Venres. 19.04.2024
El tiempo

Liga da Costa: Esteirana e San Lorenzo xa reinan en solitario

Camariñas - Muros
Camariñas - Muros
Liga da Costa: Esteirana e San Lorenzo xa reinan en solitario

Desmárcanse un pouco Esteirana e San Lorenzo dos seus perseguidores seguindo invictos unha semana máis e amosando que vai ser moi difícil sacalos dos postos que dan acceso á fase de ascenso. Ademais, equipos como o Cabana e o Muros mostran credenciais que so demostran unha cousa: temos unha liga apaixonante por diante. Descansaron Baíñas e Buño, pero tivestedes a oportunidade de seguir todos os resultados en direto en www.futboldacosta.com

Subgrupo A 

Muxía 3 -1 Montelouro

Muxía: Hugo; Xan (Rui, 67’), Maikel, Maikel Mouzo, Congui; Julián (Fabián Sendón, 74’), Mauro Romaní, Edu (Abel, 79’), Víctor Alcaina, Isma Pose e Manu Nogueira (Fran Moreira, 21’).

Montelouro: Iago Romero; Miguel, Manolo Chouza (Geiko, 52’), Pablo Vidal, Lois; Yeray (Juan do Sivil, 83’), Raúl (David Lestón, 67’), Riki; Xian, Pesco e Íker (Antón, 57’).

Goles: 1-0, 16’: Xan / 2-0, 18’: Isma Pose / 2-1, 62’: Miguel / 3-1, 81’: Fran Moreira.

undefined

Á terceira foi a vencida para o Muxía de Diego Lobelos, que saiu ao campo consciente de que non se podían permitir outro tropezo para que os de arriba non se lle marchasen lonxe. E moi pronto levou ao terreo de xogo ese plan cun comezo demoledor, no que Xan e Isma facían dous goles en tres minutos para dar xa unha vantaxe clara no marcador.

Seguiu o Muxía dominando o xogo ata que, no quince da segunda metade, un gol de Miguel provocaba as primeiras dúbidas nos locais e daba folgos aos visitantes, que foron con todo a polo gol do empate. Algo que aproveitou moi ben o Muxía grazas a velocidade de Isma ou Fran Moreira, que fixo a sentencia a dez minutos do final.

Camariñas 2 – 3 Muros

Camariñas: Pablo; Barreiro (Hugo, 64’), Roi, Oli (Rodri, 21’), Pablo Suárez; Moriño (Sule, 25’ – Víctor, 34’), Carlos Arnela; Mario, Saviola, Nazo; Brandon.

Muros: Xandre; Ra, Iván Cerilla, Ramón, Gesto; Xaco, Saul (Flavio, 73’), Varo (Ángel, 76’); Ivi (Rubén, 66’), Xavi (Alon, 75’) e Dani.

Goles: 0-1, 15’: Ivi / 0-2, 17’: Xavi / 1-2, 43’: Nazo / 1-3, 45’: Gesto. / 2-3, 90’: Víctor.

Primeira derrota do Camariñas e primeira vitoria a domicilio dun Muros que vai moi en serio e que xa ocupa a segunda praza en solitario. Os de Felipe amosaron a súa mellor arma, a intensidade, dende o minuto un no Hermanas Patiño e pronto se puxo por riba no marcador. Ivi lograba o primeiro nun córner peiteado no primeiro pau e Xavi aproveitaba un erro de Pablo na saída para empurrar, so, o segundo.Os goles en contra se uniron as dúas lesións seguidas de Moriño e Sule, pero os de Berto, xa de volta no banco local, reaccionaron antes do descanso cun gol de Nazo, que aproveitou un rexeite de Xandre tras unha falta lanzada por Saviola.

Non quedaban máis de dous minutos para o descanso, pero o Muros aínda faría o terceiro despois de que, nun córner, Pablo salvase os dous primeiros remates, pero non puidese co de Gesto. Así, perdendo por dous goles, o Camariñas saíu dos vestiarios decidido a remontar dende o minuto un e pechou ao Muros no seu campo, creando varias ocasións e tendo Nazo a máis clara nun man a man que se lle foi alto. Pero o gol de Víctor chegaría xa demasiado tarde para conseguir o empate.

Esteirana 6 – 0 Lira

Esteirana: MJ; Code, Samu, Suizo, Simón; Dani, Óliver (Pachi, 71’); Álvaro (Elías, 71’), Pablo Rama (Adri, 53’), Álex Rama (Carajillo, 57’); Raúl Lestón.

Lira: Raúl Dosil; Castelo, Sebas, Pablo Rey, Marcos Porto (Fran Perico, 46’); Mamadou (Dani López, 89’), Yago (Maceiras, 62’), Lucas Carballo, Ángel; Juan e Oli (Joaquín, 81’).

Goles: 1-0, 13’: Raúl Lestón / 2-0, 16’: Muros, en propia meta / 3-0, 37’: Álvaro, de penalti / 4-0, 44’: Codesido / 5-0, 75’: Raúl Lestón / 6-0, 86’: Adri.

Partido sen demasiada historia o que se viviu no Xosé Luis Vara cunha Esteirana que está a ser o mellor equipo de toda a Liga da Costa e que leva 16 goles a favor, e so un en contra, en catro encontros. Pola súa banda, o Lira chegaba con varias baixas entre sancións e lesións, que se sumaron a un mal inicio que provocou que os locais se puxeran 2-0 antes do minuto vinte.

Intentou reaccionar o Lira, pero esta Esteirana ten tamén moita calidade defensiva, o que privou aos de Gabri de grandes ocasións. E antes do descanso, dous tantos máis dos blaugranas deixaban xa sentenciado un partido que aínda vería dous goles máis na segunda parte.

Outes 2 – 2 Cee

Outes: Álex; Cutu, Babu, Martín, Yura (Caamaño, 50’); Chía; Jose (Fran, 46’), Adrián Liste (Stefan, 80’), Iván, Roberto (Aarón, 26’); Eloy.

Cee: Maikel; Cristopher (Iago Trillo, 79’), Josiño, Chema, Tomás; Cote, Jose, Patera; Luis Lojo (Pablo Lestón, 73’), Cristian (Chila, 89’) e Bruno.

Goles: 1-0, 20’: Eloy Campos / 1-1, 42’: Bruno / 1-2, 87’: Cote / 2-2, 89’: Fran.

Outes Cee 2

Tremendo encontro o que se viviu no Conchido e que enfrontou a dous equipos que están a mesturar grandes ratos de fútbol con outros non tan bos. Cun destes comezou o Cee, que foi moi superado durante a primeira media hora, na que o Outes non creou moitas ocasións certamente perigosas, pero si fixo o gol nun bo remate de Eloy. Pero os de Rafa foron espertando co paso dos minutos e Bruno fixo o seu primeiro gol da tempada cunha chilena espectacular que metía de cheo aos visitantes no encontro.

Tanto, que na segunda parte viuse a un equipo distinto, sendo máis protagonista e máis dominador, pese a ser un partido sen moitas ocasións claras de gol. No 87’, Cote fixo un gol que parecía dar a vitoria, pero por terceiro partido consecutivo, os ceenses se deixaron puntos nos últimos dous minutos de encontro debido a un gol de Fran.

Subgrupo B

Castriz 0 – 1 San Lorenzo

Castriz: David Gerpe; Carlos Paredes, Alex Mourelle, Saúl Proupín; Kevin Varela (Álex Forján, 66´), Adrián García, Samuel, Anxo (Mata, 63´), Martín Gemelo (Guillín, 70´); Iván Pastoriza e Fabián.

San Lorenzo: Pujol; Fidi (Javi Puñal, 79’), Raúl, Lucho, Pablo Garrido; Eloy Arantón, Taibo (Dani Padín, 79’), Ures, Brais (Diego, 68’); Eloy Ferreiro (Alexis, 61’) e Mateo.

Goles: 0-1, 63’: Alexis.

Volve o San Lorenzo a amosar que é un dos grandes da Liga da Costa e que, pese a que algúns non contaran con eles, van estar arriba esta tempada. E iso que o seu inicio foi difícil, tratando de frear a un Castriz que saía moi agresivo e intenso, como case sempre no San Pedro. Pero a partir do minuto vinte, os visitantes comezaron a dominar a posesión e a chegar por bandas, cun Ures moi activo que puxo en problemas a defensa local, pese a que David non tivera moito traballo.

A segunda seguiu o guión, cun San Lorenzo cada vez máis dominador que tivo nos cambios o aire fresco que necesitaba. De feito Alexis, que levaba dous minutos no campo, fixo o gol a saída do terceiro córner consecutivo que botaban os seus. Coa derrota no marcador, o Castriz volveuse lanzar sobre á area dos de Verdillo, pero non atinou a crear ocasións perigosas, mentres que os de Adolfo si podían matar a contra. Ao final, Puyol apareceu un par de veces para evitar o empate e colocar aos carballeses de líderes en solitario.

Coristanco 0 – 1 Cabana

Coristanco: Diego; Lagoa, Nico, Rubio, Sergio (Marcos Corral, 60’); Joni (Borja Costa, 85’), Damián, Villajos (Adri Pazos, 60’), Jose Pazos, Javi; Castiñeiras.

Cabana: Víctor; Aaron, Naka, Raúl, Dani; Sergio Ferreiro, Sergio Antelo (Rubén, 86’), Diego Moreno, Diego Cachadiña (Nando, 83’), Raúl Corzón (Castro, 68’) e Manuel (Simon Collazo, 79’).

Goles: 0-1, 56’: Cachadiña.

Primeiro tropezo do emocionante Coristanco de Juni nesta tempada ante un Cabana que amosou que lle pode competir a calquera e que segue en boa xeira despois da goleada ante o Buño. Os visitantes foron mellores durante toda unha hora na Rocheira, aínda que na primeira metade non foron quen de crear perigo verdadeiro.

Na segunda cambiou o conto e, xa ao comezo, Manuel estivo a punto de facer o primeiro cun remate de cabeza a portería baleira, pero non acertou. Pouco despois o que si o fixo foi Cacha, que sacou a variña para mandar unha falta a escuadra por riba da barreira dende uns 25 metros. Foise entón o Coristanco arriba, pero só Pazos fixo esmerarse a Víctor cun gran remate de volea. Os locais o intentaron, sobre todo, a balón parado, pero non conseguiron facer o empate.

Nantón 1 – 2 Cerqueda

Nantón: Guille; Javi Muiño (Fran, 46’), Eloy (Álex, 84’), Costiña, Martín Suárez, Pablito (José Busto, 84’), Cigarini (Alejandro Amado, 46’), Iván Redondo, Pastor (Iván Moreira, 72’), Juan e Josiño.

Cerqueda: Óscar; Dani, Javi Souto, Andrés Olmedo, Marcos Pensado; Iván; Breo Rey (Sergio Martínez, 90’), Manu Guillamet (Brais Fraga, 85’), Lorenzo, Jonathan (Aarón Sánchez, 63’); Julián.

Goles: 0-1, 24’: Manu Guillamet / 1-1, 27’: Josiño, de penalti / 1-2, 36’: Breo Rey.

Chegaban ás Fontiñas dous equipos con necesidades, e iso se veu dende o comezo polas gañas e a intensidade que amosaron ambos, pese a non crear moitas ocasións. O Cerqueda levou o mando da posesión e conseguiu facer o primeiro nun remate de cabeza de Manu Guillamet, aínda que aos tres minutos Josiño empataba logo dun penalti cometido sobre Redondo, cando ía empurrar a gol o balón. E outra vez, sen moito tempo para asimilalo, chegou o definitivo tanto de Breo Rey, cunha fermosa volea dende a frontal da área.

Así se foi ao descanso, e pese a que na segunda metade o Nantón saíu mellor, o marcador non se movería grazas ao oficio e á solidariedade defensiva que demostraron os visitantes. A máis clara dos locais chegou nun córner, pero Óscar sacou a relucir os seus reflexos para evitar o empate e certificar unha vitoria moi importante para o Cerqueda.

Malpica 3 – 1 Sp Zas

Malpica: Damián; Mante, José Ángel, Lorenzo (Laik, 76’), Andy; Alberto Esmorís; Jordan (Julián, 56’), Jairo, Aday, Alberto Hombre (Manu Pérez, 75’); Iván (Andi Rey, 79’).

Sp Zas: Pereiras; Andrés, Dani Mato, Kiko Torres (Pablo, 77’), Miguel; Brais (José Ángel, 77’), Adri Rama (Darío, 73’), Álvaro (Iván Caamaño, 69’), Iván Mato; Dani e Yago.

Goles: 1-0, 17’: Lorenzo / 2-0, 44’: Alberto Hombre / 2-1, 88’: Kiko Torres / 3-1, 92’: Andi Rey.

Malpica Zas

Partido moi igualado, sobre todo na primeira parte, na que os locais non comezaron ben, sobre todo en defensa con varios erros nada mais comezar. Pero o Zas non as aproveitaba e a calidade do Malpica comezaba a impoñer o seu xogo por medio de Ivan, Jairo e Alberto Hombre. Os de Gurita comezaron a bombardear a área visitante en xogada e co balón parado, como chegaría o primeiro despois dun remate de Lorenzo no segundo pau. Un Lorenzo que aínda puido facer o segundo pouco despois, con outro remate que deu nos dous postes antes de saír despedida. Non obstante, o segundo gol sería obra de Alberto Hombre, cun potente disparo de falta ante o que Pereiras puido facer algo máis.

A segunda parte comezou de xeito semellante á primeira, con varios erros defensivos locais que os visitantes non aproveitaron. Foi contra o final, e xogando xa con nove por dúas expulsións, cando o Zas acurtaría distancias nun man a man no que Kiko non perdoou. Un gol ao que pronto volveu responder o Malpica para pechar o triunfo tras un intento de vaselina de Jairo, que daría no traveseiro e que empurraría Andi Rey, para sentenciar o encontro.

Comentarios