as visitantes subiron en intensidade, ben armadas atrás, e buscando contragolpes cos que levar perigo. O partido era de ída e volta e as locales intentaban arañar tempo cada vez que o balón ía fóra. As dumbriesas tiveron varias ocasións tanto en xogada como a balón parado pero sen a claridade necesaria nos últimos metros. Amellor ocasión foi nos pes de Juliette que roubou e foi derribada cando encaraba a Ángela, o libre directo sairía alto. E o esforzo por meterse na loita difuminouse, eso si, plantando unha bonita batalla a un equipo campión e con ocasións ata o final.

Fase pola Permanencia

As Miúdas - Sárdoma C (2-1)

  • Adriana, Carla, Alba, Marta Verán, Ana, Marcela, Marta Piñeiro, Sofía, leti, Pati e Bárbara. Tamén: Clar e Marina.
  • Goles: 0-1, m.24; 1-1, m.66: Pati de penalti; 2-1, m.70: Marta Verán.

Partido de infarto en Miraglores. Un equipo que pesa ser un 12º clasificado xogou moi moi ben. As muradás costoulles controlar o xogo na primeira parte e a pesar de ter 4 ocasións claras foron 0-1 ao descanso.

Pero saíron dominadoras as de Lucho, a por todas. Empataba de penalti Patigol, e pouco despois, xa co partido moi intenso, Marta Verán fixo un golazo pola escuadra que sería o definitivo 2-1. Antes tocou sufrir, mesmo un balón ao pau, pero a primeira proba foi superada.

Corme - O Pino (2-0)

  • Crme: Belén; Aurora (Ana), Irene, Laura, María; Candela (Carla Vázquez), Lucia, Carla, Nati, Cris. Naroa.
  • Goles: 1-0: María; 2-0: Naroa.
Naroa do Corme feminino
A incombustible María. Foto: Fin Lema

Unha semana complicada e con moitas baixas para o equipo de Rubén Souto para afrontar esta finalísima. E aínda así o grupo demostrou ese carácter que as leva caracterizando todo ano de "bravas" e sacou o partido adiante. Ben é certo que non foron capaces de darlle continuidad o xogo que quere Rubén propoñer e só se viu por momentos do partido pero aínda así o equipo sempre acaba xenerando peligro cunhas Carla, Cris, Nati e Naroa que están acabando o ano cun nivel moi alto en canto a poder ofensivo.
O club celebrou a eterna xuventude de María, así como a titularidade das Candela e Aurora que demostraron o se crecimiento e que xa están para axudar o equipo cando faga falta.

Club Peñasco - Ponteceso (7-0)

A cadete Ainhoa fixo de capi do Ponteceso
A cadete Ainhoa fixo de capi do Ponteceso
  • Ponteceso: Colores, Sabela, Muíño, Myrella, Noe, Laura, Virginia, Berdeal, Lara, Ainhoa, Miriam. Tamén: María Lema, Alna, Lucía Vila, Laura.

Ata Coia tivo que desprazarse o equipo de Curro para decidir toda unha temporada a un só partido. Comezaba o encontro cunha calor abafante na que as pontecesáns só puideron facerlle fronte ao rival no primeiro cuarto de hora. A partir de aí sufriron varias inoportunas lesións e non foron quen de poder entrar no partido en ningún momento.

Caldas - Mazaricos (6-1)

Mazaricos feminino na fase

  • Mazaricos: Pedrosa, Claudia, Peta, Fátima, Mariña, Lúa, Silvia, Ánxela, Dani, Tamara, Jirra. Tamén xogaron: Saray, Romay e Buján.

Comezou mellor o cadro de Borja Sueiro, tendo o balón e xogando no seu campo pero sen crear ocasións. Pero cando mellor estaban as amarelas, penalti pouco claro provocou un baixón total. O Caldas comezou a ter o balón e a crear ocasións, marcando o segundo xusto antes do descanso.

Ao sair dos vestiarios seguían co dominio, pero Tamara nun erro rival está atenta e rouba un pase entre defensas para conseguir o 2-1. Gol que facía ilusionar ás costeiras, que non souberon aguantar esa incerteza ata o final e sufriron varios goles de tiros lonxanos.

 

MÁIS NOVAS DO FUTFEM

Comentarios