Pablo Caamaño, unha carreira diferente

Pablo Caamaño foi nomeado Delegado do Ano nas Galas QPC

No mundo do fútbol costeiro, existe esa persoa vinculada a este deporte que pasa por todas as facetas que hai dentro dun club. Normalmente segue unhas pautas establecidas pola lóxica xeracional, pero sempre existe unha excepción para confirmar a regra.

Este é o caso de Pablo Caamaño. Xa se vía algo diferente no fútbol, cando a maioría escolle para animar a Real Madrid ou Barcelona e el decantouse por ser siareiro do Atlético de Madrid, e non de agora que pode ser mais fácil, se non cando eran o Pupas.


Pablo, como Delegado do Cerqueda

Pero no que con leva o Fútbol da Costa, el é desa gran "fauna" de xente que vale para todo. 
E comenzou a súa etapa na Costa como directivo do Sporting Seaia, na súa fundación cursando a tempada 2013-2014, un proxecto que sería un éxito pois ese mismo ano lograrían o ascenso á Liga da Costa despois de gañar os playoff o Ameixenda nunha eterna tanda de penaltis.

Posteriormente por circunstancias futboleiras tivo que coller as rendas do banquillo do mismo SP. Seaia, ata que atoparan outro adestrador para o cargo.

Despois fixo un cambio de aires, e novamente de papeles, esta vez sería o delegado da UD Cerqueda que dirixia Raúl Periscal, varios amigos íntimos que militaban no clube convencerono para que aceptase ese cargo, que a posteriori lograría o galardón a mellor delegado da costa, otorgado por os colexiados na gala de QPC.

E actualmente volveu as orixes, o seu Seaia, para seguir dando voltas a sua carreira, agora si disfrutando dende o campo como xogador.

Cando o habitual é ser, xogador, delegado, adestrador e presidente, el foi capaz de revertir esa carreira e saír ileso do intento, pois aparte é unha persoa coñecida e respectada por todos, tanto no ámbito futbolístico como no persoal. 


Pablo agora xoga no Seaia

OUTROS ARTIGOS DE ÁNGEL GARRIDO