Martes. 16.04.2024
El tiempo

Preferente: Faltou sorte, sobraron goles

O Pino - Fisterra
O Pino - Fisterra
Preferente: Faltou sorte, sobraron goles

Rematou a imbatibilidade do Fisterra no Reboredo, un campo sempre complicado no que os locais souberon dende o comezo o partido que debían facer para que os verdes non tivesen ocasións e onde se atoparon un gol nunha das súas poucas xogadas de ataque. O que si que foi superior foi o Boiro na Fontenla, aínda que non tanto como amosa un marcador que se inaugurou outra vez demasiado pronto e que se abultou nos últimos cinco minutos.

O Pino 1 – 0 Fisterra

O Pino: Borja Rodriguez; Mosteiro, Arturo (Neo, 41'), Rucho, Julio (Rubén, 86');  Ruben Duro (Oscar Rey Fori, 73'), Miguel, David Pereiro (Martín Lamas, 86'), Julián Bendaña; Johny (Jesús Sainz, 22') e Suso.

Fisterra: Bouzi; Cristian (Colombia, 15’), Cea (Dani, 69’), Aarón Fernández, Pablo Vigo; Diego Cespón, Ezequiel (Makaay, 58’); Vía Rápida (Capelo, 58’), Richi (Andrés, 69’) e Diego Estévez.

Goles: 1-0, 52’: David Pereiro.

Chegaba a SD Fisterra a Reboredo coa moral polas nubes despois de comezar a tempada con tres vitorias consecutivas e sen encaixar ningún gol, pero ambas marcas foron rotas no encontro ante o Pino. E iso, que os de Juan Purrúa dominaron con claridade todo o partido ante un equipo local que buscaba continuamente o contragolpe a través da corpulencia dos seus dianteiros e a rapidez dos seus extremos. Certo é, que na primeira metade, onde os fisterráns foron máis superiores, non houbo ocasións claras máis alá de disparos dende lonxe ou barullos no área.

O gran gol do Pino, ao comezo da segunda metade, nun centro ao segundo pau mal defendido polos visitantes, non cambiou o guión do partido. Xa que os locais aínda cederon máis terreo e balón para un Fisterra que aínda así non foi capaz de crear ocasións claras ante unha férrea defensa que aproveitou moi ben as pequenas medidas do seu campo.

Xallas 0 – 4 Boiro

 

Xallas: Coke; Xan Caridad, Caneda, Erre (Peke, 57’), Aitor (Dani Barbeira, 82’); Diego, Gándara, Doro (Luis Mourelle, 67’); Juan de Selia (Brais, 71’), Stefan e Adán (Carlos Rieiro, 65’).

Boiro: Juan; Paco, Javi Domingo , Borja, Diego Fernández; Adrian Pereira (Diego Ramos 81'), Mario Regueiro (Saviola 72'), Suso Martínez (John 78'), Emilio; Yago Rivas (Felipe Blanco 72') e Pi (Eloy 79')

Goles: 0-1, 3’: Adrián Pereira / 0-2, 31’: Pi / 0-3, 85’: Eloy / 0-4, 90’: Eloy, de penalti.

Formación do Boiro na Fontenla

Parecía que a vitoria no encontro aprazado ante o Estudiantil podía arranxar o problema, pero volveu a pecar o Xallas de saír durmido ao partido. Xa lle ocorrera ante o Laracha e na segunda metade no Arasolis e volveu pasar onte. No 3’, Adrián Pereira adiantaba a un Boiro que viña con necesidades despois de non conseguir a vitoria nas tres primeiras xornadas, pese a ser un dos favoritos ao ascenso. A partir de entón, xa coa tranquilidade de ir por diante no marcador, os visitantes mandaron no encontro e fixeron o segundo pasada a media hora ante un Xallas que, se ben chegou varias veces á área rival, non soubo crear perigo de verdade.

Melloraron os verdes na segunda metade, onde conseguiron ter máis o balón grazas ao bo trato que lle deron entre Gándara ou Stefan, dous dos máis destacados por parte local. Os achegamentos eran do Xallas, pero nunha xogada de Eloy, o Boiro sentenciou un encontro que puido volver a abrirse, se inmediatamente despois Borja Gándara marcase de penalti. Non o fixo (segunda pena máxima que erra o Xallas en catro xornadas) e os visitantes si que acertaron dende os once metros.

Comentarios