Venres. 29.03.2024
El tiempo

Julián fai líder ao Fisterra tras o derbi, mentres que Sofán e Fisober caen derrotados

Cea conduce o balón no derbi entre Fisterra e Xallas
Cea conduce o balón no derbi entre Fisterra e Xallas
Julián fai líder ao Fisterra tras o derbi, mentres que Sofán e Fisober caen derrotados

Espectacular. Non hai outra forma de definir a actuación de Julián na segunda metade do derbi entre Fisterra e Xallas (4-0). O talentoso centrocampista apareceu ao rescate dun encontro que necesitaba un axitador como o comer despois de que a primeira parte regalase pouco fútbol para os máis dos trescentos afeccionados que había no Arasolis. Seus foron tres dos catro goles que os de Purrúa lle endosaron aos de Santa Comba, incluído o cuarto, un auténtico golazo despois dunha gran xogada individual. As diferenzas no campo non foron tan marcadas como no resultado, pero o triunfo sérvelle á SD Fisterra para colocarse como líder en solitario desta preferente, e aínda sen encaixar ningún gol.

Dinámica contraria é a que leva o Sofán (1-2), que non puido sacar nada positivo no seu terceiro encontro xogado no Carral, onde ata agora estaban invictos. Os de Alberto se adiantaron no marcador grazas a un bo gol de Paulo, que segue de boa xeira, pero o poderoso Polvorín soubo darlle a volta cunha gran actuación individual de Álex Ramos, que brillara a tempada pasada en Fisterra.

Por outra banda, o Fisober tamén caeu derrotado (6-2) na súa viaxe a Santiago, ante o S.D. A Gaiola, que foi por diante no marcador durante todo o partido.

Comentarios