María Bardanca: “Unha nena que soñou en grande”

María Bardanca coa camisola da Selección Española nos 90 e nos 2023

Falabamos nas presentacións do álbum da importancia de que as novas rapazas que hoxe en día comezan a poñer unhas botas de fútbol, teñan referentes. E precisamente por iso escollemos para o prólogo do álbum #FUTFEMDACOSTA (lembramos que foi Vero Boquete o que abría o álbum do #FUTFEMGALEGO) unha muller da nosa comarca que foi unha auténtica pioneira.

A bergantiñá María Varela Bardanca, hoxe técnica deportiva no Concello de Malpica e actual adestradora no singular club Awen carballés, foi unha das integrantes da primeira Selección Española de Fútbol Sala aló polos comezos dos anos 90. Antes, xa dende os 11 anos, adestraba co Karbo da Coruña a pesar de non poder ter ficha, e despois xogou en clubs punteiros como o San Lence, o Ourense FS ou o Meiras FSF, ademais de ser protagonista en innumerables ocasións coa Selección Galega.

María é Licenciada en Ciencias da actividades física e posgrado en Xestion deportiva Municipal pola Universidad. De Barcelona. Ten adestrador no Oza Cesuras categoría Nacional Juvenil, no Viaxes Amarelle FSF provincial e autonómica, ten sido Seleccionadora da Selección Galega Absoluta Femenina e ten recollido xa Medalla o Merito Deportivo 2022 da Xunta de Galicia.

Entre os seus títulos destaca o de Campeona de España División de Honra, Campeona Copa SSMM La Reina, Campeona España de Seleccións Autonómicas, Campeona Superbowl, así como varios torneos internacionais como Glasgow Escocia Futbol Indoor, ou torneos en Sao Paulo (Brasil), en Cerdeña (Italia, onde ademais foi escolida como Mellor xogadora do Torneo), em Río de Janeiro (Brasil) ou Chaves (Portugal). Nestes últimos anos goza ao máximo do seu deporte favorito e tamén das súas compañeiras na vermella nas concentracións de lendas do futsal estatal que organiza a Federación por toda España.

Maria Bardanca coa Seleccion Española de Lendas

A pesar de todo isto, a bergantiñá sempre fai fincapé (así o fixo na presentación do álbum en Muros e tamén na charla que impartiu xunto a Elena Vázquez en Buño na previa de Reis, na cultura do esforzo, e na idea de que a rapaza que queira triunfar, teno na súa man sempre que se esforce o suficiente.

De feito, así tamén o recolle no álbum:

 

Máis novas de María Bardanca

Máis novas do álbum