Pablo Caamaño, unha carreira diferente
No mundo do fútbol costeiro, existe esa persoa vinculada a este deporte que pasa por todas as facetas que hai dentro dun club. Normalmente segue unhas pautas establecidas pola lóxica xeracional, pero sempre existe unha excepción para confirmar a regra.
Este é o caso de Pablo Caamaño. Xa se vía algo diferente no fútbol, cando a maioría escolle para animar a Real Madrid ou Barcelona e el decantouse por ser siareiro do Atlético de Madrid, e non de agora que pode ser mais fácil, se non cando eran o Pupas.
Pablo, como Delegado do Cerqueda
Pero no que con leva o Fútbol da Costa, el é desa gran "fauna" de xente que vale para todo.
E comenzou a súa etapa na Costa como directivo do Sporting Seaia, na súa fundación cursando a tempada 2013-2014, un proxecto que sería un éxito pois ese mismo ano lograrían o ascenso á Liga da Costa despois de gañar os playoff o Ameixenda nunha eterna tanda de penaltis.
Posteriormente por circunstancias futboleiras tivo que coller as rendas do banquillo do mismo SP. Seaia, ata que atoparan outro adestrador para o cargo.
Despois fixo un cambio de aires, e novamente de papeles, esta vez sería o delegado da UD Cerqueda que dirixia Raúl Periscal, varios amigos íntimos que militaban no clube convencerono para que aceptase ese cargo, que a posteriori lograría o galardón a mellor delegado da costa, otorgado por os colexiados na gala de QPC.
E actualmente volveu as orixes, o seu Seaia, para seguir dando voltas a sua carreira, agora si disfrutando dende o campo como xogador.
Cando o habitual é ser, xogador, delegado, adestrador e presidente, el foi capaz de revertir esa carreira e saír ileso do intento, pois aparte é unha persoa coñecida e respectada por todos, tanto no ámbito futbolístico como no persoal.
Pablo agora xoga no Seaia