mércores. 30.04.2025
El tiempo

“Pero vós sabedes o importante é ter un cromo?”

Presentacion do album de cromos futfemdacosta en Dumbria-Raul Gonzalez
O alcalde de Dumbría Raúl González na presentación do álbum no Conco
“Pero vós sabedes o importante é ter un cromo?”

Xa está o álbum dre cromos do #FUTFEMDACOSTA por toda a comarca. Tralas catro presentacións realizadas esta semana, as case 600 protagonistas dos 30 equipos de 23 clubs do fútbol da Costa xa teñen a sorte de contar cun álbum de cromos único en Galicia.

Tralas presentacións de Muros e de Buño, este pasado xoves o equipo de Quepasanacosta (formado por Alberto Pose, Óscar Leis e Ubaldo Cerqueiro) fixo doble parada, en Vimianzo e Dumbría.

Presentacion do album de cromos futfemdacosta en Vimianzo pro
Mónica Rodríguez, Javier Sar, Sandra Vilela, Sandra Insua, Lolo Muíño e José Medoña representaron aos concellos colaboradores na presentación de Vimianzo

A acollida non puido ser mellor, e as xogadoras da comarca encheron tanto a sala de conferencias da Casa da Cultura de Vimianzo como a Biblioteca do Conco. Bo acollida ademais dos nosos Concellos, como se refrendou coa importante de presenza de alcaldes e alcaldesas dos concellos que colaboraron coa iniciativa (Malpica, Cabana, Carballo, Ponteceso, Mazaricos, Muros, Vimianzo, Camariñas, Muxía, Zas, Dumbría, Fisterra e Corcubión) arroupando as súas xogadoras, dando conta do sentimento de pertenza e de orgullo que fomenta unha iniciativa como esta. Foron eles os que fixeron entrega dun álbum a cada unha das xogadoras dos seus concellos.
Quixo Ubaldo agradecer na presentación a colaboración municipal e tamén a do Grupo As Baleas, principal patrocinador deste álbum que recolle a sobresaínte revolución do noso #futfem nos últimos anos, que nos está convertindo en referente a nivel autonómico.

Presentacion do album de cromos futfemdacosta en Dumbria-Raul Gonzalez-Drok e Aurea Dominguez
Raúl González, Drok e Áurea Domínguez estiveron presentes no Conco

”Pero vós sabedes o importante é ter un cromo?”, espetoulles na presentación o alcalde dumbriés Raúl González. “Téñovos envidia e non sana, porque non hai envidia sana”, recoñeceu repasando os seus tempos de futbolista do UC Cee e lamentando que el nunca vai poder ter un cromo de seu.

A vimiancesa Mónica Rodríguez deu os parabéns a todas as protagonistas, a alcaldesa de Fisterra, Áurea Domínguez recoñeceu o seu orgullo de “alcaldesa fisterrana”, e a rexedora camariñá Sandra Insua lembrou que estamos no mes da muller, e fixo fincapé en como cambiaron as cousas dende os tempos nos que as referentes como Pili Neira ou María Bardanca lles chamaban “marimachos” simplemente por facer o que lles gustaba: xogar ao fútbol.

Presentacion do album de cromos futfemdacosta en Vimianzo-Monica Rod
Mónica Rod. facendo entrega dos álbumes ás xogadoras do Soneira
Presentacion do album de cromos futfemdacosta en Vimianzo-Sandra Insua
Sandra Insua facendo entrega dos álbumes ás camariñás
Presentacion do album de cromos futfemdacosta en Vimianzo-Lolo Muino e Jose Medona Zas
Lolo Muíño e Jose Medoñas entregaron os álbumes ás xogadoras do Zas
Presentacion do album de cromos futfemdacosta en Vimianzo-Javier Sar e Sandra Vilela
Javier Sar e Sandra Vilela fixeron o propio cas muxiás

Falaron tamén en Dumbría o alcalde de Corcubión Francisco Domínguez Traba, “Drok”, e en Vimianzo Javier Sar (alcalde de Muxía, que estaba acompañado pola teniente de alcalde Sandra Vilela), ou o alcalde de Zas, Lolo Muíño (tamén acompañado polo edil José Medoña) que lembrou que “ao fútbol costeiro faltáballe outro pé, que era este, o fútbol feminino”.

Moi ben acaídas tamén as palabras de Manuel Espasandín, responsable do subcomité arbitral da Costa, sempre moi agradecido á atención que lle presta a familia QPC en todas as súas iniciativas. “agora xa somos 7 árbitras, que nos encanta estar neste álbum, pero seguro que pronto seremos máis”, sinalou invitando ás xogadoras a unirse a este grupo de dobles pioneiras, que xa está formado por 150 colexiadas en toda Galicia.

Presentacion do album de cromos futfemdacosta en Vimianzo-Arbitras Enrique Noe
Noe Vimi gañou a camiseta cedida polo subcomité arbitral por encontrar o cromo de Enrique

 

Pero sen dúbida, o mellor foi ir vendo as caras das protagonistas ao ver os primeiros cromos, e cando conseguían atoparse. A ilusión é máxima, e a nosa alegría, igual.

Presentacion do album de cromos futfemdacosta en Vimianzo-Xogadora
Unha xogadora e árbitra flipando co seu cromo
Presentacion do album de cromos futfemdacosta en Dumbria co fisober
Xogadoras do Fisober co álbum arroupadas polo alcalde dumbriés Raúl González e o concelleiro Iván Pequeño
Presentacion do album de cromos futfemdacosta en Dumbria coas alevins do Dumbria
Alevíns do Dumbría arroupadas polo alcalde dumbriés Raúl González e o concelleiro Iván Pequeño
Presentacion do album de cromos futfemdacosta en Dumbria coa SD Fisterra
Xogadoras da SD Fisterra arroupadas pola alcaldesa Áurea Domínguez
Presentacion do album de cromos futfemdacosta en Dumbria co Corcubion e Cee
Xogadoras do Cee Corcubión e o Cee arroupadas polo alcalde de Corcubión

Máis novas do álbum

Comentarios