María Varela Bardanca e Elena Vázquez: pasado e presente da revolución do FUTFEM na Costa da Morte
En poucas cousas é pioneira a Costa da Morte, pero en materia de fútbol feminino a historia da nosa comarca é diferente. Xa nos anos 80, aquelas María Varela Bardanca e compañía fixeron que a primeira Selección Feminina de Fútbol Sala da historia tivese acento carballés. E en pleno século XXI, ademais dunhas Campionas Galegas sub11, temos ata unha xogadora internacional subcambiona do mundo como Elena Vázquez.
Ambas xuntáronse esta tarde de sábado 4 de xaneiro de 2025 no CAT de Buño, na previa do Partido Solidario do Combinado FEM da Costa-QPC celebrado en Xaviña. Foi un Encontro co Fútfem da comarca, moderado pola xornalista malpicá e xogadora do Ponteceso, Laura Rodríguez, divulgadora do noso deporte en @mareandoxogo.
Laura foi lanzando preguntas, de onte a hoxe, repasando as diferencias pero tamén similitudes que se atoparon tanto María aló polos 80 como Elena a comezos dos 2000 para xogar ao fútbol co resto de nenos. María fixo moito fincapé en trasladar a cultura do sacrificio e do esforzo en cada unha das xogadoras, como clave para chegar ata onde unha se imaxine.
Elena debullou como é o día a día dunha xogadora xa profesional, pasando en apenas 2 anos dun vestairios como o do Bergan e o da Selección da Costa e un de 1ª Div. como o do Depor Abanca.
Unha xornada para que as nosas xogadoras coñezan referentes cercanos.