Mércores. 08.12.2021
El tiempo

QPC lanza un pioneiro álbum de cromos do Fútbol Feminino Galego

Os equipos do Fútbol da Costa tamén forman parte desta singular iniciativa
Album Futfem Galego portada cuadrada
QPC lanza un pioneiro álbum de cromos do Fútbol Feminino Galego

A revolución do #FutFem é imparable. E así o refrenda a posta en marcha do novo e pioneiro proxecto que lanza QPC e Sportcrom. Tralas marabillosas experiencias vividas nos pasados álbumes de cromos desenvoltas arredor do Fútbol da Costa, este ano quixemos dar un salto a toda Galicia, lanzando o primeiro Álbum de Cromos do Fútbol Feminino Galego.

Unha inciativa pioneira mesmo a nivel estatal que servirá para crear espellos onde se poidan mirar as máis de 600 xogadoras protagonistas desta singradura De feito, a imaxe do proxecto non é outra que Vero Boquete. A actual xogadora do Milan AC é unha das mellores xogadoras da historia do noso deporte..

O álbum contará con máis de 30 equipos de toda Galicia, dende o Depor Abanca da Liga Reto Iberdola, pasando por todos os equipos de 1ª Nacional e 1ª Galega (entre os que está o Bergantiños), ademais, como non podía ser doutro xeito, dos equipos do fútbol costeiro da 2ª Galega: As Miúdas, Cee, Cerqueda, Xallas e Mazaricos. E, por suposto, haberá espazo para as árbitras do país!

Xa podedes seguir todas as novidades nas redes sociais do proxecto:

Aquí tendes unha das caras máis visibles da revolución do #FutFem galego, Rocío Candal, presentando un proxecto do que ela tamén forma parte:

Máis novas do Álbum de Cromos

comentarios