Martes. 22.10.2019
El tiempo

A Pipa: Os temidos arrastres

A Esteirana ocupa a día de hoxe postos de descenso directo
A Esteirana ocupa a día de hoxe postos de descenso directo
A Pipa: Os temidos arrastres

Estase chegando ao término das competicións, e os equipos inmersos nas zonas de descenso, comezan a ver con preocupación o que sucede nas categorías superiores, pois comezan a entrar en xogo eses temidos arrastres que, logo de alcanzar, con gran sufrimento e traballo, eludir os postos de descenso automático, as tarefas mal realizadas por outros poden levarche a perder a categoría.

Por iso, todos comezan a estar moi pendentes do que sucede en Segunda División B, que é a primeira onde os arrastres teñen incidencia nas categorías inferiores.

A día de hoxe, Rápido de Bouzas e Deportivo B ocupan posición de descenso directo a Terceira División, polo que os descensos nesta categoría aumentaríanse en dúas aos xa previstos. Polo tanto, en Terceira de catro pasaríase a seis, co que a zona de descenso estaría ocupada por: Porriño, Boiro, Paiosaco, Ribadumia, Céltiga e Laracha, co que ao grupo primeiro de Preferente incluiríanse Boiro, Paiosaco e Laracha. Por certo, o Laracha está en arrastres, pero en caso de saír deles descendería de igual forma a causa do descenso do Deportivo B polo seu convenio de filialidade co conxunto deportivista.

En Preferente Norte, os descensos directos son tres, pero cos arrastres a día de hoxe sería 6 os equipos que perderían a categoría nestes momentos: Estudiantil, CD Castro, Agolada, Foz, Ordes e San Tirso, dos cales dous deles recaerían no grupo 2º de 1ª Galicia, co que os descensos nesta categoría serían para: Bastavales, Bertamiráns, Esteirana (agora mesmo en descenso directo), Chaián e Praíña. 

Isto quere dicir que no grupo 2º de 2ª Galicia (A Costa), unicamente aumentaríanse os descensos a 3ª nun máis dos dous previstos de xeito automático. A día de hoxe, os postos de descenso estarán ocupados por Ameixenda, Montelouro e Cee.

No entanto, todos os descensos seguen moi pendentes das diferentes promocións de ascenso (ou fases finais), onde, dependendo de quen ascenda ou non, todo pode dar moitas voltas. No mellor dos casos, que a Esteirana manteña a categoría e o segundo de 2ª logre o ascenso a 1ª, podería ata ascender o conxunto que perda a final de promoción de ascenso de 3ª a 2ª, que se inicia en breve cos duelos xa definidos tralos resultados do pasado fin de semana Castriz-Camariñas e Porteño-Outes, aí é nada.

No entanto, ben farían os conxuntos costeros en ir afinando nestas últimas xornadas para non verse sorprendidos con malas noticias no peor dos casos. A Segunda B comeza marcando, e aínda que o Deportivo B está practicamente descendido, o Rápido de Bouzas pode optar á salvación, e o Celta B está rozando os descensos. Todo pode cambiar de semana en semana.

  • Manuel Corredoira. Entrenador UEFA PRO, Nacional Nivel 3 de Fútbol e Director Deportivo pola RFEF, formador da Escola Galega de Adestradores, actual coordinador das Escolas de Fútbol Base de Zas e Delegado da Federación Galega de Fútbol para a Costa.

 

TODAS AS PIPAS ANTERIORES

 

TODAS AS CRÓNICAS DO FÚTBOL DA COSTA

Comentarios