Venres. 19.04.2024
El tiempo

Preferente: Cando o fútbol pasa a un segundo plano

Puebla - Fisterra
Puebla - Fisterra
Preferente: Cando o fútbol pasa a un segundo plano

Tremendamente accidentada a xornada na preferente, na que a gran nova é a recuperación de Ezequiel, que caía ao terreo de xogo tras sentir unha dor no peito e que necesitaba os servizos dunha ambulancia que tardou máis do que debería. Ademais, o Xallas viu como lle suspendían o segundo dos seis encontros xogados ata o momento debido a un problema cos focos no campo do Dubra, cando os xalleiros caían 2-0.

Puebla 2 – 3 SD Fisterra

SD Fisterra: Bouzi; Lobelos, Cea, Breixo, Pablo Vigo; Aarón López, Diego Cespón (Colombia, 78’), Julián López; Capelo (Vía Rápida, 68’), Diego Estévez (Ezequiel, 70’) e Adrián Makaay (Richi, 60’)

Goles: 0-1, 4’: Cea / 1-1, 11’: Nacho Figueira / 2-1, 49’: Adrián Makaay / 2-2, 75’: Juan García / 2-3, 89’: Aarón López.

Necesitaba unha vitoria o Fisterra, pero a levou no día no que o marcador e o fútbol pasou a un segundo plano tras o susto que protagonizou Ezequiel a poucos minutos do final. O talentoso fisterrán sentía unha dor no peito tras sacar un córner e caía no terreo de xogo, onde por uns momentos reinou a histeria e o nerviosismo polo seu estado de saúde, que non se viu estabilizado ata a chegada da ambulancia, que tardou máis de vinte e cinco minutos, e que o desprazou ao hospital de Santiago de Compostela, onde vai pasar a noite deste domingo.

En canto ao partido, comezou ben o Fisterra, que se adiantou grazas a Cea, que aproveitou un rexeite do porteiro rival tras un disparo de Julián. Empatou pronto o Puebla cun golazo de Nacho Figueira, pero tras o descanso, Makaay se reencontraba co gol ao rematar un bo centro de Capelo. A partir de entón, dominaron os visitantes, que viron como o Puebla facía o segundo tras unha xogada lateral, pero que non se viñeron abaixo nin tras o susto de Eze. É máis, quixo a casualidade que fora nun córner onde o equipo de Juan Purrúa fixese o gol da vitoria, obra de Aarón López, que xogaba os primeiros minutos da tempada.

Dubra 2 – 0 Xallas *

Xallas: Coke; Xan, Diego, Julito, Erre; Josito, Adán, Doro; Carlos, Juan de Selia e Colón.

Pódese valorar os descuidos no inicio de cada parte, ou a falta de gol que está a ter o Xallas, pero o que non se pode debater é que é un equipo sen sorte. So así se explica que de seis xornadas, lle suspendesen o encontro en dúas. Esta vez foi en Dubra, onde o mal funcionamento dos focos impediu que houbese a visibilidade suficiente para xogar un partido que comezou as 18:45.

Os de David saíron moi ben ao encontro, tendo as primeiras ocasións nun primeiro acto moi igualado, pero no que os locais se adiantaron nun córner xusto antes do descanso. E tras pasar por vestiarios, outro gol que precedeu á decisión do colexiado de suspender o choque.

Comentarios