Domingo. 28.04.2024
El tiempo

Liga da Costa: Goles e mais goles tras vinte meses de espera

Cerqueda - Coristanco
Cerqueda - Coristanco
Liga da Costa: Goles e mais goles tras vinte meses de espera

Por fin temos de volta unha Liga da Costa que chega máis fermosa e atractiva que nunca pola igualdade que semella que vai haber en ambos grupos. Nesta primeira xornada descansaron Camariñas e Malpica. Xa podedes ver as clasificacións en www.futboldacosta.com 

Subgrupo A

Cee 3-2 Lira

Cee: Maikel; Cristopher (Luis Lojo, 40’), Chema, Ángel Golpes, Tomás (Leo Picallo, 73’); Cote, Jose, Josiño; Cristian (Antón Lestón, 57’), Bruno (Isaac, 46’) e Patera.

Lira: Balayo; Manuel Cartamil, Pablo Rey, Sebas, Ángel; Lucas, Migueliño (Santi Cubelo, 89’), Fran (Maceiras, 73’), Mamadu; Óliver e Juan.

Goles: 1-0, 14’: Pablo Rey, en propia meta / 2-0, 49’: Isaac / 2-1, 61’: Juan Formoso / 2-2, 64’: Lucas / 3-2, 86’: Chema.

O choque comezou cunha merecida homenaxe a Jorgito, retirado.

Comeza con vitoria un dos proxectos máis fermosos do Unión Club Cee nos últimos anos. Unha vitoria, iso si, que rematou por ser máis axustada do que se esperaba tras un inicio de partido moi bo por parte dos de Rafa. De feito, xa nos primeiros minutos, o colexiado anulaba un gol a Bruno por suposta man. Gol que chegou pouco despois cando Pablo Rey peina un centro lateral que se acaba colando na súa propia portería. Puido ser maior a vantaxe local ao descanso, que tivo grandes oportunidades na cabeza de Cristian e no pé dereito de Josiño, que mandou un gran disparo ao traveseiro.

A segunda metade comezou como rematara a primeira, e no primeiro balón que tocaba, o fisterrán Isaac facía o 2-0. Un Isaac que tivo a sentencia tras regatear ao porteiro no un para un, pero esvarouse antes de empuxala á rede. Aínda así, mantivo o control o Cee ata un desentendemento defensivo que acabou con Juan encarando só ante Maikel para acurtar distancias, antes de que Lucas empatase o partido aos tres minutos. Ante ese espertar liracho, tocoulle ao Cee tirar de épica e o intentou a través de Luis Lojo e Isaac, aínda que Balayo detivo os disparos de ambos. Ata que a cinco minutos do final, nada puido facer ante un gran disparo de Chema dende lonxe. Tivo a última o Lira nun córner, pero Maikel voou para evitar o empate.

Muxía 1-3 Outes

Muxía: Hugo; Rui, Maikel, Conguito (Toja, 83’), Fabián Sendón (Canosa, 55’); Edu, Mauro (Darío Cadstiñeira, 89’), Fran Moreira; Víctor, Isma e Abel.

Outes: Álex Pouso; Cutu, Santamaría, Chia (Ryan, 78’), Roberto (José Ángel, 93’), Aaron, Stefan, Eloy Campos (Fran, 73’), David Jurado, Iván e Adrián.

Goles: 1-0, 1’: Fran Moreira / 1-1, 3’: Iván / 1-2, 87’: Roberto / 1-3, 93’: Roberto.

Mal inicio dun dos grandes favoritos deste subgrupo xunto á Esteirana, o Muxía de Diego Lobelos e Óscar Leis. E iso que o comezo do encontro foi inmellorable, cun gol no primeiro minuto da tempada de Fran Moreira tras un bo disparo dende dentro da área. Non obstante, o Outes non se amedrentou ante o tanto local e fixo o empate tras un erro da zaga muxiá. A partir de entón, os locais quixeron coller os mandos do partido coa súa calidade no medio e no ataque, pero o Outes soubo xogar ese outro fútbol, conseguindo que o ritmo non fose moi alto. Aínda así, Isma e Fran tiveron ocasións para irse ao descanso con vitoria, pero o acerto de Pouso e a mala puntería deixaron o empate no marcador.

A segunda parte volveu a ser un monólogo muxián ante un Outes que non apareceu pola área rival ata os últimos minutos, cando primeiro cun disparo ao traveseiro e despois con dous goles na recta final sentenciaban o encontro. Iso si, o 1-2 foi moi protestado pola parroquia local debido a un fóra de xogo que semellaba evidente.

Muros 3-1 Baíñas

Muros: Xandre; Ra, Iván Cerila, Dani Jurjo, Gesto; Xaco, Ivi (Kin, 90’), Varo (Flavio, 70’); Ismiña (Jose Cacharro, 59’), Alon (Meca, 59’) e Xavi (Ángel, 87’).

Baíñas: Carlos; Chico, Maikol, Hermida, Dylan; Esteban, Cristian Canosa, Oreiro (Jorge Quintáns, 73’), Lucas (Charly, 46’); Brais Tajes (Raul Gonzalez, 46’) e Adrián Canosa (Raul Antelo, 46’).

Goles: 1-0, 18’: Ivi / 2-0, 29’: Xaco / 2-1, 48: Cristian Canosa / 3-1, 80’: Xavi.

Así formou o Muros

Partido e moi bonito o que se viviu no Eleuterio Balayo para estrear a tempada ante un bo ambiente nas bancadas. O Muros comezou mellor con ocasións nas botas de Alon e Iván, aínda que sería Ivi o que inaugurase o marcador despois de facer un golazo de falta. Deulle ás o gol aos locais, que dez minutos despois conseguían o segundo tras un saque de banda longo no que Xaco mandaba á pelota a rede dun cabezazo.

O Baíñas atopouse cun gran Xandre, que detivo as poucas ocasións creadas polos de Roski na primeira parte, pero que nada puido facer ante o pronto gol de Cristian Canosa na segunda. Foi o mellor momento dos visitantes, que gozaron de ocasións a través do propio Canosa, Charly ou Raúl, pero que nada puideron facer ante a exhibición do gardameta local. Finalmente, cando máis estaba atacando o Baíñas, Xavi fixo a sentencia co 3-1.

Monte Louro 1-5 Esteirana

Monte Louro: Hugo; Juan do Sivil (David Lestón, 72’), Raúl (Antón, 81’), Borja (Íker, 64’), Pablo Vidal; Dani (Pesco, 57’), Xian, Riki (Manolo Chouza, 82’), Juan Lois; Miguel e Piti.

Esteirana: MJ; Codesido, Samuel, Simón (Sergio, 71’), Raúl (Álvaro, 75’); Dani (Rodrigo, 80’), Adri García (Damián, 5’), Adri ; Álex Rama, Óliver e Pachi (Carajillo, 59’).

Goles: 0-1, 2’: Juan Lois, en propia meta / 1-1, 59’: Pesco, de penalti / 1-2, 60’: Álex Rama / 1-3, 67’: Óliver / 1-4, 68’: Raúl Lestón / 1-5, 90’: Óliver.

Gran afluencia de publico no Agra de Filgueira e emotivo minuto de silencio por Mingacho da Canela, no que o presidente lle fixo entrega dun pequeno detalle do club ó seu neto. Tras ese bonito momento, o choque comezou cun pronto gol da Esteirana, que aproveitou un erro defensivo para poñerse por diante. A partir de entón, os visitantes colleron, como era de prever, os mandos do encontro, pese a non crear moito perigo na primeira metade.

O Monte Louro comezou mellor a segunda e foi quen de empatar o encontro dende os once metros. Non obstante, o gol espertou a unha dianteira sen igual na categoría que sentenciou o partido en oito minutos a través de Álex Rama, Raúl e Óliver.

Subgrupo B

San Lorenzo 4-1 Cabana

San Lorenzo: Puyol; Diego Fidalgo, Iglesias, Luciano, Pablo Garrido; Taibo (Styven, 74’) Diego Varela, Ures (Puñal, 52’), Mateo Canedo, Alexis (Mato, 68’) e Eloy (Ferreiro, 68’).

Cabana: Víctor; Iván(Rubén Reigia, 57’) , Sergio Antelo, Moreno (Christian, 74’), Pablo Márquez; Diego (Pablo Senande, 57’), Sergio, Cachadiña, Raul; Aarón (David, 74’) e Simón.

Goles: 1-0, 10’: Alexis / 2-0, 22’: Pablo Garrido / 3-0, 43’: Diego Varela / 4-0, 65’: Alexis / 4-1, 85’: Sergio.

Así formou o San Lorenzo

Debut soñado do San Lorenzo ante un xovencísimo Cabana que promete dar moita guerra esta tempada. Os de Verdillo foron mellores de comezo a fin e marcharon ao descanso co encontro xa sentenciado. Na segunda parte o Cabana mellorou e incluso puido recortar distancias antes de que Alexis fixese o cuarto. Finalmente, co partido xa decidido, Sergio fixo o gol da honra.

Nantón 0-4 Castriz

Nantón: Guille, Alberto, Eloy (Alejandro, 65’), Costiña, Martín Suárez; Pablito (Rúper, 73’), Juan Redondo (Javi Muiño, 77’), Touriñán; Josiño, Cigarini e Pastor ( Álex Orgueira, 57’).

Castriz: David Gerpe; Carlos, Álex Mourelle (Guillin, 67’), Forján: Iván Pastoriza, Adrián García, Iván Facal, Mata (Kevin Varela, 65’), Fabián; Noly (Samuel Castro, 58’) e Braulio.

Goles: 0-1, 11’: Braulio / 0-2, 43’: Malvarez, de penalti / 0-3, 71’: Iván Pastoriza / 0-4, 81’: Iván Pastoriza.

Parecido ao que pasou en Verdillo, Nantón e Castriz xogaron un encontro sen moita historia que deixa aos de Santa Comba líderes xunto a San Lorenzo e Coristanco, quizais os tres grandes candidatos a ocupar eses tres postos que dan acceso á fase de ascenso. O mítico Braulio se estreou co Castriz cun gol aos once minutos ao que intentou responder o Nantón con algunha chegada de perigo. Pero o penalti transformado por Malvarez antes do descanso ampliaba a vantaxe.

Outra vez o Nantón intentou ir arriba na segunda metade, pero o Castriz semellou telo controlado en todo momento. Así o amosaron os dous goles de Iván Pastoriza nos dous últimos miniutos.

Cerqueda 2-3 Coristanco

Cerqueda: Óscar; Iván, Marcos, Daniel, Sergio (Carlos Loureiro, 65’); Breo, Andrés Olmedo, Javino (Rial, 43’); Manu Guillamet, Eloy e Julián (Nico, 70’).

Coristanco: Diego Mallo; Sergio, Belar (Nicolás Abelenda, 70’), Lagoa, Borja (Jonathan, 33’); Pazos, Samu Vázquez, Mario Rodríguez; Gonzalo, Dani Castiñeiras (Dani Vázquez, 75’) e Damián Blanco (Adrián, 60’).

Goles: 1-0, 23’: Julián / 1-1, 55’: Pazos / 2-1, 60’: Dani García / 2-2, 61’: Dani Castiñeiras / 2-3, 70’: Pazos.

Apetecía e moito ver competir aos renovados Cerqueda e Coristanco, sobre todo ao segundo, ao que despois deste verán lle caeu o cartel de ser un dos favoritos do subgrupo. Pero o cartel non xoga dentro do campo e o Cerqueda foi mellor durante unha primeira metade sen demasiadas chegadas de perigo real, máis alá do gol local conseguido por Julián.

Tras o paso por vestiarios, reaccionaron os visitantes, que empataron o choque con gol de Pazos aos dez minutos, despois dalgunha ocasión malograda. O gol reactivou a un Cerqueda que volveu a poñerse por diante por medio de Dani García, aínda que inmediatamente recibiu a resposta en forma de gol do Coristanco. Os de Juni seguiron sendo superiores e ameazando a área local ata atopar o gol da vitoria, obra novamente de Pazos.

Sp Zas 3-3 Buño

Sp Zas: Pereiras; Andrés, Ángel, Kiko, Mikel; Dani Mato (Adri, 56’), Brais; Miguel (Darío, 64’), Álvaro (Dani, 50’), Iván; Iago

Buño: Xurxo; Adrián, Fran, Jose, David; Bastón, Martín, Luis (Jorge, 60’); Omar (Elías, 81’), Yago e Juan.

Goles: 0-1, 47’: Yago / 0-2, 53’: Juan / 1-2, 59’: Iago / 2-2, 61’: Iván Mato / 2-3, 64’: Juan / 3-3, 71’: Iago.

Zas - Buño

Partido moi bonito o que puideron desfrutar os afeccionados que se achegaron ante San Andrés para ver aos novos Sporting Zas e Buño. E iso que a primeira parte deixou moito que desexar, con imprecisións propias de tanto tempo sen competir e con poucas ocasións por ambos bandos.

Non obstante, a emoción chegou toda no segundo acto, que xa comezou con cinco goles antes do minuto vinte. Adiantouse por partida dobre o Buño en apenas cinco minutos para que Iago e Iván Mato igualasen en catro fugaces minutos nos que espertou o Zas. Pero ao intre, volveu adiantarse o Baio co segundo de Juan, ao que replicou Iago empatando o encontro no 71’ e facendo o segundo da súa conta particular.

Comentarios